Samaín

...e por fin chegou a noite do Samaín ou Halloween.

Antes de nada, graciñas ás familias por achegarnos as cabazas que nos fixeron poñer os pelos de punta cos sustos que levamos...están xenial!

Ademáis de cabazas, ao longo desta semana atopamos no cole todo tipo de seres terroríficos nos recunchos máis insospeitados.

Para ver as fotos de como festexamos o Samaín preme na foto

 

Deixovos un conto para que sigades pasándoo de meeeedoooo ...

En tempo de castañas

Estamos no mes de outubro e xa é tempo de castañas. A proba témola no cole, pois estes días estanos a visitar unha castañeira con moita arte chamada Froilana (din que veu dende terras lucenses!!)

O vindeiro venres dia 30 celebrarémolo magosto, así que Froilana está a agardar as vosas castañas para poder comelas asadiñas e quentiñas. Tampouco vos esquezades de traer cabazas, xa que se achega o Samaín ou Halloween e pode que acontezan cousas terrorificamente máxicas!!

 

O blog das TIC en infantil

As nenas e os nenos de infantil temos un "blog" para compartir con todos vos as artistadas que creamos e cas que  aprendemos na hora das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación)

Non deixedes de visitarnos e de deixar os vosos comentarios.

Pincha na imaxe para ir ao blog

Vincent Van Gogh

Un pouco de arte para mirar, escoitar e sentir!

JOÁN MIRÓ, UN PINTOR SURREALISTA

 

SÓ NECESITAMOS METROS DE PAREDE, UNS QUILOS DE PINTURA E...MOITA IMAXINACIÓN

YES WE CAN!

Imagen-208_580x435.jpg

Contos para falar

O pasado xoves día 8 os nenos e nenas de 4 e 5 anos e o primeiro ciclo de primaria fomos á Casa da Cultura de Arzúa  para desfrutar dunha sesión de contacontos da man do Equipo Rodeira, na que ademáis de escoitar, tamén cantamos e bailamos.

Ao rematar agasalláronnos cun conto e un CD para recordar as cancións que nos ensinaron!!!

Para ver algunha imaxe do ben co pasamos preme aquí

 

Imos á opera

No mes de novembro o alumnado de primaria irá ao Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) a ver unha versión do conto A Cincenta feita ópera polo grande compositor Rossini.

Asistir a unha representación de ópera en directo é a mellor maneira de entender e disfrutar desta forma de arte total. Ese día contaxiarémonos dos sentimentos e das emocións das persoaxes a través da música,...estamos desexando ir xa!!

Mirade na táboa os días que irá cada curso:

1º e 2º curso de primaria  10 novembro
 3º e 4º curso de primaria  9 novembro
 5º e 6º curso de primaria  11 novembro

Deixámosvos un pouco de ópera para que vaiades entrenando o oído (está en italiano pero nós verémola en castelán)

 

 

Parabéns para a biblioteca

OS LIBROS MODERNOS AVANZAN QUE É UNHA BARBARIDADE, E SOBRE TODO DENDE QUE NO CEIP DE ARZÚA TEÑEN PASIÓN POLA ARTE MODERNA.
OLLADE LOGO!

Noteboek from Evelien Lohbeck on Vimeo.

 

 

Estamos de parabéns!! Este ano conseguimos, por fin, entrar no "plambe", isto danos moitos máis ánimos (e tamén cartos) para seguir traballando. Imos facer da biblioteca un novo espazo con  novo mobiliario, decoración, ordenadores,....un pouco de todo ata que nos cheguen os cartiños.

Recordades que o ano pasado traballamos a idade media?? Pois este ano imos darlle un grande contraste. Apostamos todos e todas pola ARTE MODERNA, veremos moitos Miró, Kandinsky, Luis Seoane, Granell, Botero, Laxeiro, e moitos máis!!

Así que, durante este curso preparádevos para investigar con tódolos medios, tanto escritos como multimedia, sobre a arte moderna, empezando pola nosa terra, na que hai moito que ver!!!

AS DISTINTAS RAZAS E CULTURAS NO PRIMEIRO CICLO

Con motivo do 1º tema de Coñecemento do Medio onde imos tratar as distintas razas  e culturas no mundo pregamos a súa colaboración unha vez mais.

O primeiro ciclo propón a elaboración dunha personaxe dunha raza ou cultura que o neno /a elixa  partires dun cucharón de madeira .

Pódese utilizar todo tipo de material sempre que se tome como base o cucharón de madeira.

Se houbese algún problema non dubide en poñerse en contacto con calquera dos mestres titores deste  ciclo.

Sen mais agradecerlles o seu tempo e adicación sen esquecer que se trata para o ben dos seus fillos/as.

Un saúdo.

INDIA CUCHARÓN.jpg

INFORMACIÓN SOBRE A "GRIPE A" PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

PROTOCOLO E INFORMACIÓN SOBRE A  " GRIPE A " NA COMUNIDADE EDUCATIVA

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/Conselleria/PROTOCOLO_gripeA.pdf 

Á espera dunha nova circular informativa sobre o seguimento e as actuacións previstas sobre o tema, trasladamos a información dispoñible ata o momento para a comunidade educativa do Centro.

 

http://www.sergas.es/MostrarContidos_Portais.aspx?dPaxina=62535

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=62566   

para os pais: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=62601 

e para os nenos http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=63000

http://www.edu.xunta.es/portal/

www.galiciasaude.es/gripe

http://www.msc.es/

www.educacion.es

 www.who.int/es

Powered by Drupal - Design by artinet