Biblioteca

DIA DAS BIBLIOTECAS

O  24 de Outubro celébrase o día das bibliotecas : espacios únicos e relaxantes que seguro que todos , máis grande ou máis pequeno temos no noso fogar. Lugares acolledores que nos ofrecen a posibilidade de soñar e descansar á vez que imaxinamos e aprendemos.

Asi de relaxados estamos e así son as  bibliotecas do alumnado de 3 anos!

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

 

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de "Amigos del Libro Infantil y Juvenil" á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón" céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.

 

As bibliotecas escolares, polas que pasan todas as nenas e nenos, son as primeiras bibliotecas que lles ensinan tamén, a usar outras, e as que os poñen en contacto con eses outros espazos do coñecemento e de lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, lugares marabillosos que están sempre ao noso carón.

 

As bibliotecas escolares son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio.

 

Neste espazo virtual da biblioteca do CEIP de Arzúa, imos conmemorar esta celebración do mellor xeito que se nos ocorreu, contando un conto que ten moito que ver con este marabilloso lugar: a biblioteca. Esta historia leva por título: "Edmundo, ladrón de segundos", e váinola narrar a nosa contadora de contos favorita, Erica González. Agardamos que vos guste. Feliz Día das Bibliotecas. 

 

 

 

 

AGRADECEMENTO ÁS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA

CLICK NA IMAXE PARA LER O AGRADECEMENTO

 

OS CONTOS DE ERICA NON PARAN!

Mentres camiñamos cara a nova normalidade, Erica non para de contarnos historias cheas de ensinanzas importantes para nenos e nenas pequenos pero tamén para os máis maiores da casa. Na última das súas narracións déixanos unha receita marabillosa para aprender a tratar aos nosos inimigos e conseguir que deixen de selo. Que a desfrutedes!

 

SEGUEN SORPRENDÉNDOME!!!

Deixamos voar a imaxinación e creamos arte ao mesmo tempo que aprendemos !!!!

Gracias Samuel!!!

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

Aquí vos deixamos unha selección das últimas novidades editoriais para que este verán descubrades nelas o voso novo libro favorito. Estas vacacións tanto se ides á praia, á montaña ou vos quedades na casa, buscade un tempo para desfrutar da lectura e relaxarvos. Lembrade que ler é unha actividade placenteira e que ademais mellora a vosa habilidade de lectura e amplía o voso vocabulario. Ler é moi saudable e recomendable, así que xa sabedes: "Este verán mergúlladevos entre letras para nadar entre soños". Feliz verán de lectura e aventura para todas e todos!

FAI CLICK NA IMAXE PARA VER AS PROPOSTAS DE LECTURA.

 

ERICA GONZÁLEZ COMPARTE UN NOVO CONTO

Aquí vos deixamos un novo conto da nosa querida actriz e narradora Erica González titulado:"Hugo y el Dragón de la Noche". Hugo é un neno moi curioso que vive nun edificio laberíntico. Unha noite quedouse durmido xunto a unha misteriosa porta, e ao espertar, embarcouse nunha marabillosa aventura xunto ao seu novo amigo Sori, un dragón moi especial.

 Non volo perdades!

 

 

EDELVIVES OFRÉCENOS DESFRUTAR DAS SÚAS LECTURAS GRATIS

Queridas familias, desde a Biblioteca queremos informarvos de que a editorial Edelvives nos ofrece a posibilidade de acceder dixitalmente ao seu fondo bibliográfico sen restriccións e de xeito gratuito ata que remate o curso.

Para poder desfrutar desta xenerosa oferta e acceder a esta Plataforma chamada Ta-tum, adxuntámosvos o seguinte pdf onde se vos explican todos os requisitos  e pasos necesarios para desfrutar das súas lecturas. 

Grazas a editorial Edelvives por esta xenerosa posibilidade de gozar do pracer de ler gratis. Aproveitádea!

CLIQUE AQUÍ PARA VER INSTRUCCIÓNS 

ERICA GONZÁLEZ COMPARTE UN CONTO CON NOS DESDE A CASA

Con motivo da celebración do Día da Familia a nosa querida Erica González, actriz e contacontos, achéganos esta marabillosa receita para que sexamos felices, e nela o ingrediente "familia", xunto con outros que Erica vos contará, é fundamental.

Se queredes aprender máis sobre cómo ser felices non vos perdades o seu conto.

 

OS BOLECHAS CARVALHO CALERO

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Para facilitarvos o acceso, déixovos aquí o pdf do libro:

PREME AQUÍ

Powered by Drupal - Design by artinet