Gracias a este fantástico vídeo podemos mostrarvos a fermosa experiencia que vivimos ao asistir ao concerto de Najla Shami na Casa da Cultura, onde interactuamos en todo momento, con pandereteiras, bailarín e bailarina incluídas.
Gracias a este fantástico vídeo podemos mostrarvos a fermosa experiencia que vivimos ao asistir ao concerto de Najla Shami na Casa da Cultura, onde interactuamos en todo momento, con pandereteiras, bailarín e bailarina incluídas.
Hoxe pechamos as actividades organizadas para a SEMANA DE ROSALÍA no colexio coa fantástica actuación na casa da Cultura de Najla El Shami, cantándonos cancións do seu último disco Na língua que eu falo, onde aparecen misicados poemas desta grande escritora galega.
Cantamos, bailamos e acompañámola con pandereitas e cunchas!!!!
Para ver isto preme na seguinte imaxe
Saímos no xornal Correo Gallego para dar a coñecer a toda a Comunidade Educativa as nosas actividades....
Informámoslles que o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o novo alumnado no CEIP de Arzúa é do 1 ao 20 de marzo, según o disposto na Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013).
Na Secretaría do Centro dispoñen da información necesaria así como dos impresos de solicitude de admisión e a documentación requerida, que poden retirar dentro do horario escolar, ou descargar dende aquí:
Así recordamos a Rosalía de Castro na aula de 3 anos...
Un 24 de febreiro de 1837 naceu unha muller moi importante na nosa Literatura Galega, Rosalía de Castro.
No CEIP de Arzúa querémolo celebrar ao grande cun programa de actividades moi diverso e completo ...
Nada maís entrar no colexio, tamén temos un fermoso mural adicado a este acontecemento relacionándoo como tema troncal propostao pola Biblioteca, A Mitoloxía
Tamén no corredor de Educación Infantil os maís cativos do colexio adornárono fantásticamente xenial...
Agasallando a todo o noso alumnado cun fermoso marcapáxinas alusivo a esta celebración onde a nosa mascota Marela, tamén, sente predileción por esta escritora.
QUERÉMOSTE E LÉMOSTE ROSALÍA!!!!
Para celebrar o Día da Amizade o 14 de febreiro escribimos unhas cartas adicadas a quen eleximos libremente.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |