Remate curso webs dinámicas

 

Hoxe, 4 de marzo, finalizan as sesións sobre webs dinámicas impartidas por ÁlvaroPerez Vilariño, mestre no IES Manuel Garcia Barros da Estrada.

O grupo que asistimos as mesmas, queremos agradecerlle o seu tempo, a sua paciencia e os coñecementos transmitidos, xa que grazas a esto poidemos poñer en marcha a web do noso centro.

Glosario Medievo

                

Non podía faltar como resumo do traballo do Medievo, a elaboración dun gran libro-glosario. Os alumnos-as das distintas titorías, escriben nun pergamino o significado de palabras relacionadas co tema elexido e visitarán a biblioteca para incluilas no glosario. .

Fotos Antroido

Xa están a vosa disposición as fotos deste antroido. Para velas pinchade aquí

CIRCULAR DE SOLICITUDE DE ADMINISIÓN PARA O CURSO 2009-2010

 

    Informáselles que o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o novo alumnado no CEIP de Arzúa é dende o 1 ao 31 de marzo, segundo o disposto na Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG 10/03/2007)Na Secretaría do Centro dispoñen da información necesaria así como dos impresos de solicitude e formalización de matrícula, que poden retirar dentro no horario escolar. Igualmente poden dispoñer tamén deles a través da internet, na súa páxina web:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdearzua/ no apartado de Secretaria, dentro da sección de matrícula ou solicitudes.Para que así conste aos efectos de notificación asina a presenten en

Arzúa a 2 de Marzo de 2009

 O Director Asdo: Jesús Lojo Dávila

RESERVA DE PRAZA, SOLICITUDE DE ADMISIÓN E FORMALIZACIÓN DA NOVA MATRÍCULA PARA O CURSO 2009-2010

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO  2009-2010.    

SOLICITUDE DE ADMISIÓN  NO CENTRO                            

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA                                  

Os prazos para os tres trámites mencionados son:   

Reserva de praza no centro de adscrición (IES de Arzúa) 1 a 15 de febreiro
Sorteo público de dúas letras para desfacer posibles empates 3 de marzo
Publicación de vacantes 1 de marzo
Presentación de solicitudes Do 1 ao 31 de marzo
Presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión (se hai máis demanda que oferta) Do 1 ao 20 de abril
Publicación provisional das listaxes de admitidos e non admitidos Antes do 30 de abril
Reclamación ás listas 5 días hábiles
Publicación definitiva de admitidos e non admitidos Unha vez resoltas as reclamacións
Formalización da matrícula Do 20 ao 30 de xuño

  Lexislación                             

UN PASAEO POLA IDADE MEDIA

                                                                         

Este curso, estamos traballando como tema central no cole O MEDIEVO. Por iso, queremos descubrir moitas das cousas que aconteceron nesta época.  Só tedes que pinchar na imaxe para poder divertirvos cun proxecto que elaboraron nun colexio de Asturias a través do  que pretenden achegar o mundo medieval aos máis pequenos. Disfrutádeo e aprendede moito!!

Entroido dende a Biblioteca Escolar

Dende a Biblioteca conxuntamente con Actividades Complementarias e Extraescolares e o Equipo de Normalización Lingüísitca organizamos o Antroido Medieval do CEIP de Arzúa 2009 que grazas ao profesorado e membros da comunidade educativa resultará sempre positivo para o alumnado.

A micoloxía no cole

Coa chegada do outono comezaron a aparecer os primeiros fungos do contorno. Despois de facer varias saídas...o alumnado fixo unha recolleita das distintas especies . Mira que bonito!

micoloxia1.PNG

Xogos educativos

 

Para disfrutar dos xogos educativos do portal da Xunta pincha na imaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet