Biblioteca

Recitamos a Rosalía en RADIO ARZÚA

Con motivo do 150 aniversario do poemario Cantares Gallegos, algúns nenos e nenas do cole irán o vindeiro xoves 28 ás 11:20 a RADIO ARZÚA co fin de recitar poemas da coñecida Rosalía de Castro. 

Entroido 2013

Seres da mitoloxía galega, O flautista de Hamelin, 101 Dálmatas, Alicia no País das Marabillas, Bracaneves e os ananiños, os amigos Piratas e Tom Sawyer son os contos e os personaxes que se deron cita no Festival do Entroido que celebramos este ano no cole.

Olla algunha imaxe premendo aquí

O xardín da Paz

O día 30 de xaneiro conmemoramos no cole o día da Paz. Foi un día cargado de COR ESPERANZA onde creamos o noso propio xardín con mensaxes de paz.

Preme aquí para ver algunha imaxe

sentímolo, flash non está dispoñible.

Color esperanza!

O 30 de xaneiro conmemoraremos o Día da Paz no cole, cantaremos este tema de Diego Torres. Podes mirar o vídeo para aprendelo!!

Crea os teus contos!!

Queres crear o teu propio conto? Preme aquí e deixa voar a túa imaxinación!!!

A Formiga e a Pomba

En educación infantil traballamos a paz tamén con contos, entre eles este da fábula a Formiga e a Pomba" que vós mesmos podedes colorear premendo no arquivo adxunto.

Nadal 2012

Este Nadal mergullámonos no mundo dos contos!!

Preme aquí para ver algunha imaxe do festival.

Graciñas, de novo, á ANPA "O Formento" por traernos aos Reis Magos, a Papá Noel e ao Apalpador.

Nadal 2012

Pitiño Pispín

Ollade este poema de Gloria Sánchez, un Pitiño Pispín ilustrado e narrado polos nenos e as nenas da aula de 4 anos. 

Magosto 2012

Este ano foi a Carapuchiña Vermella quen nos trouxo as castañas asadas para celebrar o magosto...pero non vos preocupedes, o lobo non se deixou ver!!!

Pero non so nos adicamos a comer tamén houbo tempo para os xogos tradicionais.

Preme aquí para ver algunha imaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet