Entroido dende a Biblioteca Escolar

Dende a Biblioteca conxuntamente con Actividades Complementarias e Extraescolares e o Equipo de Normalización Lingüísitca organizamos o Antroido Medieval do CEIP de Arzúa 2009 que grazas ao profesorado e membros da comunidade educativa resultará sempre positivo para o alumnado.

A micoloxía no cole

Coa chegada do outono comezaron a aparecer os primeiros fungos do contorno. Despois de facer varias saídas...o alumnado fixo unha recolleita das distintas especies . Mira que bonito!

micoloxia1.PNG

Xogos educativos

 

Para disfrutar dos xogos educativos do portal da Xunta pincha na imaxe.

A nosa visita ao Parlamento Galego

Os nenos do 2º ciclo disfrutaron ,¡xa veredes!, da visita ao Parlamento un día pola mañá do primeiro trimestre.

DSC01243.JPG

CHEGOU O ENTROIDO!

En tempos de entroido veu visitarnos esta fermosa dama da época medieval. Está a facernos pasar un bo entroido, pois cada día convídanos a traer un adorno, estas son as consignas que nos deu:

LUNS: turbante,  MARTES: colar, MÉRCORES: pluma, XOVES: cinturón, VENRES: todo.

MENÚS SAUDABLES

      Arzúa (A Coruña), 12 de febreiro de 2009

Os comensais do Comedor Escolar do CEIP de Arzúa participarán tamén este ano na campaña de promoción do consumo de produtos do mar, “Uhmm..... peixe!!”

A titular de Pesca, Carmen Gallego Calvar, xunto coas responsables de Educación, Laura Sánchez Piñón, e de Sanidade, María José Rubio Vidal, presentou no CEIP de Arzúa (A Coruña) as actuacións que está previsto desenvolver no marco desta iniciativa ao longo do ano 2009, en concreto entre os meses de febreiro a maio e de outubro a novembro. Ademais participaron xunto cos escolares deste centro, no xantar a base de peixe que se lles ofrece no marco desta iniciativa.        ver máis >>    Os parabéns para a encargada   << Menús saudables

CIENCIA: a árbore xeada

Na aula de 5 anos convertémonos en pequenos científicos para crear unha ÁRBORE XEADA!

Para iso precisamos: 

-base de plástico        -lupa        -árbore de cartón (con tinte verde nas puntas)       -solución máxica(alumino potasio sulfato)

Cando xa tiñamos todo listo, colocamos a árbore na base de plástico e a profe Rocío botoulle a solución máxica con moito coidado. Tivemos que agardar un pouquiño, e puidemos ver como a nosa árbore medraba e medraba e as súas pólas convertíanse en pequeniños cristais que miramos ca lupa para velos mellor.

Canto máis tempo pasaba máis medraba a nosa árbore!!

Deixamos unhas fotos para que vexades o cambio.

FANTASMÍN

Para entreterte coas actividades de fantasmín pincha aquí.

A EDUCACIÓN FÍSICA EN INTERNET

Con esta páxina queremos que poidades aprender xogando os contidos da Area de Educación Física.

Aprender coas TIC

Os máis pequenos de infantil encántanos aprender co ordenador, por iso nesta páxina a profe nos vai poñer os enlaces dalgunhas páxinas para que poidamos aprender e xogar .Aceno

Enlaces

Powered by Drupal - Design by artinet