5º e 6º nivel de Primaria

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo unha semana máis as tarefas de Relixión e lembrade o seu carácter voluntario; ninguén mellor que vós para valorar a carga de traballo que teñen os vosos fillos e as vosas fillas e a viabilidade de levalas a cabo. Grazas polo voso esforzo e moito ánimo!

Para o alumnado de Relixión de 5º e 6º esta semana propóñolles unha actividade de repaso sobre os libros da Biblia. A Biblia é un dos libros máis lidos da historia como amosa o feito de que se traduciu a máis de 2000 idiomas. Como lembraredes trátase dun conxunto variado de libros e de xéneros literarios: narracións, poesías, cartas, textos de leis, crónicas, proverbios, profecías...O obxectivo desta actividade é identificar a Biblia como o libro sagrado dos cristiáns e coñecer as súas partes ( Antigo Testamento e Novo Testamento) e a súa diversidade de xéneros.

FAI CLICK AQUÍ PARA VER AS ACTIVIDADES

 

Lembrade que o correo electrónico para enviar as vosas tarefas é: relixion@arzua.net

PROPOSTA DE ACTIVIDADES ALUMNADO DE 5°

Esta será a proposta de actividades para a semana do 18 ao 24 de maio:

MATEMÁTICAS:

-Tema 11: Repaso acumulativo da páxina 185.

Exercicios: 1, 4, 5

 

LINGUA GALEGA:

Tema 9: lectura do comezo do tema, páxinas 142-143.

- Páxina 152:

                      a) lectura do n° 2.

                      b) Facer o exercicio de " Obradoiro de expresión", n°1. Como o texto do comezo da unidade é un cómic, agora debes facer tí o final do mesmo, tamén en formato cómic. Podes facelo tomando como referencia o final deste exercicio 2 ou inventarte tí un final novo.

Non te esquezas de colorealo e enviarmo! Risa

Boa semana!

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Hola a todos e a todas! Nesta semana imos comezar vendo un video sobre a clasificación das voces. Sobre este video, teredes que completar unha ficha (que está no arquivo adxunto). Cando a rematedes enviádema ao meu correo: musicaceiparzua@gmail.com

Lembrarvos tamén que xa están colgadas na páxina web do centro as adaptacións das programacións didácticas para este 3º trimestre ( seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020), e, entre elas, atópase a de música.

https://www.youtube.com/watch?v=8SWgoum_tR4

Para non esquecer os instrumentos musicais, aquí vos vai unha actividade de repaso:

https://view.genial.ly/5d87a3c61280a80f49a6b2c4/learning-experience-challenges-veo-veo-instrumentos

E imos rematar cunha actividade de ritmo e percusión acompañando unha canción de Queen ( o cantante é Freddie Mercury que xa víchedes no video da clasificación das voces). Para esta actividade solo necesitaredes un bolígrafo ou lápis e moito ritmo!

https://www.youtube.com/watch?v=KYro5xPl-tE&t=147s

Seguide así que o estades facendo moi ben.
Moito ánimo!

 

 

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Unha semana máis mándovos unha mensaxe de ánimo e cariño para ir sobrelevando esta situación do mellor xeito posible. Lembrarvos tamén que xa están colgadas na páxina web do centro as adaptacións das programacións didácticas para este 3º trimestre (seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020), e entre elas atópase a de Relixión. Agradecervos como sempre o voso interese e o voso esforzo. Unha aperta grande.

Esta semana para o alumnado de Relixión de 5º e 6º propóñolles unha actividade sobre a Cidade do Vaticano. Como xa sabedes o Papa Francisco vive na Cidade do Vaticano (Roma-Italia) que é o Estado máis pequeno do mundo e que ten bandeira e escudo propios. Pois ben, suxírovos en primeiro lugar buscar información sobre este pequeno país (o máis pequeno do mundo) e situalo no mapa. É suficiente con que escribades 5 ou 6 liñas coa información máis importante obtida. A continuación facede un debuxo da súa bandeira. Proporciónovos en pdf o seu escudo para que analicedes todos os seus símbolos.

FACER CLICK AQUÍ PARA VER O ESCUDO

 

Lembrade que o correo electrónico para enviar as vosas tarefas é relixion@arzua.net

ACRÓSTICOS NUMÉRICOS_6ºB

Un acróstico é unha composición poética en que as letras iniciais dos versos forman, lidas verticalmente, unha palabra ou frase. O reto que vos propoñemos consiste en colocar o nome de varios números en horizontal, de tal maneira que a palabra que nos sae na vertical se corresponda coa suma dos números que puxeches. 

En 6º B houbo catro rapazas que aceptaron este reto e saíronlles estes acrósticos que podedes ver. 

Animádevos e intentádeo vós tamén!

 

LORENA

     ROCÍO

SARA

 

TARXETAS DAS PALABRAS PROHIBIDAS_6ºB

O alumnado de 6ºB confeccionou estas tarxetas. Trátase de que os demais adiviñen o que está representado en cada tarxeta, pero non podedes empregar nesa descrición que lles estades facendo as "palabras prohibidas" que tedes escritas ao lado. 

Esperamos que vos guste este xogo!

PREME AQUÍ

 

 

TRABALLO DE PAISAXE PARA 6º B

Bo día a tod@s! Propoñemos unhas actividades para o programa "Sustentabilidade e Paisaxe" no que está a participar o alumnado de 6º B. Podedes enviar os traballos ao correo do cole ceip.arzua@edu.xunta.es ou se o preferides a través do móbil do cole, vía WhatsApp, 698146536.

Na páxina web do cole, na parte dereita ao fondo, aparecen os blogues do Plan Proxecta 2019/2020. Ide ao de “Sustentabilidade e Paisaxe” https://sustentabilidadeepaisaxe.blogspot.com/

Ollade a  entrada: EVOLUCIÓN DAS NOSAS PLANTAS 

https://sustentabilidadeepaisaxe.blogspot.com/2020/04/evolucion-das-nosas-plantas.html

Prestade moita atención ao vídeo de como debuxar un caracol para logo poder facelo vós. Podedes debuxalo ou crealo con diversos materiais: corda, plastelina…

Poñede as súas partes e explicade como son estes animais, que comen, como se alimentan, como se reproducen… e todo o que se vos ocurra ou vos suxira curiosidade.

 

Logo, no debuxo do pantalón, que tedes no documento adxunto, debuxades un caracol na parte esquerda (decorádelo como máis vos guste) e na dereita escribides un poema, pode ser sobre caracois, sobre os maios ou do escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: RICARDO CARVALHO CALERO. 

No noso horto, os caracois deixaron unha das plantas aromáticas, o ARMUELLE ROJO. Averigua sobre esta planta e fai un pequeño traballo sobre ela. 

 

 

PROPOSTA ACTIVIDADES 5º

PROPOSTA DE ACTIVIDADES SEMANA DO 11 AO 17 DE MAIO

Ola familias, rapaces e rapazas!

Esta semana comezaremos a traballar cos libros de texto.

Neste terceiro trimestre as actividades irán encamiñadas ao repaso, reforzo ou ampliación das aprendizaxes realizadas nos dous trimestres anteriores.

Esta semana traballaremos Lengua Castellana e Ciencias Sociais.

 

LENGUA CASTELLANA:

Lectura: facer a lectura do comezo do tema 9. Páxinas 142, 143 e 144.

Exercicio: facer as preguntas Expres da páxina 144.

Na libreta de lengua copiar as catro preguntas expres coas súas correspondentes catro respostas correctas.

 

Lectura: ler os recadros das páxinas 146 e 147 sobre o uso da "g" e da "j".

Exercicios:  páxina 146 , nº 2

                 páxina 147, nº 2.

 

CIENCIAS SOCIAS

Lectura: ler as páxinas 70 e 71 do tema 5.

Fixarse no mapa político de España da páxina 70. Cada cor representa unha Comunidade Autónoma coas súas provincias.

Por exemplo, de verde está a Comunidade Autónoma de Galicia coas súas catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

 

Exercicio: intenta facer un mapa de España (podes copiar o que adxunto) e completalo coas súas correspondentes Comunidades Autónomas e as súas provincias. Tamén o podes colorear.

Primeiro, intenta escribir todas as que recordes, sen mirar. Despois, podes axudarte do mapa do libro. (páx. 70)

Recursos: hai un recurso moi divertido para practicar, chámase Mapas Interactivos de Didactalia. Podes atopala en:https://mapasinteractivos.didactalia.net

 

Así, podes xogar e aprender!

Que teñades boa semana!

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Hola a todos/as!

Na semana do Día das Letras Galegas comezamos cunha canción moi divertida para cantar en familia, " Quérote máis":

https://www.youtube.com/watch?v=6AryBRuOglI

A seguinte actividade servirá para repasar as familias dos instrumentos musicais.

https://view.genial.ly/5e8af420260c290e39ba300a/game-familias-instrumentos-quiz

Seguimos cun acompañamento instrumental da Alborada de Veiga para o cal faredes o ritmo con palmas, primeiro seguindo o ritmo da pandeireta e despois o das claves ( así practicades o silencio de corchea e corchea facendo unha respiración curta seguida de corchea "ti").

https://www.youtube.com/watch?v=E9pGIvvgNx8

Para rematar vos deixo unha canción de Guadi Galego que se chama "Chea de vida". Sobre esta canción quero que escribades nunha folla o que vos suxire a música, é dicir, que sentides cando a escoitades e tamén quero que identifiquedes tres instrumentos musicais que soan na canción e que os escribades. Cando rematedes, mandádeme o traballo ao meu correo: musicaceiparzua@gmail.com

https://www.youtube.com/watch?v=ISBQSlAa2cY

Moito ánimo, rapaces e rapazas, o estades facendo moi ben!

Powered by Drupal - Design by artinet