Antroido
Entroido 2013
Seres da mitoloxía galega, O flautista de Hamelin, 101 Dálmatas, Alicia no País das Marabillas, Bracaneves e os ananiños, os amigos Piratas e Tom Sawyer son os contos e os personaxes que se deron cita no Festival do Entroido que celebramos este ano no cole.
Entroido 2012
Xentes de todos os lugares do mundo viñeron visitarnos este Entroido.
Xuntáronse no cole para desfilar e poder ensinarnos as Marabillas do Mundo.
Está chegando o entroido!!!!!
Comeza o tempo das orellas, das filloas, do cocido...comeza o tempo do entroido!!!
Temos un Peliqueiro no cole que nos vai mandar traer algunha "vestimenta especial" durante esta semana. Estade ben atentos e non lle perdades ollo!!
Entroido
Como xa sabedes, este curso, dende o equipo de BIBLIOTECA propuxemos un tema de traballo común para todo o cole: A ARTE CONTEMPORÁNEA. Pois ben, como non pode ser doutro xeito, a arte tamén estivo presente no ENTROIDO. Foi unha explosión de cor, cargada dos mellores pintores, de moda hippie, de artistas e de personaxes de cine.
Preme na aquí ou na imaxe para ver as fotos.
CHEGOU O ENTROIDO!
En tempos de entroido veu visitarnos esta fermosa dama da época medieval. Está a facernos pasar un bo entroido, pois cada día convídanos a traer un adorno, estas son as consignas que nos deu:
LUNS: turbante, MARTES: colar, MÉRCORES: pluma, XOVES: cinturón, VENRES: todo.