ATENTAS E ATENTOS A ECLIPSE!!!

Como xa sabedes, antes de que chegara a ciencia, a mitoloxía encargábase de dar explicacións para todo o que o ser humano non conseguía explicar, e algo tan extraordinario coma un eclipse non ía ser menos.

Segundo a mitoloxía chinesa unha eclipse se producía porque un gran dragón engulía ao Sol. Só tocando ruidosos tambores e chiflos conseguíase escorrentar a besta. Os astrónomos reais debían intentar previr os ataques do dragón, e eran castigados polo Emperador se fallaban. Din que grazas a iso comezaron o estudo dos astros, por se as moscas e por salvar a súa cabeza dos castigos do emperador.

 

A próxima eclipse solar que se verá coma total na Península será o do 12 de agosto de 2026, en tanto que o 26 de xaneiro de 2028 poderá verse outra de carácter anelar. Tamén en 2015, na noite do 27 ao 28 de setembro, haberá a oportunidade de contemplar unha eclipse total de Lúa. Polo que se non queres esperar recomendámosche que esteñas atent@ o venres 20 a estas horas:

http://www.timeanddate.com/eclipse/in/spain/la-coruna

 

Precaucións básicas:

Nunca debe observarse o Sol directamente, a simple vista ou con lentes de sol. Durante unha eclipse parcial o Sol nunca está totalmente cuberto pola Lúa e polo tanto miralo sen unha protección segura e axeitada pode danar os ollos, ao igual que sucedería nun día calquera cando non hai eclipse.

Tampouco debe observarse con filtros non homologados para a observación segura do Sol.

 

O MÁIS SEGURO: PROXECTAR A IMAXE DO SOL

É un método completamente seguro. No esquema seguinte mostramos como podes colocar un dispositivo nun telescopio ou para uns prismáticos. Podes facelo con antelación e comprobar que tal che funciona.

proyec600

 

No seguinte enlace tamén podes ver un vídeo que explica como construir unha cámara oscura para proxectar o eclipse nunha caixa de zapatos:

http://www.huffingtonpost.es/2015/03/07/eclipse-solar-20-marzo-2015_n_6815040.html?utm_hp_ref=mostpopular

 

Outros enlaces de interese son:

http://www.gciencia.com/tema/eclipse/

http://www.gciencia.com/ciencia/cinco-sinxelos-trucos-para-observar-a-eclipse/

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet