FORMACIÓN DE ROBÓTICA EDUCATIVA PARA O ALUMNADO

Un curso máis (2021/22) no que se continuará a formación na "Introdución á robótica educativa para alumnado de primaria: 4º, 5º e 6º", a través de persoal cualificado do Centro Galego de Robótica.

As sesións terán lugar os mércores de cada semana, dando comenzo o próximo día 3 de novembro.

A robótica educativa aporta un sistema de ensino interdisciplinar, que permite aos nenos e nenas desenvolver dun xeito innovador, práctico e lúdico as materias STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). En definitiva, permite desenvolver novas habilidades e competencias básicas para dar resposta ao entorno dinámico do mundo actual.

De xeito transversal, posibilita que o alumnado desenvolva o pensamento lóxico, a imaxinación e a linguaxe, ao mesmo tempo que lle permite involucrarse nos seus propios procesos de aprendizaxe.

 

Powered by Drupal - Design by artinet