SAÍDA LÚDICO CULTURAL DE 1º E 2º NIVEL

 
 
Un día moi cargado de bos momentos, moitos contidos, moita cultura nosa, de Galicia pero tamén moita diversión.
Na película de Bikes reforzamos contidos sobre o coidado do planeta e do medio ambiente, empregar enerxías renovables que contaminan menos, para animarnos e ensinarnos máis de como actuar para mellorar e entregar aos nosos fillos e fillas o planeta no mellor estado posible.
 
 
E que dicir da visita ao Museo do Pobo Galego, íamos cheos de ilusión e con gañas de ver en directo todo o que traballaramos e investigaramos na clase sobre o que hai alí.
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet