Paisaxe

DÍA DA FELICIDADE...20 DE MARZO



Acción contra o cambio climático para un planeta feliz
Que é o Día da Internacional da Felicidade? É un día para ser feliz, naturalmente! Desde 2013, as Nacións Unidas celebran o Día Internacional da Felicidade como recoñecemento do importante papel que desempeña a felicidade na vida das persoas de todo o mundo. En 2015, as Nacións Unidas lanzaron os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable que pretenden poñer fin á pobreza, reducir a desigualdade e protexer o noso planeta ?tres aspectos primordiais que contribúen a garantir o benestar e a felicidade.


DIA DA FELICIDADE1 

ARZUÁNS DO ANO

Ao CEIP de Arzúa concédeselle a distinción de Arzuáns do ano xunto con outras dúas entidades desta vila.

É un recoñecemento á labor educativa do ensino público: traballamos por proxectos en varios programas de innovación educativa  dentro do Plan Proxecta, convocados pola Consellería de Educación. Dende o ano 2010 traballamos en varios programas:  Climántica, Sustentabilidade e Paisaxe, Xogade, Aliméntate Ben, Nós tamén creamos e Protexe aos animais, onde recibimos numerosos premios.  

Pero o maior recoñecemento chegounos o pasado ano 2016 onde nos conceden o 1º PREMIO PLAN PROXECTA 2016, a nivel de toda Galicia.

Todos estes recoñecementos son posibles gracias á implicación de todas as familias, mestres e mestras, todos e cada un dos compoñentes da Comunidade Educativa destre centro pero, sobre todo, ao traballo incondicional e   motivador dos nosos nenos e nenas,  que poñendo en marcha un traballo en equipo ben feito, o traballo cooperativo onde se comparten coñecementos en moitas actividades onde son protagonistas , a educación en  valores e o desenvolvemento competencial.

 Dende aquí quero facer chegar a NORABOA por este traballo en equipo ben feito, e que estamos todos e todas invitados á entrega desta distinción o sábado 4 de marzo na carpa do campo da feira ás 12 horas no acto da lectura do pregón da FdQ xa que TODOS E TODAS SOMOS PROTAGONISTAS.

 

Unha viaxe, unha aprendizaxe en 5º EP

Eran preto das dez cando collemos rumbo a Vigo para visitar a exposición dos SOLDADOS DE TERRACOTA.
 
Nada máis chegar alí demos un paseo polo porto de Vigo, sacamos unhas fotos e ás doce e media adentrámonos no mundo do primeiro emperador QIN. Os Guerreiros de Xian son un conxunto de máis de 8.000 figuras de guerreiros e cabalos de terracota en tamaño real, que foron enterradas xunto co autoproclamado Primeiro emperador de China da Dinastía Qin, QinShiHuang, en 210-209 a.C.

 

 
Somos noticia!!!!!!
 
Ademáis visitamos unha fermosa praza en Pontevedra, San Xosé, onde están varios dos poetas galegos máis importantes...faltaba algunha muller!!!! Que tamén as hai!!!!
 
Divertímonos na praza de Ferrerías correteando coas pombas que alí moraban!!
 
Foi divertido, interesante e vimos cos nosos propios ollos algo case irrepetible!!!
 

 

PAISAXES CON LATEXO

O meu corazón ten latexo só ao ver as fantásticas paisaxes que os nosos alumnos e alumnas nos fan chegar.

 
Empregan esta actividade para achegarnos o seu sentir nun rincón especial para cada un con tres verbas aparte de explicar o por que de que esa paisaxe teña latir:
 
 
 
 Para min ese sitio ten un corazón porque cando vou sinto bolboretas no estómago.  Alí poido estar soa sen ter ruídos ao meu arredor, sen xente estorbando... Eu alí teño un sitio especial no que me deito e algún día teño tirado segredos polo río que pasa por alí. Desfanse, pero sei que así ninguén  mos vai ler. Á parte de ser o meu sitio especial por iso, tamén é porque vou comer alí cos meus amigos que, por certo, fan unha comida deliciosa sobre todo o churrasco. E cando vou cos meus amigos ou curmáns xogamos a cocinitas e pasámolo moi ben.

PINTANDO PAISAXES ...

                   

                   O venres 16 visitamos a exposición Sorolla "Tierra adentro" na Fundación Barrié.

 


SAÍDA Á CIDADE DE A CORUÑA: GEORGES MÉLIÉS E SOROLLA

Eran 9:50 cando subimos todos e todas ao autobús con dirección á cidade de A Coruña, agárdanos dúas experiencias incribles e para algúns e algunhas irrepetibles.

  • Empeza o espectáculo "Georges Méliés e o cine de 1900"

COMIDA INTERNACIONAL NO COMEDOR

TOCOUNOS ORGANIZAR CON TAREIXA E ROSA, AS NOSAS MESTRAS, O PRIMEIRO DÍA DE COMIDA INTERNACIONAL NO NOSO COLE...

  • Decoramos o comedor con murais relativos ao país, MÉXICO
  • Buscamos música típica deste país para poñer mentras xantamos.
 
Foi moi divertido e aprendemos moito sobre un novo país.

DÍA 20 DE NOVEMBRO: DÍA DA INFANCIA en 5º NIVEL

Din que hoxe é o noso día, o día dos nenos e nenas, no temos que loitar polos nosos dereitos e tamén recoñecer as nosas obrigas.

Debería ser todos os días do ano para que así se logre para todos e todas do MUNDO!!!!

Fixemos unha actividade colectiva todo o cole empregando unha frase de Malala que marcou historia e debuxando nun mural nenos e nenas!!! Qedounos fantástico, non sí???

 
 
 
Unha fermosa paisaxe de nenos e nenas de todo o mundo!

 

 
 
Ademáis na aula traballamos un fermoso poema de Gloria Fuertes "Cómo se dibuja a un niño/a"
 
 

 



MANTEMENTO DE ESPAZOS

Temos tarefas de mantemento pendentes, un verán acaba de rematar e hai que por todo en marcha...

Comezamos polo INVERNADOIRO...

UN ANTES...

 
 
UN DESPOIS...
 
 
 
XARDÍN DE OLORES...
 
 
XARDÍN DE CORES...
 

 

SAÍDA FIN DE CURSO DE 4º DE EP

XA TEMOS UNHA ENTRADA NO BLOG DE AULA DE 4º NIVEL SOBRE A FANTÁSTICA SAÍDA A CANTABRIA PARA VER DE PRETO E VIVIR INTENSAMENTE A PREHISTORIA

 

Preme no seguinte enlace

http://terceironivel-ceiparzua.blogspot.com.es/2016/06/cantabria-xuno2016.html

Powered by Drupal - Design by artinet