Actividade sobre o Día Internacional da Violencia de Xénero (5º EP)

O alumnado de 5º de Educación Primaria, tivo a sorte de recibir a visita de David, un rapaz madrileño que pertence á Asociación de Hombres por la Igualdad de Género (AHIGE).

Para tratar a temática do Día Internacional contra a Violencia de Xénero , as charlas estiveron relacionada cos videoxogos, un tema moi atractivo para os nenos e nenas destas idades.

 

O primeiro día, desenvolvéronse tres actividades:

Na primeira, David pediunos aos rapaces e rapazas que inventásemos un xogo de videoxogos e pensásemos quen sería o/a protagonista. Unha vez analizados, chegamos á conclusión de que a maioría pensamos en personaxes masculinos.

Na segunda, presentou videoxogos de actualidade, os máis xogados e vendidos. Falamos de cada un deles, e todos eran coñecidos para os nenos e nenas. A continuación, fixemos unha gran reflexión: había moi poucas personaxes mulleres.

Para iso, analizáronse as portadas, que é o primeiro que vemos, e casi non aparecen personaxes femininas. Ensinounos que de 62 personaxes que aparecen nas portadas deses videoxogos, solo 10 son mulleres.

Despois disto, e para finalizar, chegamos a unha gran conclusión e reflexión:

  • Que os estereotipos existen,

  • as portadas importan

  • e o protagonista tamén.

Na segunda xornada, comezamos cun debate. Tiñamos que imaxinar que viña un extraterreste á terra e lle tiñamos que explicar as diferenzas entre chicos e chicas (diferenzas físicas, na forma de vestir, xoguetes, o que máis lles gusta facer a cada un, comportamentos habituais...). Despois de analizalas, comprobamos que os estereotipos existen, posto que atribuimos rasgos, actitudes, comportamentos ou patróns a cada un dos xéneros, os cales foron compartidos por case todos nós: os nenso xogan a peleas, as nenas a bonecas, os nenos son valentes, as nenas son presumidas...

 

A continuación, plantexounos a pregunta: os videoxogos inflúen no noso comportamento? Despois de analizalos, chegamos á conclusión de que si.

 

Analizamos a figura do chico e da chica nos videoxogos. Comprobamos que había signos violentos e elementos sexistas.

A continuación analizamos os videoxgos, para saber se:

- Fomentan a competición

- Fomentan a violencia

- Fomentan a competición e a violencia.

Despois da análise, chegamos á conclusión de que todos fomentan algunha das tres.

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet