PINTANDO PAISAXES ...

                   

                   O venres 16 visitamos a exposición Sorolla "Tierra adentro" na Fundación Barrié.

 


  • Comezamos a visita coñecendo algúns datos sobre a vida e o estilo da pintura de Sorolla, escoitando á guía e observando algunhas fotos.


                       

  • A continuación os nenos e nenas observaron algunhas pinturas nas que debían descubrir o xeito de pintar do artista, que cores utilizaba, o tipo de pincelada   e, o máis destacado del, a luz das súas obras. Tamén descubriron que o artista pintaba as súas obras observando directamente as paisaxes e dun xeito bastante rápido.


                                                 

  • E despois de coñecer as principais características, fixemos un percorrido a través dos cadros polos distintos lugares de España nos que Sorolla pintou. Observando as diferenzas na luz de Castela, o norte de España e Andalucía.


                                 
                 

                      
                     
                     

  • Como final da visita invitaron aos nenos e nenas a meterse no pel dun artista como Sorolla, e comezaron debuxando con lápiz e papel un boceto das vistas da cidade da Coruña.


                         

  • E como remate da visita un papel e ceras de cores foron o comezo de paisaxes cheas de cores e imaxinación.
 

 

 
 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet