Por fin empezamos a ver normalidade despois de máis dun ano moi raro!
O dia 11 de maio collemos o autobús para ir a Santiago de Compostela con motivo dunha saída organizada por Proxecto Terra e subvencionada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Foi fantástica de principio a fin, vimos a cidade de cabo a rabo, estudamos a súa arquitectura ao longo do tempo...foi moi inetnso e gratificante porque tamén visitamos exposicións que non estaban incluídas pero como nos portamos moi ben leváronnos como plan B da chuvia, porque en Santiago chove!
- Cidade da cultura: exposición de Exipto, recital musical sonoro de funambulistas
- Catedral e Pórtico da Gloria
- Tellado do CGAC, que simulan as rúas de Santiago.
Tamén as guías contáronnos a historia da construcción da Cidade da Cultura froito do cubo rubik e a vieira ,que todo mesturado dou este proxecto feito por Peter Eisenman. As diferentes zonas dos paseos simulan ríos, zonas de auga , un tesouro moi importante nas terras galegas...
un sinfín de curiosidades que vos iremos contando!