XIX Congreso FEPAL.

Os días 25, 26 e 27 de Xuño terá lugar en Valencia o XIX Congreso da Federación Española de Profesores de Audición e Linguaxe. Para máis información podedes ir a http://www.apalcv.org/

BULLY DANCE (Danza del acoso)

Bully Dance é un corto non verbal feito con caricaturas que ten como tema a identificación da intimidación  a  victimas escollidas e as estratexias de comportamento. Producido por National Film Board of Canada/UNICEF.

Para ver a partir dos sete anos

http://www.youtube.com/watch?v=GPtT-5SAb9U

Outro sitio onde podedes ver o vídeo completo é o seguinte pero necesitades Real Player (pódese instalar de foma gratuita)

http://www.edu3.cat/Edu3tv/Fitxa?p_id=17243

 

 

Unha proposta didáctica para traballar  cos alumnos é :


Vídeos do partido de minibasket

Se coas fotos non imaxinades a emoción do partido de minibasket...aquí tedes aos equipos en movemento.

PODEDES OLLAR OS SEIS VIDEOS, UN TRAS OUTRO, CLICANDO CO RATO SOBRE O BOTÓN DE DESPRAZAMENTO:

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Partido Minibasket: equipo alevín Vs profes

Hoxe, xogamos no colexio un partido de minibasket entre o equipo alevín e os profes. O marcador quedou así:

     EQUIPO ALEVÍN                PROFES
                  31
                     30

Foi un encontro moi divertido e do máis reñido pois ámbolos dous equipos tiñan xogadores e xogadoras do mellor! Do mellor foron tamén a arbitro, o encargado dos marcadores e as afeccións que estiveron animando e enviando boas enerxías durante todo o partido.

Como non pode ser doutro xeito os profes queremos dar dende aquí a nosa máis sincera noraboa ao equipo alevín, sodes os xustos vencedores polo voso bo xogo, pola vosa ilusión e polo compañerismo que nos demostrastedes...seguide así campións! 

Se pinchades nestes enlaces poderedes ver un pouco máis do partido: FOTOS        

SAÍDA DE 5ºA E 5ºB AO ABELLEIRO E CENTRAL ELÉCTRICA EN DOMBODÁN

As rapazas e rapaces de 5º nivel poidemos disfrutar  dunha saída educativa, e tamén de actividades de lecer ao longo de todo o día en Dombodán, visitando a "Central Eléctrica e o Museo Vivente do Mel". Visitamos tamén a área recreativa do embalse, a capaela de o muiño da Fontesanta. Podedes ollar as fotografías de toda a xornadadende aquí. 

QUEN NOS VISITOU?

Unha das actividades para motivar os alumnos/as é que coñezan os autores e ilustradores dos libros que están a ler.

!  Hai que ver como lles gusta sentirse preto deles e que lles asinen esas historias que tanto os fan pensar e imaxinar mundos de fantasía.... !

Queredes saber quen pasou? Pincha  aquí

.

Nova web dos EOEs con enlaces interesantes

E.O.E.s

http://centros.edu.xunta.es/contidos/eoe/

Para buscar información sobre os
Equipos de Orientación Específicos e información sobre diferentes necesidades educativas de atención especial: deficiencias motoras, deficiencias auditivas, visuais, conductuais, intelectuais, sobredotación...etc

O DEPORTE ESCOLAR: MINIBASKET, FÚTBOL SALA E XADREZ

Logo competición

Un ano máis participamos na campaña de Promoción do Deporte en Idade Escolar nas modalidades de minibasket, fútbol sala e xadrez dentro das categorías benxamín e alevín co fin de fomentala relación entre os nosos alumnos e os do CPI de Touro.
Nestas xornadas deportivas, que comezaron o 13 de Febreiro, os nosos equipos estrearon unha nova equipaxe, os de fútbol petos azuis e os de minibasket petos vermellos.
Dende a área de Educación Física, noraboa a tódolos/as xogadores/as pola vosa participación e deportividade así como polo traballo, o esforzo e o sacrificio do tempo dos vosos recreos para o adestramento.

Se queredes ver as fotos dos encontros celebrados tanto no CPI de Touro como no CEIP de Arzúa, pinchade aquí.

 

O LIBRO VIAXEIRO DE 1º A

Con motivo da profesión de escritor/a e ilustrador/a, os nenos e nenas de 1º A van facer un libro titulado O NOSO LIBRO VIAXEIRO onde cada un fará o seu conto co personaxe que lle sexa asignado e para a súa ilustración poderá empregar a técnica que elixa, a que máis lle guste ( collage, debuxo, recortes, fotografías...)

A nova, en primicia , é que o de viaxeiro vai polo de ir de casa en casa para facer esta profesión de escritor e ilustrador axudados , como ata agora, pola insustituible colaboración de pais e nais. Cada neno/a terá unha semana, de venres ao seguinte luns para facer o seu conto e ilustralo, claro está. Rematado ese prazo traerá de novo o libro viaxeiro para que o leve outro compañeiro/a e así sucesivamente ata que o fagan os catorce fantásticos alumnos e alumnas desta clase.

Cada conto non pode ocupar máis dunha páxina polo dous lados. Así ao remate desta actividade terán un libro feito por eles mesmos, escrito e ilustrado , un gran mérito profesional, que é iso o que se pretende

Estou segura que o noso libro viaxeiro vai ser un éxito!

libro viaxeiro.jpg

Os do 1º Ciclo fomos de excursión ao Enredo do Abelleiro, sí, sí facer de apicultores

Os nenos e nenas do 1º ciclo fomos de excursión ao Enredo do Abelleiro, en Dombodán, a traballar, que digo ,aprender un pouco da profesión de apicultores, para entender mellor a apicultura como aproveitamento do monte: as abelliñas pasan mil e un traballos para que nos poidamos tomar ese preciado tesouro, o mel.

Se queredes saber algo non tedes máis que preguntarnos aos nenos e nenas que para iso puxemos moito interese!

Para velo reportaxe fotográfico non tes máis que pinchar aquí

431.JPG

Powered by Drupal - Design by artinet