A BICI: UNHA HISTORIA SOBRE RODAS

Por fín xa chegou o día da BICI no Ceip de Arzúa, a primeira parte. A segunda despois das vacacións de Semana Santa!
 
Xosé Manuel Lamas, o presidente do Clube cicloturista do Queixo de Arzua, veu a explicarnos un pouco de historia da bici, ademáis de explicarnos outros valores deste deporte como o compañeirismo, a seguridade...un montón de cousas que escoitamos coas antenas conectadas.
 


 
Canto aprendimos!!!!!
 
 



 

SAÍDA DO TERCEIRO NIVEL

Hoxe o terceiro nivel saíu de excursión a Santiago de Compostela.

 

 
Fomos a varios sitios, un deles oa Auditorio de Galicia a unha exposición e un taller sobre Leopoldo Nóvoa
 
 



 
Logo fomos ao Museo do Pobo Galego, a visitar o Panteón dos Galegos Ilustres e o parque de Santo Domingo de Bonaval. Alí vimos o panteón onde está soterrada Rosalía de Castro.
 
 



 

NOVA CARTELERA

 
Chega a Primavera!!!
Trae os cambios correspondentes a esta estación e tamén, como non,  a nosa cartelera na entrada do colexio do PLAN PROXECTA.
 
Os tres programas nos que participamos:
 Xogade, Aliménta-T-ben e Sutentabilidade e Paisaxe

 

Detalle

BANCO DE SEMENTES I

 

A nosa mascota a Marela propuxéranos a tarefa de investigar sobre as diferentes sementes que conseguiramos coa axuda das nosas familias.

 
Pois chegou a hora! Que emoción! Por un lado, imos ir a unha aula de 5º e para máis ABALAR, cada un teremos un ordenador para nós para a procura da información do que se nos pide na ficha sobre a semente que nos toque.
O coordinador explicounos o funcioamento e as normas coas que imos traballar...
 
E logo...
 
 
 

 

 

ATENTAS E ATENTOS A ECLIPSE!!!

        Na mañá do venres 20 de marzo de 2015 producirase unha eclipse de Sol, coincidindo tamén co último día do inverno, e Galicia será un dos mellores lugares de Europa para poder observalo!.

Unha eclipse de Sol prodúcese cando a Lúa se coloca entre a Terra e o Sol e oculta toda a luz do Sol ou ben unha parte. Como a Lúa é moito máis pequena que o noso planeta, a eclipse non se produce nunca en toda a Terra. A continuación podedes ver como estarán colocados o Sol, a Lúa e a Terra para que esta eclipse chegue a ter lugar.

 

 

 PINCHA EN LER MÁIS PARA VER A EXPLICACIÓN MITOLÓXICA, CONSELLOS...

 

Semana da froita 1

 

 Comenzamos coa primeira semana da froita no curso 2014/2015, que será do luns 16 de marzo ata o luns 23. As froitas desta semana son as seguintes:

Luns 16: plátano

Martes 17: pera

Mércores 18: ameixa

Xoves 19: amorodo

Luns 23: mazá

 

 

 

Aprendemos a esquiar

Os días 8, 9 e 10 de marzo o alumnado de sexto de primaria viaxou á estación de esquí de San Isidro en León.

Foi unha experiencia extraordinaria na que aprenderon os conceptos básicos sobe o esquí...xa son todos uns profesionais!!!! Pero non so practicaron deporte, tamén fixeron grandes amizades, pois estiveron acompañados polo CPI Armando Cotarelo (Boimorto) e o Ceip Virxe do portal (Sobrado)

Estade moi atendos xa que, en breve, subiremos un vídeo da actividade. Mentras tanto aquí tedes algunha imaxe

 

 

 

 

 

 

 

Praia ou montaña?

Marela acompañou ao alumnado de sexto curso nunha saída na que visitaron a praia das Catedrais (Ribadeo-Lugo) e a estación de esquí de San Isidro en León.

De volta a Arzúa Marela non conseguia decidir que paisaxe lle gustou máis.

E ti? Que pensas? Praia ou montaña?

 

 

 

 

 

 

XORNADA MIXTA

Achegamos información sobre a implantación da xornada lectiva en sesión mixta. Poden consultala premendo aquí.

Así mesmo, recordámoslles que o vindeiro luns 16 de marzo, ás 17:05 horas na aula de audiovisuais do Centro, terá lugar unha reunión informativa para tratar o devandito tema.

XA TEMOS O VÍDEO!!!!

Gracias a este fantástico vídeo podemos mostrarvos a fermosa experiencia que vivimos ao asistir ao concerto de Najla Shami na Casa da Cultura, onde interactuamos en todo momento, con pandereteiras, bailarín e bailarina incluídas.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet