ROBÓTICA

 
O proxecto titulado INICIACIÓN Á ROBÓTICA foi aprobado e xa estamos na segunda fase do mesmo, nun grupo de traballo composto polas mestras implicadas nel: Tareixa, Loly, Marita e Rosa. A nosa coordinadora é Mary. O que nos fai traballar!!!!
A consellería entregounos 6 robots Mblock para que os nenos e nenas xoguen e aprendan, ademais de introducirse na linguaxe de programación, sobre todo co Scratch. Polo que xa desbotamos a idea de traballar con LEGO.
Fixemos unha reunión para informar ás familias de toda esta aventura na que imos sumerxirnos, a cal cremos que responde a moitas inquedanzas dos nosos pequenos e pequenas por iso están moi motivados e motivadas para traballar.
Se queres ler e afondar no proxecto, preme na imaxe
 
 
 
Nas sesións de traballo xa fixemos varios PPTs que nos axudan coa introdución do noso alumnado na temática a traballar neste ambicioso proxecto.
 
ROBÓTICA



Primeiramente ver unha pequena presentación para iniciarnos no tema:
 
1ª sesión

 
 
GRACIAS PROFE JOAQUÍN!!!!
AdxuntoTamaño
ROBOEDUCA_proxecto_1.pdf201.74 KB

Powered by Drupal - Design by artinet