5º e 6º nivel de Primaria

O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE EP RECIBE A VISITA DE XOSÉ ZAPATA

 

No día de hoxe, o alumnado de 4º,5º e 6º de Educación Primaria estivo de sorte!

En relación á temática de traballo deste ano, A volta ao cine en 275 días, contamos coa visita de Xosé Zapata: guionista, produtor e director. Un pracer para nós!

 

Adentrounos un pouquiño máis no mundo do cine e aprendemos moitísimas cousas que descoñeciamos sobre este tema.

O primeiro que fixemos foi coñecer que significa "Flipbook", e soubemos que é un libro que contén unha serie de imaxes que varían gradualmente dunha páxina á seguinte, para que, cando as páxinas se pasen rapidamente, as imaxes parezan animarse simulando un movemento; en definitiva, ver unha historia en movemento. Foi moi divertido! Quixo ensinarnos que iso tamén é cine.

 

 

                                        

Logo, preguntounos que era o cine, e aínda que demos unhas respostas máis acertadas que outras, chegamos á conclusión despois de todo o que aprendemos hoxe, que é a maneira de reproducir unha imaxe en movemento. Isto asombrounos moito, pero tivemos a oportunidade de velo en primicia.

Así, falando de que os irmáns Lumière foron os inventores do cinematógrafo, é dicir, que inventaron o cine no ano 1895, tivemos a oportunidade de ver unha cinta ou bovina, chamada celuloide, e comprobamos que era unha secuencia de fotos.

                     

Aprendemos que era un fotograma (cada unha das imaxes impresas na tira de celuloide) e comprobamos que cando unha secuencia de fotogramas é visualizada de acordo a unha determinada frecuencia de imaxes por segundo, lógrase xerar a sensación de movemento no espectador, foi moi curioso! Asi, xa soubemos o que significaban as siglas FPS ( fotograma por minuto) e agora xa sabemos que a fórmula desa frecuencia é de 24 fotos/seg. Así prodúcese a ilusión de movemento.

 

Tivemos a gran sorte de proxectar unha película!

Para iso, seguimos os dous pasos principais: o primeiro, introducir o celuloide, e o seguinte, acender a lámpada de luz. Película proxectada!

         

 

                                        

Despois, vimos un trailer da película Fantástico Sr. Fox. Soubemos que era unha peli de animación, e despois de todas as cousas que xa aprenderamos, descubrimos que como mínimo pasaban 24 fotogramas por minuto e que, en definitiva, estabamos vendo imaxes paradas en movemento.

Tamén tivemos a sorte de poder ver unha réplica dos bonecos que se utilizan para animar en películas comas esta. Sorprendeunos o seu tamaño.

 

 

                     

 

Ademais, coñecemos novos aparellos como a empalmadora ( para poder unir as películas e que duren máis), unha lata de cine ou unha claqueta orixinal.

                        

E, para rematar, fíxonos unha pregunta: o que vemos gravado nunha pantalla é realidade ou ficción?

Chegamos á conclusión de que o que vemos non é real, senón que é unha representación da realidade.

 

A sesión rematou cun dato moi curioso. Vimos a primeira imaxe que se viu en movemento no cine. Pareceunos moi gracioso o dato de que a primeira vez que se proxectou, a xente saíu correndo da sala, posto que ao ver un tren en movemento pensaron que os ía atropelar, xa que era a primeira vez que vían unha imaxe en movemento.

                    

Encantounos! Grazas Xosé Zapata por tantos datos curiosos e por adentraernos un pouquiño máis no mundo do cine!

 

PRÁCTICA DE SEPARACIÓN DE MESTURAS

O alumnado de 6ºA e 6º B fixeron esta semana unha práctica para separar mesturas. As técnicas empregadas foron: a decantación, a separación magnética, a cristalización, o cribado e o filtrado. 

Esta práctica serviunos tamén para familiarizarnos co material de laboratorio: funil de decantación, vasos de precipitados, matraz Erlenmeyer, filtros, embudo, cápsulas de cristalización...

   

   

 

     

  

  

Powered by Drupal - Design by artinet