ESTÁMONOS PREPARANDO!!!!!

Estamos preparando a festa do Samaín para celebrála o mércores 28, este ano adicada aos ESQUELETOS...

A entrada do cole ataviada de cor negra para simular o mundo do medo...





As portas xa están ataviadas das mellores galas samaínticas...



ATRÉVETE A ENTRAR!!!!!!


 


 

E nós facendo adornos sen parar...

CADERNO BITÁCORA DO ACUARIO:DÍA 4

Día 22 de outubro

Hoxe estivemos rematando a tarefa de ambientar o acuario paisaxíticamente falando. Votámoslle area, troncos, ánforas e un barril para lograr máis espazos onde esconderse os novos amigos que pronto xa virán para o acuario, donados por unha familia que nos quere ensinar.

Despois de dispor a area no fondo a auga quedou toda turbia , temos que agardar a que se decante e nos permita ver todo o que alí construimos...

Estámolo desexando!!!!!!!


 
     
 

XA VEN O SAMAÍN!!!!!!

Le antes esta lectura

 
 
 e logo xoga premendo na imaxe!!!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

CADERNO BITÁCORA DO ACUARIO:DÍA 3

Día 20 de outubro:


Hoxe Nacho tróuxono dunha charca e dun acuario dun amigo novos seres para meter no noso: gambas de río ( que van ser o alimento preferido dos guppis) e lombrices de auga. tamén introducimos máis materiais de madeira para crear máis espazosxunto con area, un lugar para as lombrices onde farán galerías.

 

Saída Avifauna

O pasado día 23 de outubro, todo o alumnado de Educación Infantil realizamos unha saída Avifauna. Pasámolo xenial!

Preme aquí se queres descubrir todas as aves que vimos. E a ti, cal che gusta máis?

 

 

POLO CORREO DO VENTO

Enrique Mauricio xunto a Carlos Taboada forman o grupo Polo Correo do Vento e tivemos a gran sorte  de que nos visitaran hoxe no cole aos nenos e nenas de 1º, 2 e 3º nivel cun fermoso conto "Protexendo o camiño". Que mellor actividade para o programa Paisaxe que levamos no cole que coidar o noso tesouro, o Camiño de Santiago para que perdure limpo no tempo.

A actividade tivo dúas partes, unha a narración simultánea da ilustración do conto e logo unha actividade de debuxo a nivel individual...ENCANTOUNOS!!!!!!

Mentras o escritor narraba a historia o ilustrador ia debuxando. Falaban duns peregrinos que estaban namorados. Unha peregrina estaba namorada dun inglés,  e comentouse como se saudaban os ingleses. E un peregrino dunha francesa, e tamen se comentou como se saudaban os franceses. Confesaronse o seu amor e deronse un bico a pata coxa. Os nenos riron moito e facian o xesto do latido do corazón acelerado coa man. E finalmente debuxaron un peregrino guiados polos pasos do ilustrador. Primeiro duas boliñas que foron os ollos.  Despois un c, que foi o nariz. A continuación,  o sombreiro cunha cuncha de peregrino. Posteriormente,  mediante nubes, foron debuxando as orellas e a barba.  Logo trazaron unha línea horizontal e longa onde consideraban que remataria o corpo. E finalmente trazaron o corpo, as mans e un bastón de peregrino na man dereita,  que era a que tiña adiantada, cunha cuncha de peregrino enriba.

Se queres ver máis fotos preme na seguinte imaxe imaxe

 

Opcións de comentarios

A PROCURA DA MELLORA DO COMPORTAMENTO DOS FILLOS

DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO COLEXIO INICIAMOS UN BLOG PARA TRABALLAR COAS FAMILIAS O COMPORTAMENTO DOS FILLOS NA CASA. PREOCÚPANOS COMO MELLORAR A CONDUTA DOS FILLOS.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NESTE BLOG QUE AO LONGO DO CURSO IRA REFLEXIONANDO CON VÓS SOBRE ESAS CONDUTAS QUE ÁS VECES CREAN TENSIÓN.

PODEDES VER E COMENTAR EN http://napacomporta.blogspot.com.es/

 QUE CARA POÑEMOS?

FACENDO PAISAXE

Poesía e paisaxe poden ir á par, se queres velo preme na imaxe

CADERNO BITÁCORA DO ACUARIO:DÍA1

Imos facer como un pequeno diario da formación do noso ecosistema acúatico:

 
14 de outubro:


Xa temos o acuario, reciclado dunha actividade feita fai varios ano no colexio. Lavámolo e preparámolo coa axuda incondicional do noso conserxe.
 
Enchémolo de auga e acendémolo para osixenar a auga e desfacerno dos restos do cloro. Temos que lograr unha temperatura de arredor dos 20ºC.
 
 
 
 
 
 
15 de outubro:
 
Hoxe Nacho tróuxonos dous botes de cristal cheos de material para ir desenvolvendo o ecosistema, a través do cal poidemos abservar lentellas de auga, pulgas de auga e larvas de mosquito...Como se moven!
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 
Logo tocou votalo no acuario, con moito coidadiño para que se vaia formando o hábitat que queremos para os guppis...
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Temos que traer da casa area, fango, rochas, paos...dixéronnos que cantos máis espazos creemos máis lles vai gustar ás nosas novas mascotas.
Mentras outra familia, a que nos dona os guppis estáos aclimatando para traelos a súa nova casa.
GRACIAS A VANESA; ALEJANDRO E JUANJO!!! uns novos colaboradores.
 

ECOSISTEMA ACUÁTICO

Dentro do Plan Proxecta, no programa de Paisaxe e Sustentabilidade imos por en marcha outro tipo de paisaxe moi diferente:os fondos de auga doce.
Nun acuario imos montar un ECOSISTEMA ACUÁTICO, e digo, ecosistema por todo o que conleva, xa que é un sistema natural que está formado por un conxunto de organismos vivos (biocenose) e o medio físico onde se relacionan (biotopo).
Vannos regalar uns "guppys", unha especia acuática animal do grupo dos peixes, pero antes debemos preparar o seu hábitat.

Pero para todo isto temos que investigar...

  1. Que son os guppys?
  2. Onde viven?
  3. Que necesitan para poder vivir? Hábitat, alimento...

 




Mans á obra!!!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet