FESTEXAMOS O DIA DO LIBRO!!

 

LENDAS MEDIEVAIS

Dende a biblioteca, seguindo co tema do Medievo, e de carra a traballar todos os aspectos do Currículo propoñemos:

Que nas aulas, nas vosas casas, así como na biblioteca, vos animedes a les as LENDAS MEDIEVAIS quena seleccionamos e tedes colocados nos expositores e tablóns do centro.

 Seredes nomeados Cabaleiros da "REAL ORDE DE CABALEIROS LECTORES DAS LENDAS MEDIEVAIS"

 Requisitos:

 -É imprescindible les 2 lendas mínimo co visto e prace do titor. Nesta semana farase entrega do diploma que confirma o nomeamento.

Diploma da orde dos lectores do CEIP de Arzúa

View more documents from orballo.

Elaboración do libro-glosario

  Mirade canto traballamos na biblioteca!
Co obxectivo de aprender  vocablos da Idade Media, buscar e anotar o seu significado elaboramos  este libro-glosario.
Nel, participou todo o alumnado do colexio buscando verbas do máis curioso, relacionadas co tema do medievo. Nas súas páxinas hai un recuncho para a música, para os oficios, o castelo, o Camiño de Santiago, e unha morea de cousas máis!
Pero non só esbribimos senón que tamén decoramos co estilo e cores da época.
Se queredes ler e ver o libro-glosario non tedes máis que achegarvos a nosa biblioteca,
Estades todos e todas convidados!

web axeitada a TXD ou Deficiencia Mental

 

 

Esta páxina consta de vídeos , xogos , cancións, contos ...para traballar con este alumnado e alumnado de EI .  A páxina pódese descargar en lingua castelán ou en lingua inglesa polo que tamén se pode practicar o inglés con ela.

 

ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL

Quenes nos veñen visitar?

Nos meses de Abril e Maio imos ter moitas visitas que, seguro, nos van encantar. Miradeo no cadro!

CANDO VEN?  QUEN VEN?
A QUE CICLO VEN?
 Xoves 16 de Abril

TEATRO: CASA HAMLET

-Infantil

1º e 2º ciclo primaria

 Venres 17 de Abril
 Visita da escritora: AN ALFAYA

3º ciclo de primaria

 

Luns 20 de Abril

CONTACONTOS

 3º ciclo de primaria
 Martes 12 de Maio
 Visita da escritora:FINA CASALDERREY
 3º ciclo de primaria
 Venres 15 de Maio
 Contacontos: MARIO TOMÁS

-Infantil

1º e 2º ciclo primaria

 

REDE DA ORIENTACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA



A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou a Rede de Orientación Educativa en Galicia onde se especifícan os recursos no servicio de Orientación Educativa.

Roegal

XII XOGOS DE PRIMAVERA NO CEIP. DE ARZÚA

   Xa están aquí os XII XOGOS DE PRIMAVERA nos que participaremos con equipos das distintas clases en fútbol, minibasket e brilé e tamén de xeito individual en xadrez. Ánimo e a participar todos e todas como xogadores e xogadoras,  árbitros e espectadores!.

Dinosaurios na aula de 5 anos

Estos días na aula de 5 anos estivemos investigando e aprendendo moito sobre os dinosaurios, din algúns científicos que se extinguiron pola erupción dalgún volcán, mirade no vídeo que fixemos nós!  Para descargalo pincha aquí

sentímolo, flash non está dispoñible.

Contacontos plan valora

Como xa saben os nenos e nenas do 1º ciclo pertencen ao Plan Valora. Tiveron unha actividade que eu, persoalmente creo que lles gustou moito, un contacontos chamado Fran veu a darlles unhas pequenas noción sobre o monte e o seu aproveitamento, así como tamén a aprender a non destruilo, sen el non podemos vivir.

Se queren disfrutar  vendo  como eles e elas puxeron o máximo interese pinchen aquí

100_3571.JPG

BOLETÍN TIC Nº5

NOVO BOLETÍN TIC DO CEIP DE ARZÚA (2º TRIMESTRE DO CURSO 2008-2009.

Powered by Drupal - Design by artinet