Letras Galegas

CONCERTO MUSICAL

Celebramos o Día das Letras Galegas cun concerto no que combinamos música clásica, cancións, danzas infantís e regueifas populares. 

Unha mestura heteroxénea con música da nosa cultura!!!!

Xogos Populares

Xogos Populares

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas fixemos nas aulas traballos adicados a Valentín Paz Andrade. 

Ademais, desfrutamos dunha xornada de Xogos Populares, na que nos divertimos xogando á ra, á chave, á petanca e moitos máis. Ollade!!

Semana das Letras Galegas

Durante a Semana das Letras Galegas poidemos disfrutar da visita de Montserrat Varela, Mar Guerra, Lobato e un grupo de teatro da Asociación Socio-Cultural de Minusválidos (ASCM) Dende aquí, queremos darlles as grazas por visitarnos e facernos pasar un bo rato, sen dúbida souberon transmitirnos o valor dos libros.

Preme na imaxe para ver algunha fotografía deste momento

 

 

 

AVES DE RAPINA NO CEIP DE ARZÚA

Pechando o programa das Letras Galegas no CEIP. de Arzúa vimos as aves de rapina tan preto de nós que voaron dende os nosos puños. Unha experiencia para non esquecer e para reter na nosa retina algún tempo.

Podemos ver unha escolma das fotografías na nosa páxina de fotos. E tamén moi pronto poderemos ollar un pequeno video sobre a xornada na que apreciaremos o voo das aves. 

Powered by Drupal - Design by artinet