1º Curso

DESVESTINDO O PASADO, proxecto competencial

Dentro da programación da materia de Proxecto Competencial este trimestre traballamos e iniciámonos na historia e na evolución do vestido ao longo da historia.

Seguimos coa Idade Antiga,  Roma, un periodo que ao alumnado desta idade lle motiva: cómo vivían, como comían, como vestían, as súas crenzas, mitoloxías...en fin seguir coa investigación que nos corresponde este curso

TÍTULO: DESVENTIDO O PASADO

 

Un desfile do FASHION YEAR neste 1º nivel de Educación Primaria co aprendido

 

DANDO COR ÁS MARISCADORAS EN 1º B

Como comentamos á hora de describir o proceso creativo de Luís Seoane, este artista primeiro coloreaba e despois debuxaba as liñas que delimitan as súas figuras. Baleiramos as cores do cadro para que lle deades cor. Dese xeito, traballaremos á inversa: Luís Seoane debuxaás mariscadoras e vós as coloreades.

 

QUINTO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA, en 1ºB

Recén comezado o terceiro trimestre recibimos outro reto por parte das nosas educadoras, Laura, Sara e Clara. Agora partiremos do mar e o traballo nel, fonte de inspiración para moitos cadros do museo. A súa incríble fermosura, a súa natureza cambiante e os seus atributos expresivos e poéticos inspiraron a moitísimos pintores e pintoras. Os cadros onde vemos representado o mar como protagonista chámanse mariñas. O feito de que os cadros co mar teñan un nome de seu xa nos indica a súa importancia ao longo do tempo. No Museo, ademais de ter moitas obras nas que o mar é o protagonista, temos tamén obras que ilustran a vida tradicional galega entorno ao mar; especialmente todos aqueles oficios e labores vencelladas a vida pesqueira. Na Galicia atlántica, as vilas costeiras vivían case en exclusiva do mar e aínda a día de hoxe moitos destes pobos continúan sendo eminentemente mariñeiras. Non é así de estranar que os habitantes destes lugares teñan traballado e traballen na pesca ou en labores vencelladasá mesma. Pescantinas, mariñeiros, mariscadoras, redeiras, bateeiros, armadores, e os obreiros e obreiras que traballan na industria conserveiraou nos asteleiros.

No Museo podemos descubrir algúns oficios do mar a través dos cadros que pendurannas distintas salas.

Mariñeiro de Modesto Brocos 

 

As mariscadoras de Luís Seoane

 

Recollendo a rede de Julio Prieto Nespereira

O novo reto consiste en tres tarefas:

 

  • DANDO COR ÁS MARISCADORAS

Como comentamos á hora de describir o proceso creativo de Luís Seoane, este artista primeiro coloreaba e despois debuxaba as liñas que delimitan as súas figuras. Baleiramos as cores do cadro para que lle deades cor. Dese xeito, traballaremos á inversa: Luís Seoane debuxaás mariscadoras e vós as coloreades.

  • FACÉNDONOS PREGUNTAS SOBRE MARIÑEIRO

Cando observamos unha obra de arte adoitamos facernos numerosas preguntas entorno a ela, ás veces, inevitablemente, a nosa imaxinación se desata e creamos historias inventadas sobre o que estamos a ver representado.

Ollade a obra Mariñeiro de Modesto Brocos. Entre todos e todas facédevos as seguintes preguntas:

- Hai alguén no cadro? Quen é? Onde está?

- Se puideramos preguntarlle algo ao personaxe do cadro de que falaríamos? Que lle preguntaríamos?

- Como pensades que é o caracter do home representado en Mariñeiro?

- Que cres que está a facer este home?

- Que momento do día e do ano podería ser?

- Coñecedes algún lugar semellante ao que vemos no cadro?

- Imaxínate que estás dentro do cadro. Como se está aí (frío, calor)? A que cheira?

- Cambiarías algo de lugar? Meterías algo dentro do cadro?

  • CREAR UNHA HISTORIA PARA UN CADRO

Aquí temos a Ramón, de costas, pensativo. Ramón é mariñeiro; un deses mariñeiros que pasan media vida en altamar. Ás súas mans ásperas están afeitas ao sol e a auga salgada. As súas mans morenas saben facer todo tipo de nós e teñen capturado toda clase de seres mariños. Atopámolo nas rochas, fronte ao mar, mirando o horizonte. Vai moi abrigado mais parece que fai calor. Que estará a pensar Ramón?

 Cando non está embarcado síntese raro. Bota de menos o vaivén do barco! Cando está embarcado síntese tamén raro. Bota de menos sentir os pés na terra. Observando o alén pensa en sereas, cunchas, buguinas e polvos. Bota contas de cantos días lle faltan para se embarcar.

DÍA DO BICO en 1º B, 13 de abril

O Día Internacional do Bico celébrase o 13 de abril de cada ano, unha data que xurdiu grazas ao bico mais longo da historia, que durou 58 horas por unha parella tailandesa durante un concurso.

E como na nosa clase somos moito de bicos e saborosos:

A que che sabe un BICO?

 

 

DÍA DAS ARTES GALEGAS en 1ºB, 1 de abril

A figura elixida para honrar o Día das Artes Galegas 2023 é Martín Codax o trobador galego que viviu na segunda metade do século XIII e comezos do XIV, e que posiblemente era de orixe viguesa. Con todo o que representa o seu legado é o persoeiro máis indicado para protagonizar un festexo que inaugurará a súa vertente musical. Aínda que nunca sobra enxalzar e difundir o seu labor, non é un artista sen predicamento na súa terra. Ao contrario, como voz senlleira da lírica medieval galego-portuguesa, a Real Academia Galega (RAG) xa lle dedicou, de maneira conxunta con Mendinho e Johan de Cangas, o Días das Letras Galegas de 1998 aos coñecidos como trobadores da ría de Vigo.

Os estudosos da lírica medieval sitúan a Codax con raíces en Vigo (ou moi relacionado con aquela vila mariñeira), sobre todo, por unha poderosa razón: o topónimo Vigo aparece mencionado ata en 21 ocasións nos 98 versos do cancioneiro. O certo é que pouco ou nada se sabe sobre el, a súa traxectoria ou as circunstancias cortesás nas que desenvolveu a súa creación e actividade, aínda que haxa milleiros de páxinas escritas sobre a súa produción poética e musical profana. O libreiro madrileño Pedro Vindel (1895-1921) atopou en 1914 un pergamiño envolvendo —a modo de encadernación— un códice do século XIV, unha peza de vitela na que se recollían unha serie de versos acompañados de notación musical, sete composicións cos textos literarios e os musicais (unicamente a sexta carece desas notacións). Tras varias transaccións, esta alfaia do patrimonio cultural galego acabou en 1977 en The Morgan Library & Museum. Non hai moito, no 2017, a institución neoiorquina cedeu o pergamiño Vindel para expoñer en Vigo, volvendo por un tempo ás súas terras.

Segundo explica a Ragbá, a grandeza da lírica medieval galega explícase pola conxunción de texto e música, de tal xeito que a música é o vehículo do texto poético. O monumental corpus medieval das cantigas galegas (máis de 2.100) ten unha dimensión histórica, cultural e identitaria que, aínda que ninguén o ignore, «posiblemente non se chega a ser plenamente consciente do seu verdadeiro alcance». Deixado a unha beira as Cantigas de Santa María de Afonso X, que se conciben como un todo en si mesmas, incide a Academia, as cantigas que se conservaban dos trobadores e xograres galegos carecían do texto musical correspondente. Por isto, a descuberta por parte de Vindel do pergamiño contendo a música de seis cantigas supuxo «unha revelación para os estudos da música medieval europea de gran transcendencia internacional».

Levamos oito anos celebrando esta conmemoración homenaxeando a figuras como o Mestre Mateo, Maruxa Mallo, Castelao,  Domingo de Andrade, Alejandro de la Sota, Laxeiro e Luis Seoane e a Martín Códax este ano 2023.

E para traballar estes contidos empregamos unha unidade didáctica elaborado por mestres e mestras doutors centros que amosan moito interese polo noso (arquivo adxunto) e que grazas a este material coñecemos mais de preto a figura deste ano:

 

 

 

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA DE 1º EP, 11 de abril

O Proxecto TERRA é un proxecto do Colexio de Arquitectos/as de Galicia dirixido ás distintas etapas educativas co fin de contribuír a mellorar a formación que a poboación escolar galega debe ter sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Trata de crear poboación crítica e propositiva sobre o noso medio construído para acadar unhas mellores condicións de vida para todas as persoas, atendendo á premisa do Dereito ao Hábitat.

O obxectivo do programa é que o alumnado perciba o hábitat humano desde as diferentes perspectivas que abordan os materiais elaborados e postos á disposición da comunidade educativa desde o Proxecto TERRA. O hábitat estúdase afondando en diferentes aspectos, como son a paisaxe, o territorio, o urbanismo, a arquitectura ou o medio ambiente, dependendo do enfoque escollido en cada proxecto desenvolvido nos centros, aínda que sempre é ben considerado que se aborde un proxecto desde diversas perspectivas e se chegue a formular e desenvolver un proxecto interdisciplinar.

Para formarnos nisto concedéronnos una visita guiada á cidade de Santiago de Compostela e grazas a Inma e a Uxía, as nosas guías, pudemos ver, visitar, observar, reflexionar, comparar, relacionar…territorialmente falando!

A aventura empezou ás 10:00 horas e fomos cara a PRAZA DO OBRADOIRO, unha das prazas máis fermosa da cidade, observando que a pedra unifica todos os edificios que ali están: a Catedral, o Hostal dos Reis Católicos, hoxe albergue nacional e antigamente hospital de peregrinos-; o Colexio de San Xerome, sede da casa reitoral da universidade, e o Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago- son representacións dos principais polos da vida da capital galega: relixión, ensino universitario, atención ao peregrino e viaxeiro, e a Administración.

  

 Visitamos o PAZO DE FONSECA, o lugar de inicio da universidade de Santiago de Compostela.

  

Visitamos a CATEDRAL, o monumento mais importante da cidade: como foi construída, con que material, os espazos cos que conta (claustro, torres, tellados, torres, balconada, lanterna, Pórtico da Gloria, altar maior, museo, a tumba do apóstolo Santiago, lendas…)

   

  

 

  Tamén visitamos outras prazas, non menos importantes como a de Cervantes, A Quintana, A das Praterías, A da Acivachería, que manteñen a pedra como elemento unificador ademais de rodear a catedral, centro da vida da cidade na Idade Media. Cantas curiosidades nos descubriron! A máis graciosa quizais é Queres verlle os pes a Cervantes?...

  

Para continuar vistamos a fermosa PRAZA DE ABASTOS, un edifico moderno do 1940 onde se fixeron varias edificacións iguais para poder facer diferentes postos en canto aos produtos que se vendan. Ali explicáronnos materiais, deseño, tipo dos edificios, produtos naturais, características de primeira man, as vendedoras dos diferentes postos…

 

E como curiosidade nesta rota soubemos que onde está facultade de Historia había un CASTRO e onde está hoxe en día a Catedral había un ASENTAMENTO ROMANO.

Rematamos na PRAZA DE MAZARELOS, cando vaiades tentade atopar un peixe,e na porta da muralla que arrodeaba á cidade na Idade Media, a antiga porta de Mazarelas onde entraba o viño nesta cidade.

Xa avanzada a mañá decidimos facer unha parada para xantar nun marabilloso espazo verde e cheo de diversidade de árbores e plantas que nesta época fan unha paisaxe moi atractiva, a ALAMEDA, dividida en tres partes, a central para os señores e señoras e as laterais para o servizo.

O reloxo marca ás 15:30 e empezamos as actividades da tarde, collemos rumbo ao CGAC e ao MUSEO DO POBO GALEGO polas rúas empedradas e torcidas desta cidade declarada patrimonio da Humanidade.: A Calderería, As Casas Reais, San Pedro…

 

Agora toca tarde cultural coa visita a estes dous museos que son moi diferentes por dentro e por fóra, tanto nas obras que albergan como na sua construcción en canto a deseño, material e liña no tempo de construcción.

Visitamos o teito do CGAC, onde cumpre co obxetivo para o que foi construido, unha nova visión de Santiago: os seus tellados ademáis de duas pirámides, e non as de Exipto senón as galegas. Percorremos diferentes salas e estivemos nunha moi curiosa, a do dobre espazo onde esciotamos o son do mar producido por ventiladores que resoaban noutros materiais colocados polo artista.

Agora outro museo diferente, o MUSEO DO POBO GALEGO coas súas diferentes salas, a do mar, ao dos oficios, o claustro de doble planta…para chegar a un cilindro que alberga a escaleira de caracol, única no mundo deseñada por Domingo de Andrade.

   

   

12.278 pasos que fixemos no día 11 de abril cun resultado moi satisfatorio, que custa relatar xa que estivo cheo de moitos contidos, moitas emocións e moitas sensacións.

PLAZA DA A QUINTANA

ALAMEDA COAS MARÍAS 

PARQUE SAN DOMINGOS DE BONAVAL

CEMITERIO DE BONAVAL

PAISAXES EN 3D en 1º B

En CCSS temos que estudar tipos de paisaxes coas que nos podemos atopar na natureza, polo que quixémolo afcer dunha maneira divertida, práctica e visual:

PAISAXES EN 3D con plastilina de cores

Chaira                            Montaña                          Costa

 

ACUARIO DE A CORUÑA, 30 de marzo

Como despedida do segundo trimestre os dous primeiros, 1ºA e 1ºB, fomos ao acuario da cidade de A Coruña para ver en directo e estudar varios ecosistemas mariños.

Tivemos unha xornada moi formativa grazas á guía que nos atendeu, Raquel, que resumiremos nas imaxes deste vídeo:

 

Gastón veunos ver cun sorriso de tres filas de dentes pero sabemos que sería moito máis feliz en liberdade cos seus amigos e amigas, no seu océano favorito.

      

    

     

 

 

ANIVERSARIOS DE PRIMAVERA en 1ºB

Seguimos agrupando as celebracións dos aniversarios por trimestres, polo tanto teremos ao longo do curso tres celebracións especiais: inverno, primavera e verán.

O martes 28 de marzo levamos a cabo a segunda FESTA, OS ANIVERSARIOS DE PRIMAVERA, onde culminaron as celebracións individuais de cada neno/a, o seu día propio cun ritual instaurado de CAIXA DE ANIVERSARIOS que consta de agasallo personalizado, puzle para simular as voltas ao sol que ten que dar a Terra arredor do Sol dende que el ou ela naceu, soplado de vela para formular previamente o seu desexo segredo.

Este trimestre cumpliron: Carla, Patricia, Biel e Martín

 

SEN AUGA NON HAI PRIMAVERA en 1ºB

A pintura con acuarela precisa da auga para poder vivir, por iso o proque do título desta entrada.

A primavera é o tempo  das flores e nós tentamos reproducila creando arte: Quen di que dunha mancha non se pode facer arte? 

Powered by Drupal - Design by artinet