NOVENO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA EN 1ºB

Curso a piques de rematar e tamén o fantástico proxecto anual en colaboración co Museo de Bellas Artes de A Coruña.

O ultimo reto empeza xa, esta vez co título de Mitoloxía e auga!

Partimos da obra escultórica de Paco Pestana, elaborada con materiais reciclados e unha técnica chamada ensamblaxe: Nora para xentís peixes e xentís soños. É unha peza cinética, fai un son semellante ao ruído que facián os carros ao xirar o eixo das rodas.

 

E xa de cheo na Mitoloxía e auga nos cadros do Museo que traten esta temática, como fadas, sereas, maxia:

  • Dolores Díaz Baliño, As fadas do caracol: aparecen dúas fadas sobre o lombo dun caracol con moita vexetación grazas á charca que lle proporciona auga.

  • Urbano Lugrís, Mariña Surrealista: represéntase unha mariña de fantasía onde aparece unha serea azul deitada nunha nube observando esta paisaxe. Predominan os azuis  verdes e marróns que son capaces de levarnos a un soño.

  • Urbano Lugrís, Sen títulopaisaxe marítima cun barco veleiro misterioso ao fondo.

ACTIVIDADE 1. OS MITOS DE XERACIÓN EN XERACIÓN

Os tres cadros que comentamos representan historias imaxinadas, nas que varios personaxes, as fadas e a serea, xúntanse coa natureza, os animais e outros elementos (ruína, barco, estrelas...), que transportan a contos marabillosos.

Por iso levamos a cabo a actividade "teléfono estropeado" con tres historias dos cadros estudados neste reto.

ACTIVIDADE 2. A FONTE PORMÁS

Hoxe somos todos somos encargados de seguir transmitiendo as historias que nos contan, e as nosas vilas e cidades están cheas de mitos e seres fantásticos que viven entre nós. A fonte Pormás, na parroquia de A Castañeda é un deses lugares marabillosos nos que sabemos viviron estes  personaxes.

Tivemos que facer un traballo de investigación sobre esta fonte.

ACTIVIDADE 3. CREAR A NOSA PROPIA MITOLOXÍA ACUÁTICA

O reto consiste en inventar un animal mitolóxico, de que se alimenta, cal é o seu hábitat ...empregando a ficha modelo que se adxunta.

Powered by Drupal - Design by artinet