5 anos

PORTADA DE "CANTARES GALLEGOS" DESEÑADA POLO ALUMNADO DE E. INFANTIL 5 ANOS

De "Cantares Gallegos" fixéronse moitas edicións e con portadas variadas.

O alumnado de E. Infantil de 5 anos atreveuse a deseñar a súa propia portada deste libro de Rosalía de Castro.

Mirade que ben lles quedaron!!

 

                           

DESCUBRINDO HISTORIAS DO PAZO DE BRANDESO

Este venres, 8 de febreiro, seguindo coas actividades da "Aula por parroquias", descubrimos moitas anécdotas e historias da vida do pazo de Brandeso, grazas á colaboración desinteresada de Moncho. Este home é unha persoa afable que nos deleitou coas súas lembranzas; historias que lle contaba a súa avoa, que traballou neste pazo, e que non aparecen recollidas en ningún libro.

Nesta aventura acompañáronnos os nenos e nenas de Infantil 4 anos-B, que tamén viñeron coa súa mestra Finita escoitar estes relatos.

Grazas Moncho por estes minutos tan fermosos que nos regalaches!!

 

ANIMAIS

Imos coñecer distintas especies de animais,

Visita á aula de 1ºA

Hoxe, os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha visita moi importante. Fomos coñecer un pouquiño máis unha aula de 1º...xa nos falta menos para comezar a primaria.

Decidimos ir a 1ºA, e alí recitáronnos unha preciosa poesía pensada por eles e endulzáronnos o día cunha ricas piruletas. Nós, en agradecemento, cantámoslles unha canción medieval, gustounos moito estar con eles. Estamos desexando volver!!!

Graciñas aos compis e a profe Rosa por acollernos tan ben e facernos pasar un bo rato!

Para ver algunhas fotos do momento pinchade aquí.

Vai de bufóns

Adiviñades quenes son estes bufóns? Pinchade na foto e poderedes descubrilo.

Se vos apetece sacarvos unha foto coma esta, o bufón está a disposición de todos e todas para facelo. Animádevos!

Enlaces fotos

Dinosaurios na aula de 5 anos

Estos días na aula de 5 anos estivemos investigando e aprendendo moito sobre os dinosaurios, din algúns científicos que se extinguiron pola erupción dalgún volcán, mirade no vídeo que fixemos nós!  Para descargalo pincha aquí

sentímolo, flash non está dispoñible.

A granxa medieval

Na aula de 5 anos estamos traballando a unidade dos animais, mirade neste vídeo como eran as granxas na idade media!!

Entroido na aula de 5 anos

Se queres ver como festexámolo entroido na aula de 5 anos só tes que ver as fotos da galería pinchando aquí.

Powered by Drupal - Design by artinet