1º Curso

PINTAR A CHOIVA en 1ºB

A choiva é un fenómeno atmosférico que se inicia coa condensación do vapor de auga que conteñen as nubes. As choivas son unha parte esencial do ciclo hidrolóxico, como responsable do depósito de auga doce na terra. Galicia é un lugar extraordinario pola súa localización. Esta localización na Terra confírelle unha suavidade térmica, un ambiente húmido e abundantes precipitacións. Un dos motivos de que sexa un lugar tan chuvioso é a súa orografía; a cantidade de serras e montañas provocan ascensos de masas de aire que inflúen na cantidade de choiva.

E como Arzúa é unha vila galega, o alumnado de 1º B imos a levar a cabo o reto do museo: SOMOS QUEN DE PINTAR A CHOIVA?

Pois sí!!!

 

 

 

SETIMO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA, en 1º B

Xa imos polo sétimo reto proposto polas educadoras do museo, esta vez para traballar o CICLO DA AUGA nas obras de arte do museo.

O ciclo da auga, tamén coñecido como o ciclo hidrolóxico, é o proceso de transformación e circulación de auga na Terra. O ciclo da auga consiste no traslado da auga dun lugar a outro e os seus cambios de estado físico: líquido, gaseoso e sólido. Este estado varía según as condicións ambientais.

A auga da Terra pode estar en tres estados:

- Estado líquido: mares, ríos ou lagoas

- Estado sólido: glaciares e montañas

- Estado gaseoso: nubes

   

 

A partir de aquí imos a estudar obras que presentan dalgún modo a auga en calquera dos tres estados que mencionamos:

Manuel Abelenda, Sinfonía de verdes de Redondela

Seijo Rubio, Atardecer na Ría  de Pasaxe

 Francisco Lloréns, Brañas

 Ovidio Murguía, Sierra de Guadarrama

Luis Seoane, Mar e rochas 

 

Souto Cuero, Cañotas

Luís Seoane, Paisaxe con árbores

En todos eles aparece a auga, por orden: 

  • Unha lagoa está rodeada de árbores, ao lonxe vemos unhas montañas pouco definidas. O ceo está algo nubrado. A paisaxe parece estar en brétema, cubrindo toda a natureza e conferíndolle á obra unha atmósfera moi especial.
  • Unha paisaxe marítima, da ría do Pasaxe, próxima á cidade da Coruña. A marea está baixa porque cerca de nós aparece un embarcadoiro cos botes varados na area. Podemos ver as áncoras e os remos, e un caseto ao fondo no que se gardan outros materiais de pesca. Na praia, pintadas en pequeno tamaño, hai unhas mulleres mariscando, recollendo ameixas, berberechos, navallas… que extraen da area. No lado esquerdo hai un monte cheo de árbores enmarcando a obra, semellan piñeiros. Máis lonxe, ao fondo, aparece unha pequena vila cun grupo de casas e unha igrexa, case agochada detrás do piñeiral. Predomina a cor verde e as tonalidades escuras.
  • Campos, montañas e árbores en varias tonalidades de verde. Unha braña é un terreo húmido, e Lloréns quixo representalo aquí. Non aparece choiva, nin ríos, nin auga, pero as cores verdes intesas e a paisaxe borrosa sitúanos nun lugar onde a auga ten importancia.
  • Serra de Guadarrama. No primeiro plano aparece unha montaña marrón, sen apenas vexetación nin árbores. No fondo levántase a montaña máis alta, que toca o ceo azul con algunha nube. Aínda que non o pareza debeu nevar fai pouco, porque o cumio está cheo de xeo.
  • Unha mariña na que observamos a bravura do mar atlántico con esas liñas sinuosas que representan as ondas do mar e o seu movemento. O bater de ditas ondas represéntase coa cor branca da espuma do mar. No centro vemos dúas grandes rochas marróns. Represéntase tamén a liña do horizonte que divide o mar do ceo; un ceo de cor violeta que nos fai pensar nos últimos raios do sol antes da chegada da noite.
  • Cerca de dúas cañotas, que son árbores de moitos anos, con marcas e formas que sinalan o paso do tempoNo medio do tronco ábrese un gran oco, que utilizan como fogar os animais e bichiños que viven no campo. O artista emprega diferentes tonalidades de marrón e verde; as follas da copa son verde escuro, que se poñen marróns ao caeres ao chan. Nun verde máis claro pinta o musgo, que se extende de abaixo a arriba do tronco. A relación entre as árbores e a auga é indispensable para a vida do planeta. as copas das árbores serven para recolectar a maior cantidad de choiva posible, que desliza entre as follas, as polas e o tronco ata alcanzar o chan, humedecéndoo para protexelo contra a erosión e para nutrir á propia árbore. A auga infíltrase ata as raíces servindo para nutrir toda vexetación.
  • Unha paisaxe con árbores. Sobre un fondo de cor laranza, violeta, verde, vermello e azul sitúa libremente os troncos (representados como rectángulos verticais moi longos) e as copas das árbores (representadas mediante círculos e/ou óvalos) pintados con liñas negras.

 ACTIVIDADE 1: O CICLO DA AUGA E O SEU ESTADO

Atardecer na Ría da Pasaxe de Seijo Rubio, Brañas de Francisco Lloréns, Sierra de Guadarrama de Ovidio Murguía, Cañotas de Souto Cuero e Paisaxe con árbores e Mar e Rochas de Luís Seoane son seis obras que poderían servirnos para ilustrar algúns dos fenómenos fundamentais que forman parte do ciclo da auga.

Despois de analizar o cadro Sinfonía de verdes de Redondela e relacionalo coas cinco fases do ciclo de auga vos pedimos que, de xeito oral, ubiquedes os outros cadros con respecto a esas fases (evaporación, condensación, precipitación, infiltración e escorrentía)

ACTIVIDADE 2: REPRESENTAR A CHOIVA

Galicia é un lugar extraordinario pola súa localización. Esta localización na Terra confírelle unha suavidade térmica, un ambiente húmido e abundantes precipitacións. Un dos motivos de que sexa un lugar tan chuvioso é a súa orografía; a cantidade de serras e montañas provocan ascensos de masas de aire que inflúen na cantidade de choiva.

A choiva é un fenómeno atmosférico que se inicia coa condensación do vapor de auga que conteñen as nubes. As choivas son unha parte esencial do ciclo hidrolóxico, como responsable do depósito de auga doce na terra.

En Galicia chove tanto e de xeitos tan distintos que temos un vocabulario amplísimo para denominar os distintos tipos de precipitación:

Arroiada, bátega, brétema, cegoña, babuña, barruzo, borralla, chuvisca, fuscallo, saraiba, pedrazo, pedrazo, torva, néboa, zarrazina, froallo, lapiñeira, parrumada, poalla, treixada, xistra…

Para isto propóñennos facer unha representación ou cadro da choiva e/ou mural cos nomes da choiva...

Agardade polo resultado!

DÍA DE EUROPA en 1ºB, 9 de maio

No Día de Europa, cada 9 de maio, celebramos a paz e a unidade en Europa. Esta data conmemora o aniversario da histórica "Declaración Schuman", na que expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcibible a guerra entre as nacións europeas. A proposta de Schuman considérase o inicio do que hoxe é a Unión Europea: UE.

 Mapa político Europa

Investigamos, coloreamos e celebrámolo dinha maneira moi doce e azul!!!

 

DÍA DA RISA OU DO SORRISO en 1ºB, 7 de maio

Para celebrar esta conmemoración un pequeno xogo de QUEN É QUEN moi particular, onde cando xoguedes poidades sorrir e demostar que podemos recoñecernos por algún xesto ou maneira:

 

Collede un lapis e un papel e a ver!!!!

AS MARIÑAS, creacións artísticas relacionadas coa auga en 1ºB

Dentro do proxecto De AUGA FONTE DE VIDA co Museo de Bellas Artes de A Coruña e dentro do reto 5 traballamos as mariñas, cadros murais...onde a auga é o protagonista xa sexa mar, océano, lagoa ou marismas.

Na nosa clase adicamos unha sesión de plástica parapór en marcha o aprendido sobre este tipo de pintura.

O resultado é marabilloso como podedes ver:

  

 

  

   

  

   

    

  

 

RECORDO DE ARZÚA, en 1ºB

O que nos piden neste exercicio é que, inspirándonos nas obras que nos acaban de presentar da colección do museo, representemos a nosa vila ou lugar preferido como se dunha postal se tratara.

E para mostra un botón, agardamos que vos gusten xa que van cheas de moita ilusión e corazón:

  

Albergue de Ribadiso                                                A Mota

 

Rúa do camiño farncés da vila                                      Ponte romana en Ribadiso

 

Vista da vila dende o camiño                                      Fervenza das Hortas

 

Praza maior                                                     Capela da Madanela e albergue 

  

Monumento a quiexeira                                         Embalse de Portodemouros

 

Capela da Fonte Santa en Brandeso                                             A quiexeira na Praza Maior

 

Edificio do Concello                                              Albergue Público na vila

 

Vista de Domboodán preto do río Ulla                                                Monumento ao quiexo 

 

SEXTO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA, en 1º B

Seguimos traballando coas propostas das nosas educadoras preferidas, Laura, Sara e Clara. 

O mar e as embarcacións para viaxar ou traballar neste medio como protagonistas das obras a estudar neste reto: Urbano Lugrís, David Roberts...

Nesta ocasión partimos da obra Urbano Lugrís, un mural rescatado e restaurada que pendura dun lugar moi importante do museo titulado Vista de A Coruña. Lugrís non se trata dunha vista realista, senón que representou como se imaxinaba que sería o aspecto da cidade en 1830, moito antes de nacer o autor.

 

Comezamos coa obra de David Roberts, Venecia. O gran canal. Neste pequeno cadro vemos unha fermosa vista de Venecia. Venecia é unha cidade que se atopa no noreste de Italia. O seu centro histórico está situado nun conxunto de illas na lagoa de Venecia, ao norte do mar Adriático. O particular da súa ubicación e o seu enorme e interesante patrimonio monumental e artístico convertiron a Venecia nun dos destinos  turísticos máis populares do mundo.

Esta obra encádrase dentro do que chamamos “vedutismo”. Son cadros, de tamaño mediano ou pequeno, que representan unha vista dos lugares máis típicos da cidade. Ás veces aparece neles a figura humana, pero se o fai é de xeito anecdótico nun tamaño minúsculo.


Neste reto proponse unha única ACTIVIDADE: UN RECORDO DE ARZÚA

O que nos piden neste exercicio é que, inspirándonos nas obras que nos acaban  de presentar da colección do museo, representemos a nosa vila ou lugar preferido como se dunha postal se tratara.

Nunha postal temos un anverso e un reverso. No anverso vai a imaxe representativa que se quere amosar e no reverso escribimos o texto e o enderezo da persoa á que vai dirixida.

As postais adoitan amosar aquel lugar máis senlleiro ou característico dun lugar.

Urbano Lugrís na súa Vista da Coruña representou a cidade dun xeito moi persoal, imaxinando de xeito idealizado como podía ter sido A Coruña antes de que el nacera. Podemos representar un recuncho de Arzúa no tempo actual, pero tamén podemos representalo tal e como imaxinemos que era no pasado ou será no futuro. Lembrar que a auga é o tema deste proxecto, e algo moi importante na nosa contorna, polo que sería interesante que (como nos dous exemplos do museo) fora a protagonista da nosa imaxe, aínda que tamén podemos incluir lugares fermosos da vila: Arzúa

E quen se anime pode escribir un pequeno texto que fale das cousas fermosas da nosa vila para convencer a quen o lea de que vale a pena visitar Arzúa.

 

CREANDO HISTORIAS PARA UN CADRO, EN 1ºB

Esta actividade parte da observación do cadro de Modesto Brocos, Mariñeiro e imaxinarnos a historia que de ahí se pode imaxinar:

Xurdiron dúas entre todo o alumnado de 1ºB...a ver cal vos gusta mais!

HISTORIA 1: Chámase Xaime e ten 80 anos. Está xubilado e bota de menos o mar. Ás veces volve a pór a roupa de mariñeiro e as botas de caucho para lembrar. Tanto o bota de menos que un día navegou nun pequeno veleiro surcando o mar moi preto da costa xa que xa non vía moi ben pola súa idade.

 

HISTORIA 2: Chámase Xosé e ten noventa anos. Xa case non sae a navegar porque está un pouco enfermo. Axúdalle á súa filla cos preparativos para saír a navegar, agora a mariñeira é ela, Noela.

DÍA DO LIBRO, 23 de abril en 1ºB

Un día moi importante a celebrar xa que O PERIGOSO DE VIVIR SEN LER É QUE TE OBRIGA A CRER NO QUE CHE DIGAN... LER UN LIBRO É SOÑAR ESPERTO, VIAXAR NO TEMPO...un sinfín de emocións e sensacións que medidas no noso termómetro de emocións chega a un alto nivel.

Ademáis das actividades que propoñemos esta semana dende o equipo de biblioteca quixemos facer un libro moi especial con diferentes técnicas para encher as páxinas...cunha mestura de maxia, novidade e emoción. Tamén fixemos arte gráfico creativo coa portada dun libro e un debate sobre libros preferidos, gustos individuais e unhas fichas de recomendacións d electura partindo da nosa propia opinión e experiencia como xóvenes lectores e lectoras

As primeiras páxinas van xurdir da técnica O CADÁVER EXQUISITO, partindo de debuxos e logo a composición de dous poemas ou antipoemas de oito versos cada un.

 

  

 

DESVESTINDO O PASADO, proxecto competencial

 

Dentro da programación da materia de Proxecto Competencial este trimestre traballamos e iniciámonos na historia e na evolución do vestido ao longo da historia.

Seguimos coa Idade Media un periodo que ao alumnado desta idade lle motiva: cómo vivían, como comían, como vestían ...en fin seguir coa investigación que nos corresponde este curso

TÍTULO: DESVENTIDO O PASADO

 Un desfile do FASHION YEAR neste 1º nivel de Educación Primaria co aprendido

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet