Benvida curso 2015-2016

Marela xa está lista para iniciar o novo curso. Un curso no que imos aprender un montón de cousas sobre os XOGOS OLÍMPICOS.

Comezamos!

Axudas material escolar

Ante a orde do 25 de agosto de 2015 (DOG do 1 de Setembro de 2015) ábrese o prazo para a tramitación de axudas para a adquisición de material escolar.

Para mais información, preme aquí.

Listaxe admitidos fondo solidario libros de texto

 

Premendo AQUÍ podedes consultar a listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros de texto,

para o alumnado que curse 3º ou 5º de primaria no curso 2015-2016.

¡¡¡¡¡Houbo modificacións posteriores a esta listaxe enviadas pola Consellería con data do 21 de xullo!!!!!

AVISO

Debido a problemas técnicos informáticos axenos ao centro, estamos á espera de novas instruccións por parte da UAC, para a publicación da listaxe definitiva do alumnado acollido ao fondo solidario.

Calquera dúbida poden chamar ao 698146536

OS MOUCHOS DA SORTE CON FROITA

DESEXÁNDOLLES MOITA SORTE AO ALUMNADO DE 6º QUE MARCHA PARA O IES REALIZAMOS UNS MOUCHOS DA SORTE CON FROITA DIVERSA. TAMÉN PARTICIPOU 5º A

 

 

DE NOVO AO CINE!!!!! 16.6.15

Voltamos ao cine como premio a un traballo constante e ben feito ao longo deste curso que se plasmou nos fantásticos resultados obtidos na proba de avaliación individualizada de terceiro nivel, temos un nivel alto un 75% aproximadamente.
 
Fomos a ver a película  ASTERIX Y OBELIX: LA RESIDENCIA DE LOS DIOSES en As Cancelas:
 
Primeiro vimos unha exposición sobre robots feitos con material de reciclaxe na terceira planta...INCRIBLE
 
 

 

 

 

 

 

 

Plan de Convivencia

Deixamos á vosa disposición o Plan de Convivencia, aprobado no Consello Escolar.

Preme aquí para poder velo

DIN DON!!! SOA A DESPEDIDA

   Na vida dunha persoa ocorren moitas cousas que te forman, te enchen e te fan medrar a todos os niveis, persoal e profesionalmente falando.

   Na vida dun centro ocorre exactamente igual, somos un conxunto de individuos que traballan de maneira moi coordinada e conxunta polo ben do mesmo. Este é o caso dos mestres e mestras, das colaboradoras e colaborador do servizo de comedor, do conserxe, das cociñeiras, xunto co resto da Comunidade Educativa que loitamos por iso, por ir a mellor, por lograr soños e mellorar todo aquilo que se pode interpoñer no camiño.

    Pero tamén é certo, que todo ten un final, máis que un final, un cambio de actividade ou de conxunto. Así, este curso ven cargado de despedidas POSITIVAS, surxidas a partir de cumplimentos de soños persoais...

Adeus Gabriela e Begoña! Adeus Mercedes!

Adeus Ana! Adeus Manuel!

VIVAN OS SOÑOS CUMPRIDOS!!!!!

FESTIVAL FIN DE CURSO 2015



Tocou o gran momento do Festival, onde íamos actuar e despedir aos nenos e nenas de sexto que xa se van para o instituto!!!


Todos e todas preparados, imos empezar!!!!!

Provincialeeeees!!

Traballo, esforzo, sacrificio, deportividade e moita ILUSIÓN, son os valores que defenderon os equipos benxamín e alevín de minibasquet, tanto nos entrenamentos como nos diferentes encontros deportivos.
A súa constancia no traballo e o seu espíritu de superación, levou aos nosos deportistas a participar na fase provincial de minibasquet celebrada en Porto do Son....
O responsable de despertar a ilusión polo  baloncesto e as gañas de prepararnos....???
 MOREIRA," o noso entrenador " .

Powered by Drupal - Design by artinet