Comezamos!

O novo curso escolar 2009-10 xa está aquí!  Por iso, os mestres e as mestras do CEIP de Arzúa queremos darvos a benvida.

Despois do grande éxito, do curso pasado, mergullados na época medieval, a partir de hoxe imos deixar voar a nosa imaxinación para converternos en grandes...artistas modernos!

Tede todas e todos un bo comezo!!

 

CALENDARIO DA ACTIVIDADE DE NATACIÓN DENTRO DA EDUCACIÓN FÍSICA

Ver a imaxe a tamaño completoPODEDES  CONSULTAR O CALENDARIO DE QUENDAS DA  NATACIÓN NA PISCINA MUNICIPAL DO CONCELLO DE ARZÚA PARA O CEIP DE ARZÚA. Acudiremos a ela empregando  os accesos dende o recinto escolar e voltaremos do mesmo xeito, polo que é convinte que nos días de choiva veñamos ao colexio cun chuvaqueiro ben grande e/ou paraugas.

Ver a imaxe a tamaño completo

 

 

 

PRINCIPAIS NOVIDADES DE INTERESE PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2009-2010. Nota informativa para as familias do alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria. Ante as constantes demandas de información e consultas relativas á compra dos libros de texto do vindeiro curso escolar no Centro, trasladamos un resumo da información aportada pola Dirección Xeral de Centros adiantando  as novidades previstas nos libros de texto para Setembro: “A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas….


  • A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno.
  • Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
  • A bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.

A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos.”

Visita á aula de 1ºA

Hoxe, os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha visita moi importante. Fomos coñecer un pouquiño máis unha aula de 1º...xa nos falta menos para comezar a primaria.

Decidimos ir a 1ºA, e alí recitáronnos unha preciosa poesía pensada por eles e endulzáronnos o día cunha ricas piruletas. Nós, en agradecemento, cantámoslles unha canción medieval, gustounos moito estar con eles. Estamos desexando volver!!!

Graciñas aos compis e a profe Rosa por acollernos tan ben e facernos pasar un bo rato!

Para ver algunhas fotos do momento pinchade aquí.

Taller con Sisi

Os nenos e nenas de 4 anos B, fixemos unhas fermosas caixas para agochar os nosos

segredos, e decoramos as bolsas para levalas para a casa. Empregamos diferentes técnicas

guiados por Sisi, a nai da nosa compañeira Antía Vázquez.

Gracias Sisi, pola túa colaboración e polo teu tempo. Contamos contigo para o vindeiro

curso. Para ver as fotos pinchade aquí.

Programa de Educación Vial para Infantil

 Os alumn@s de infantil traballamos neste curso a Educación Vial. 

Se queredes seguir disfrutando coas distintas actividades e animacións pinchade aquí

Excursión a Marcelle

Os nenos e nenas de infantil viaxamos ata Marcelle Natureza (Outeiro de Rei-Lugo) para poder ver de preto dromedarios, cebras, coatí, canguros, linces,...e moitísimos animais máis.
Tamén había alí un río polo que chegan en canoa os indios e  portas e árbores máxicas! Fascinante!

AVES DE RAPINA NO CEIP DE ARZÚA

Pechando o programa das Letras Galegas no CEIP. de Arzúa vimos as aves de rapina tan preto de nós que voaron dende os nosos puños. Unha experiencia para non esquecer e para reter na nosa retina algún tempo.

Podemos ver unha escolma das fotografías na nosa páxina de fotos. E tamén moi pronto poderemos ollar un pequeno video sobre a xornada na que apreciaremos o voo das aves. 

Cumpreanos 2º trimestre 4 anos B

 

OS nenos e nenas de 4 anos B celebramos os cumples do 2º trimestre. Para ver as fotos pincha aquí.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2009 NO CEIP. DE ARZÚA

PODEMOS OLLAR O PROGRAMA DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS coas actividades programadas para cada un dos ciclos educativos, así como os seus horarios e calendario. Agardamos que sexan de interese para a comunidade educativa. RAMON-PIÑEIRO

Powered by Drupal - Design by artinet