Día da Paz 2015

No Día da Paz quixemos recordar o sudecido estes días en Francia na revista "Charlie Hebdo". Por isto, o alumnado decorou un LÁPIS POLA PAZ, xuntos cantamos para conmemorar o Día e agasallar aos nosos compañeiros e compañeiras coas nosas creacións...cargadas de ledicia, deporte, axuda, paisaxe, cooperación, froita, solidariedade, mitoloxía e de moito, moito respecto.

.

 

 

Viaxe á neve

Os días 9, 10 e 11 de febreiro algúns dos nenos e nenas de sexto curso realizarán unha viaxe á Estación de Esquí de San Isidro (León), para poder aprender e practicar un novo deporte

Aquí tedes o itinerario que seguirán

Esforzo, ilusións....

 

Este sábado os nosos deportistas participaron na fase zonal do Campionato de Campo a Través que tivo lugar en Santiago.

Cheos de ilusión e sen medo ao frío e a chuvia, demostraron unha vez máis a súa deportividade e o seu compañeirismo.

Parabéns a todos os atletas que nos fixéstedes partícipes, tanto aos papás como aos profes, do voso esforzo e espíritu de sacrificio, demostrando que o DEPORTE forma parte da nosa EDUCACIÓN.

Mirade, mirade que grandes deportistas....

Preme aquí para ver o resto das imaxes....

CONTO DA MITOLOXÍA CELTA

Escollemos agora unha historia da mitoloxía celta que atopamos no libro "DRUÍDAS, DEUSES E HEROES DA MITOLOXÍA CELTA". A biblioteca da escola conta con dous exemplares.

A historia é sobre:

e conta:

 

BANCO DE SEMENTES

Yupiiiiiiiii!!!!
Chegou unha nova carta da nosa fermosa mascota Marela...

                                                                      Témola que axudar!!!
 
 
 
E para iso temos que cubrir esta ficha
 
 
 
que logo serán archivadas nun marabilloso moble na entrada do colexio para poder seren consultadas por calquera membro da Comunidade Educativa.

CONTOS MITOLÓXICOS

A procura da fantasía e fascinación da mitoloxía doutras terras, atopamos unha coleción de edicións xerais que nos recrea nese mundo maravilloso.

Un conto que aparece no libro "Heroes, monstros e outros mundos da mitoloxía rusa" é o seguinte:

 

a continuación outro da mitoloxía china do libro "Deuses, Dragóns e heroes da mitoloxía china":

 

Deportes de inverno

Durante esta semana, na aula de 3 anos, estivemos coñecendo algún DEPORTE DE INVERNO. En vista de que non nevou en Arúa decidimos crear a nosa propia pista de esquí. 

Primeiro, coloreamos uns esquiadores para despois colocalos sobre a neve. O certo é que nos costou dedicir como facer as montañas, tiñamos un montón de ideas...pero, tras DIALOGAR un anaco atopamos unha SOLUCIÓN...empregar papeis e pezas das construcións que temos na aula. Entre todos conseguimos que estes esquiadores o pasen estupendamente nesta branca paisaxe!!

 

 

 

 

 

 

Aquí tedes un vídeo que vimos na aula para aprender un pouco máis sobre o ESQUÍ

 

AlimentaT- ben!

 

 

Os nenos e as nenas de catro anos seguen aprendendo moitas cousas sobre hábitos de vida saudable. Mirade canto traballaron para facer esta roda de alimentos sans, na que nos recomendan alimentarnos ben e facer moito deporte!! Eu vou seguir o seu consello, e vós?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO MITOLÓXICO 2015

Xa tivemos a segunda reunión trimestral do terceiro nivel para tratar sobre todo dous temas, a avaliación e o entroido...
 
Foi todo xenial grazas a asistencia e colaboración dos pais fantásticos e comprometidos coa educación e formación dos seus fillos e fillas..É unha gran sorte poder contar con esta axuda para poder obter un proceso de ensino-aprendizaxe de moita calidade en beneficio dos fabulosos alumnos e alumnas cos que contamos, unha boa materia prima que está no camiño de desenvolverse pouco a pouco.
 
Os disfraces serán elaborados polas familias en tea seguindo o modelo proposto na seguinte presentación dependendo do personaxe que lles toque...
 
Vai quedar de MITOLOXÍA!!!!
 
 

                   

GRAZAS POR FACER ISTO POSIBLE!!!!

UN MUNDO DE MITOS GREGOS

 
 
Unha tarefa familiar para fomentar a creatividade e o uso dos nosos coñecementos, a través da investigación.
 



Xa empezaron a chegar os primeiros seres mitolóxicos en coador...
         
                                                                 ¡¡¡IMPRESIONANTES!!!


E senón mirade...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Powered by Drupal - Design by artinet