5º e 6º nivel de Primaria

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Moitas grazas ao alumnado do CEIP de Arzúa e ás súas familias de parte da mestra de Relixión. Son consciente do enorme esforzo e sacrificio que supuxo para vos sacar adiante todo o traballo académico deste 3º trimestre ao lado dos vosos fillos e fillas, pero penso que soubéchedes estar á altura destas complicadas circunstancias. Pese ao carácter voluntario das actividades da materia de Relixión houbo un importante interese e esforzo que merecen todo o meu agradecemento. Por certo, infórmovos de que o material de Relixión de 5º (libreta e carpeta) queda na miña aula para o curso que vén, se vos parece ben. Quedo á vosa disposición a través das canles de comunicación abertas e deséxovos un feliz e merecido descanso vacacional. Unha aperta grande e saúde para todas e todos. Bo verán!

Para todo o alumnado de Relixión de 5º e 6º o meu agradecemento de corazón por todo o voso esforzo e interese pese ao carácter voluntario das propostas de traballo. Penso que soubéchedes responder moi ben ante esta dura situación que nos tocou afrontar. Noraboa por iso. Para esta semana, como este curso traballamos o tema do cine, déixovos unha recomendación (por se podedes conseguila) dunha película titulada "El pequeño Buda" que vos amosa outras relixións (o budismo, o hinduísmo), outras crenzas, outras prácticas relixiosas...Aprender cousas sobre outras relixións axúdanos a respectar as crenzas dos demais e a lograr un mundo onde cada persoa practique a súa relixión, ou ningunha, con total liberdade; entón poderemos vivir felices e en paz.

Tamén vos deixo unhas actividades para xogar online, se vos apetece.

FAI CLICK AQUÍ PARA XOGAR A RELACIONAR

FAI CLICK AQUÍ PARA XOGAR Á RULETA DAS PALABRAS

 

FAI CLICK AQUÍ PARA RELACIONAR COLUMNAS

FELIZ VERÁN PARA TODAS E PARA TODOS!

HAIKUS E CONSELLOS DO ALUMNADO DE 6ºB PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Para conmemorar este 5 de xuño, o alumnado de 6º B quixo enxalzar os valores do medio ambiente cos seus haikus e, ao mesmo tempo, deixar algúns consellos para protexelo e mimalo.

 

PROPOSTA ACTIVIDADES 5º

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 8 AO 14 DE XUÑO

Ola de novo familias! Esta é a proposta de actividades para esta semana:

 

CIENCIAS NATURAIS

TEMA 8: A ENERXÍA E O SEU USO.

- Lectura das páxinas 122-123 "A enerxía e as súas transformacións". Facer un esquema /resumo.

- Lectura das páxinas 124-125 "As fontes de enerxía". Facer un esquema /resumo .

 

LINGUA GALEGA

 TEMA 10

- Páxinas 166-167 "Palabras con "x". Facer os exercicios nº 2, 3 e 7.

- Páxina 169 "A descrición". Facer exercicios nº 1 e 2.

 

Que teñades unha boa semana!

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, rapaces e rapazas! Ánimo que xa falta menos! Para esta semana que entra vos propoño estas actividades musicais, espero que vos gusten.

Imos comezar cunha actividade de repaso da clasificación das voces e das distintas agrupacións vocais. Para xogar deberedes premer en "proceed" e contades con tres pistas: pregunta ao mestre, ao público e o 50 %. Ánimo que seguro que conseguides o primeiro posto!

https://www.classtools.net/flingteacher/201911-TiposdevoceshumanasyagrupacionesvocalesVRideN

Continuamos cun acompañamento da canción "Believer" con percusión corporal. Centrádevos no rapaz do medio e intentade facer a súa proposta rítmica.

https://www.youtube.com/watch?v=ibZ1fjzzHuY

Seguimos cun xogo de memoria musical a través dunha caixa de ritmos. Preme no start e a xogar!

https://www.cokitos.com/repeticion-en-caja-de-ritmos/play/

E, para rematar, vos deixo unha canción de ánimo para esta semana. Unha aperta moi grande!

https://www.youtube.com/watch?v=GiiDT_87NDA

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo a tarefa de Relixión para esta semana lembrándovos que se a considerades excesiva tedes plena liberdade para acurtala ou non realizala en función das vosas circunstancias persoais. Agradézovos enormemente o voso interese e esforzo, e deséxovos moito ánimo nesta recta final. 

Para o alumnado de Relixión de 5º e 6º esta semana propóñovos un traballo de investigación sobre os sacramentos na Biblia. Lémbrovos que os sacramentos son signos instituídos por Xesús e que lles serven aos cristiáns para expresar a súa relación con Deus. Por se alguén os ten esquecidos son sete: Bautismo, Eucaristía, Reconciliación, Confirmación, Matrimonio, Unción de enfermos e Orde sacerdotal. O voso traballo agora consiste en buscar as citas bíblicas que se vos suxiren na ficha e averiguar a que sacramento fan referencia. Recórdovos que a abreviatura Feit en galego é "Hechos", Xn é "Juan", Sant é "Santiago" e Co é "Corintios".

FAI CLICK AQUÍ PARA VER A ACTIVIDADE

FAI CLICK AQUÍ PARA ACCEDER Á BIBLIA ONLINE

Tamén vos suxiro facer un crucigrama e un pasapalabra online moi divertidos sobre este mesmo tema dos sacramentos,para iso facilítovos os enlaces. Se vos animades a xogar podedes enviarme captura de pantalla da ruleta ou do crucigrama resoltos. 

FAI CLICK AQUÍ PARA RESOLVER CRUCIGRAMA 

FAI CLICK AQUÍ PARA XOGAR AO PASAPALABRA

 

Lembrade que o correo electrónico para enviar as vosas tarefas é relixion@arzua.net

PROPOSTA ACTIVIDADES 5º

Ola familia, rapaces e rapazas!

Comezamos o mes de xuño, e esta é a proposta de actividades para esta semana:

CIENCIAS SOCIAIS:

Lectura das páxinas 124-125. 

Nestas páxinas faise un resumo das etapas da Historia. En concreto, céntrase nas etapas que estudamos o curso pasado (A Prehistoria, páxina 124 e A Idade Antiga, páxina 125).

Debes facer un esquema-resumo destas dúas páxinas e copiar a liña de tempo coas correspondentes etapas da Historia (a que vén na parte superior, separando cada etapa cunha cor diferente e escribindo o ano e o feito histórico que marca o cambio de etapa).

 

MATEMÁTICAS:

Tema 12.

- Páxina 187. Lectura e repaso do recadro "Que sabes ya?". Facer os exercicios 1 e 2.

- páxina 188. Lectura e repaso do recadro "El reloj". Facer os exercicios 1 e 2.

 

Espero que teñades unha boa semana!

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo a tarefa de Relixión para esta semana, lembrándovos unha vez máis que queda ao voso criterio a dispoñibilidade e a viabilidade de realizalas xa que teñen un carácter voluntario. Agradecervos de todo corazón o voso enorme esforzo e mandarvos moito ánimo!

A actividade que vos propoño esta semana para o alumnado de Relixión de 5º e 6º é comprobar como en moitas ocasións a Biblia serviu de inspiración á arte pero logo cada pintor dalle unha interpretación diferente, segundo a súa concepción artística e a época á que pertenza... Para levar a cabo esta tarefa, primeiro tedes que buscar na biblia online a cita bíblica que vos aparece no exercicio 1. A continuación observade detidamente o cadro de Gustave Doré (artista francés do século XIX) fixándovos nas personaxes que aparecen e reflexionade sobre se había alguén máis que estivera presente nesa situación pero que o pintor omitiu. Para finalizar tratade de responder ás cuestións que se vos plantexan sobre o cadro.

FAI CLICK AQUÍ PARA VER AS ACTIVIDADES

FAI CLICK AQUÍ PARA ACCEDER Á BIBLIA ONLINE

 

Lembrade que o correo ao que enviar as vosas tarefas é: relixion@arzua.net 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Bo día rapaces e rapazas, aquí vos deixo, unha semana máis, as actividades de música. Espero que vos gusten.

 Comezaremos cunha actividade de cultura musical sobre compositores. Seguro que o facedes moi ben.

https://aprendomusica.com/const2/02culturaMusical/game.html

Seguimos cunha actividade de repaso das notas musicais.

https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html

 E, para rematar, un pouco de percusión corporal para acompañar a esta canción tan coñecida " Dance monkey".

 https://www.youtube.com/watch?v=r3eVvmswdOc

 Unha aperta moi grande!

 

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 5º EP

Ola familias!

Espero que vos encontredes todos e todas moi ben! Moito ánimo!

Envíovos a proposta de actividades para esta semana do 25 ao 31 de maio:

 

CIENCIAS NATURAIS:

-Tema 7. Lectura das páxinas 112- 113 "As propiedades dos sólidos, líquidos e gases".

- Facer un esquema-resumo desas dúas páxinas e resolver o exercicio número 1.

 

LENGUA CASTELLANA:

- Tema 10. Facer a lectura inicial do tema e elaborar as preguntas exprés da páxina 160.

- páxinas 162-163. Lectura e copia do recadro sobre a ortografía da letra "h".

- Facer os exercicios número 4 e 5.

 

ALIMÉNTATE BEN!:

Agora que se achega o bo tempo, apetece comer máis froita fresquiña.

Propóñovos unha actividade moi divertida! Faremos figuras realizadas con froitas (ou outros alimentos).

Adxúntovos un arquivo para que vexades algún exemplo. Podedes facer algún deses ou deixar voar a vosa imaxinación!

Deste xeito, preténdese que adquiramos hábitos saudables na alimentación a través do xogo. Seguro que estarán sabrosísimas!

Espero as vosas fotos!Guay

Lembrade enviarme as actividades para que volas corrixa, ou preguntade as dúbidas que teñades. Un saúdo!

 

 

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Hola rapaces e rapazas! Ánimo que xa queda pouco!


Esta semana seguiremos coa clasificación e agrupación de voces, para o cal gustaríame que escoitarades ao grupo que aparece neste video. No arquivo adxunto vos vai unha ficha cunha serie de preguntas sobre o mesmo. Cando a teñades feita enviádema ao meu correo: musicaceiparzua@gmail.com

Pentatonix- A evolución da música:

https://www.youtube.com/watch?time_continue=87&v=lExW80sXsHs&feature=emb_logo

Agrupacións vocais:

https://www.youtube.com/watch?v=B0kNjJ33LKk

E, para rematar, aquí vos deixo un xogo moi divertido onde vos convertiredes en auténticos creadores musicais. Dádelle ao play e a disfrutar!!

https://www.incredibox.com/demo/v2#

Unha aperta!

Powered by Drupal - Design by artinet