Poñemos as patacas!

Os nenos e as nenas de Educación Infantil estiveron botando patacas no horto con Ignacio, que ademáis de axudarnos, tamén nos contou algunha propiedade medicinal deste tubérculo. Cando teñades ardor de estómago comede un bocadiño de patata e curaredes nun plis, plas! Sorprendente!

Agora tan só nos queda agardar que as nosas patacas medren moito!


Patacas 2015 by Slidely Slideshow

VÍDEO DE PADRÓN

Un resumo do que vivimos, fixemos e sentimos!!!!!

 

PADRÓN DE ROSALÍA

Para completar o estudo da vida e da obra de Rosalía de Castro, hoxe, fomos a Padrón a visitar a súa casa museo, ademáis de facer outras actividades non menos interesantes como visitar o espolón, o Convento do Carme, o xardín botánico-artístico...

  
 


 
queres ver máis entra no blog http://terceironivel-ceiparzua.blogspot.com.es/
 

TRASPLANTES DE TOMATEIRAS

O noso obxectivo desta actividade é obter plantas para o invernadoiro. Para iso fixémolo en tres fases, despois de sementar tomate cherry aplastándoo para que solte as sementes sobre a terra.
Despois dunhas semanas...
 
 

 

 

 
 
  • Preparación dos envases para plantar planta a planta:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Plantado: collemos unha soa planta con moito coidado, facmos un burato no vaso para introducir o talo ata a metade.









































 
  • Regado:





  • Planta para levar a clase e coidalas como se merecen ata trasplantalas no invernadoiro.





























 
Cada tres días regamos a nosa planta, responsabilizándonos para que chegue a bo fín.

DIVULGACIÓN PAISAXE

Novamente saímos na prensa, no Correo Gallego, polo noso traballo, onde se volve amosar o noso interese pola paisaxe e a aprendizaxe xunto con moitos valores ...

 
Gracias a todos e a todas pero, en especial, a nosa xornalista Mar Toledo por permitirnos chegar a toda Comunidade e fóra dela!!!!!

2ª Semana da Froita

Esta semana, do 13 ao 17 de abril, é a 2ª semana da froita no noso centro.

As froitas son as seguintes:

- Luns: pera

- Martes: ameixa

- Mércores: plátano

- Xoves: amorodo

- Venres: mazá

BOMBAS DE SEMENTES!!!

 

Que son?

Consisten, xeralmente, en bólas pequenas, non maior que unha pelota de tenis formadas por sementes, arxila e compost. O seu obxectivo é ser lanzadas en lugares de difícil acceso para lograr unha sementeira en toda regra.

 

PARA SABER MÁIS PREME A CONTINUACIÓN...

A BICI: UNHA HISTORIA SOBRE RODAS

Por fín xa chegou o día da BICI no Ceip de Arzúa, a primeira parte. A segunda despois das vacacións de Semana Santa!
 
Xosé Manuel Lamas, o presidente do Clube cicloturista do Queixo de Arzua, veu a explicarnos un pouco de historia da bici, ademáis de explicarnos outros valores deste deporte como o compañeirismo, a seguridade...un montón de cousas que escoitamos coas antenas conectadas.
 


 
Canto aprendimos!!!!!
 
 



 

SAÍDA DO TERCEIRO NIVEL

Hoxe o terceiro nivel saíu de excursión a Santiago de Compostela.

 

 
Fomos a varios sitios, un deles oa Auditorio de Galicia a unha exposición e un taller sobre Leopoldo Nóvoa
 
 



 
Logo fomos ao Museo do Pobo Galego, a visitar o Panteón dos Galegos Ilustres e o parque de Santo Domingo de Bonaval. Alí vimos o panteón onde está soterrada Rosalía de Castro.
 
 



 

NOVA CARTELERA

 
Chega a Primavera!!!
Trae os cambios correspondentes a esta estación e tamén, como non,  a nosa cartelera na entrada do colexio do PLAN PROXECTA.
 
Os tres programas nos que participamos:
 Xogade, Aliménta-T-ben e Sutentabilidade e Paisaxe

 

Detalle

Powered by Drupal - Design by artinet