5º e 6º nivel de Primaria

ORGANIZACIÓN DO TELETRABALLO PARA O ALUMNADO DE SEXTO DE E.PRIMARIA

O alumnado de 6º E.Primaria ten un reto por diante e vai realizar a súa actividade escolar a través de Google Drive, grazas ao correo electrónico facilitado polo alumnado e familias ás súas titoras. Deste xeito, nós poderemos facer un seguimento das tarefas dos nosos rapaces e rapazas diariamente e solventarlles toda canta dúbida sobre os traballos e tarefas lles poida xurdir. 

Ánimo! Superando pequenos atrancos que xurden no día a día, todas e todas melloraremos a nosa competencia dixital e conseguiremos manter o ritmo de traballo, ata que a situación se normalice e o coronavirus COVID-19 nos permita seguir coas nosas clases. 

 

RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO DE 5º EP

Estimadas familias:

Tendo en conta a suspensión das clases, indico a continuación unha serie de recomendacións para estes días no nivel de 5º e poder favorecer así, na medida do posible, a continuidade do traballo:

 

MATEMÁTICAS:

Estudar os temas 8 e 9.

Repasar as divisións e exercicios feitos na libreta.

 

CIENCIAS NATURAIS:

-Tema 5: facer a ficha/control deste tema (xa fora entregada a semana pasada).

 

-Tema 6: ler a unidade e facer un esquema/resumo de cada páxina destacando o máis importante:

páx. 86-87 "Os ecosistemas terrestres".

Páx. 88-89 "Os ecosistemas acuáticos"

páx. 90-91 "O medio natural"

páx. 92-93 "Efectos das persoas sobre o medio natural".

Páx. 94-95" A conservación do medio natural".

 

Despois do resumo da cada páxina do tema, facer os exercicios nº 2 e 3 de repaso da páxina 97.

 

Estes esquemas e exercicios mellor facelos na propia libreta de Naturais (se a teñen na casa) senón noutra ou en folios soltos.

 

LINGUA GALEGA E CASTELÁ:

Practicar a lectura e a escritura: lectura de contos, facer ditados...

Facer unha pequena redación na que conten a súa experiencia durante estes quince días (como se sentiron, que fixeron, que conclusións sacaron...).

 

Un saúdo.

 

"LAPBOOKS" DO MEDIO AMBIENTE DE 6ºA

O alumnado de 6º A tamén realizamos os nosos "lapbooks" en torno ao Medio Ambiente.

Este foi o resultado.

 

                                           

 

                                            

 

                                    

"LAPBOOKS" DO MEDIO AMBIENTE DE 6ºB

O alumnado de 6ºB traballou o tema do Medio Ambiente a través da técnica dos "lapbooks", para recoller toda a información que foron buscando arredor do mesmo e, despois de varios días, quedoulles así de ben.

O traballo realizouse en equipos de tres e foi todo un reto para elas e eles. 

   

    

 

    

    

    

SAÍDA AO CINE NUMAX DO ALUMNADO DE 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha saída o pasado venres, 31 de xaneiro aos cines Numax en Santiago de Compostela para ver a película "Todas as mulleres que coñezo", a cal forma parte da carteleira ofertada pola Consellería de Educación a todos os centros que forman parte do Plan de Igualdade.

                 

Neste documental a súa directora, Xiana do Teixeiro, achéganos as vivencias que mulleres de diferentes idades tiveron na rúa e o medo que chegaron a sentir.

En tres conversas reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora busca artellar un discurso sobre o medo que non fomente o medo e un discurso sobre a violencia que non resulte violento.

                

OS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS DE 6º A

O alumnado de 6ºA levou á práctica os coñecementos adquiridos no tema da electricidade, montando os seus propios circuítos eléctricos.

Aquí tedes o noso traballo...

  

  

  

    

  

Actividade sobre o Día Internacional da Violencia de Xénero (5º EP)

O alumnado de 5º de Educación Primaria, tivo a sorte de recibir a visita de David, un rapaz madrileño que pertence á Asociación de Hombres por la Igualdad de Género (AHIGE).

Para tratar a temática do Día Internacional contra a Violencia de Xénero , as charlas estiveron relacionada cos videoxogos, un tema moi atractivo para os nenos e nenas destas idades.

 

O primeiro día, desenvolvéronse tres actividades:

Na primeira, David pediunos aos rapaces e rapazas que inventásemos un xogo de videoxogos e pensásemos quen sería o/a protagonista. Unha vez analizados, chegamos á conclusión de que a maioría pensamos en personaxes masculinos.

Na segunda, presentou videoxogos de actualidade, os máis xogados e vendidos. Falamos de cada un deles, e todos eran coñecidos para os nenos e nenas. A continuación, fixemos unha gran reflexión: había moi poucas personaxes mulleres.

Para iso, analizáronse as portadas, que é o primeiro que vemos, e casi non aparecen personaxes femininas. Ensinounos que de 62 personaxes que aparecen nas portadas deses videoxogos, solo 10 son mulleres.

Despois disto, e para finalizar, chegamos a unha gran conclusión e reflexión:

  • Que os estereotipos existen,

  • as portadas importan

  • e o protagonista tamén.

Na segunda xornada, comezamos cun debate. Tiñamos que imaxinar que viña un extraterreste á terra e lle tiñamos que explicar as diferenzas entre chicos e chicas (diferenzas físicas, na forma de vestir, xoguetes, o que máis lles gusta facer a cada un, comportamentos habituais...). Despois de analizalas, comprobamos que os estereotipos existen, posto que atribuimos rasgos, actitudes, comportamentos ou patróns a cada un dos xéneros, os cales foron compartidos por case todos nós: os nenso xogan a peleas, as nenas a bonecas, os nenos son valentes, as nenas son presumidas...

 

A continuación, plantexounos a pregunta: os videoxogos inflúen no noso comportamento? Despois de analizalos, chegamos á conclusión de que si.

 

Analizamos a figura do chico e da chica nos videoxogos. Comprobamos que había signos violentos e elementos sexistas.

A continuación analizamos os videoxgos, para saber se:

- Fomentan a competición

- Fomentan a violencia

- Fomentan a competición e a violencia.

Despois da análise, chegamos á conclusión de que todos fomentan algunha das tres.

 

 

 

 

OS NOSOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

O alumnado de 6º B rematamos os nosos circuítos eléctricos. Aprendemos a colocar os distintos elementos que o forman: lámpada, portalámpada, pila, fío condutor e interruptor; establecendo correctamente as conexións entre eles, por medio dos cables, para que funcione. 

Quixemos desta forma buscarlle unha aplicación práctica a todo o que vimos no tema da electricidade. 

Aquí podedes ver o resultado do noso traballo...

  

  

  

  

  

 

Powered by Drupal - Design by artinet