O DEPORTE ESCOLAR: MINIBASKET, FÚTBOL SALA E XADREZ

Logo competición

Un ano máis participamos na campaña de Promoción do Deporte en Idade Escolar nas modalidades de minibasket, fútbol sala e xadrez dentro das categorías benxamín e alevín co fin de fomentala relación entre os nosos alumnos e os do CPI de Touro.
Nestas xornadas deportivas, que comezaron o 13 de Febreiro, os nosos equipos estrearon unha nova equipaxe, os de fútbol petos azuis e os de minibasket petos vermellos.
Dende a área de Educación Física, noraboa a tódolos/as xogadores/as pola vosa participación e deportividade así como polo traballo, o esforzo e o sacrificio do tempo dos vosos recreos para o adestramento.

Se queredes ver as fotos dos encontros celebrados tanto no CPI de Touro como no CEIP de Arzúa, pinchade aquí.

 

Powered by Drupal - Design by artinet