DESCUBRINDO HISTORIAS DO PAZO DE BRANDESO

Este venres, 8 de febreiro, seguindo coas actividades da "Aula por parroquias", descubrimos moitas anécdotas e historias da vida do pazo de Brandeso, grazas á colaboración desinteresada de Moncho. Este home é unha persoa afable que nos deleitou coas súas lembranzas; historias que lle contaba a súa avoa, que traballou neste pazo, e que non aparecen recollidas en ningún libro.

Nesta aventura acompañáronnos os nenos e nenas de Infantil 4 anos-B, que tamén viñeron coa súa mestra Finita escoitar estes relatos.

Grazas Moncho por estes minutos tan fermosos que nos regalaches!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet