Chegou o inverno!

Nesta nova estación comeza o frío e con el as paisaxes brancas, cubertas de neve!!! E como na aula de 4 anos son moi deportistas, fixeron este mural no que semella que os bonecos de neve son expertos esquiadores, mentras outros se divirten xogando á comba.

Un momento!!! Non só esquían os bonecos de neve, tamén hai algunha pera que o está pasando fenomenal na neve.  Nótase que ás nenas e aos nenos de catro anos encántalles comer mooooooooita froita...Ves tí algunha froita máis facendo deporte nesta paisaxe invernal??

 

 

 

Un fantástico traballo para englobar os tres proxectos do Plan Proxecta nos que participamos dende o centro. Noraboa rapaces!!

FESTIVAL DE NADAL 14

Como é tradición no Ceip de Arzúa o día 19 tivo lugar o festival de Nadal con marabillosas actuacións de todos os niveis, obra de teatro, panxoliñas, tanto en galego como en inglés...facendo referencia ao Nadal e ao tema troncal da Biblioteca, a Mitoloxía. Tamén fíxose coincidir coa entrega de medallas da carreira pedrestre de O Pino.

E como non podía ser doutra maneira tivemos a visita das suas Maxestades os REIS MAGOS DE ORIENTE.

Se queres ver máis preme na imaxe

 

 

Como sorpresa final, na hora de xantar, as nais e o pai colaboradores do comedor interpretáronos unha fermosa coreografía sobre Papa Noel e as suas duendes...

 

 

 

 

 

Foi divertido, xenial, alucinante...en fin, todo para desexarvos un Bo Nadal !!!!

 

 

 

CONTACONTOS EN INGLÉS

Dende a Biblioteca e en colaboración cunha nai, Vicky,  púxose en marcha unha actividade THE ENGLISH BOOK CLUB , todos os martes a mediodía dos meses de outubro a decembro, CONTACONTOS EN INGLÉS para os máis pequenos do cole a cargo do alumnado de 3º, 4º e 5º.
Levounos un tempo preparalo pero o día 18 chegou a posta en práctica, foi xenial!!!! 
 
 
E senón mirade o vídeo 



 

NÓS PARTICIPAMOS!!!!!
 
Podes premer aquí para ver máis ou aquí e aquí para escoitar os contos que nos contaron
 
Thank you very much!!!!

PAISAXE NAVIDEÑA CON MOITA NEVE

Na clase de plástica cun cartón de grandes dimensións, lapis e témperas de moitas cores, mesturado todo con gran paciencia e empeño fomos quen de crear unha paisaxe navideña chea, como non, de moita neve e abetos que nos servirá de fondo para unha fermosa e sorpresiva idea.

 

 

 

 
Pronto veredes a sorpresa!!!!


                                                                                 3º B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
3ºA
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Outras tomas...




























As árbores e os seus froitos no outono

Traballamos cos froitos típicos do outono, algúns dos cales temos no patio do noso colexio, no que puidemos recoller algúns deles, como castañas e noces...ademáis das follas de cada árbore, para posteriormente levar a cabo un traballo de aula.

 

 

 

 

 

Arcimboldo de froitas

Giuseppe Arcimboldo foi un pintor italiano, coñecido sobre todo polas súas representacións manieristas do rostro humano a partir de flores, froitas, plantas, animais ou obxectos. Pintaba representacións de estes obxectos no lenzo, colocados de tal maneira que todo o conxunto tiña unha semellanza recoñecible co suxeito retratado.

Na nosa aula experimentamos con froitas e conseguimos o seguinte:

 

 

 

 

CESTAS PARA O NADAL

Este ano tocounos dende Alimenta-T-ben preparar aos de terceiro as cestas coas que o comedor nos agasalla no Nadal, polo que ademáis doutros productos navideños vai cheo de froita pra por en marcha un dos obxectivos máis importantes deste programa dentro do Plan Proxecta: comer disfrutando a froita para medrar fortes e sans.
 

Sentímonos  como unha gran empresa de produción, traballo en cadea, apoiados todo o tempo pola nosa mascota a Marela, este ano disfrazada de ser mitolóxico polo tema troncal proposto pola biblioteca...cun lema moi atractivo
 
A FROITA........manxar de deuses

 

POSTALES NAVIDEÑAS EN 3º

Hoxe estivemos facendo unha postal navideña na aula de 3º A e como non relacionada coa natureza e a paisaxe...

 

 

 

 

 

 


ENQUISA SOBRE O CONSUMO DA FROITA EN 3ºB

En terceiro B fixemos unha enquisa para valorar os nosos hábitos alimenticios sobre o consumo de froita.
Despois de responder a enquisa , recollemos datos e logo levámolo a facer unhas táboas onde se vexan claramente
 


 
 


















 

 

 

Son un trasno!

 

Seguindo co traballo de mitoloxía proposto dende a Biblioteca Escolar, na aula de 3 anos fixemos estes trasnos para felicitar o Novo Ano!

Estampamos a pegada dos nosos pés, punzamos o gorro e debuxamos as partes da cara, mans e pernas. Preme aquí para vernos.

Tamén agasallamos aos nosos profes cun trasno, como nos gusta sorprendelos!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet