DEZASETE COUSAS QUE FACER POLO GALEGO

 
O día 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano adícase a Filgueira Valverde.
 
 
 
 
 
Nós celebrámolo con varias actividades:
uns obradoiros con Moncho D´Orzán e un concerto dos nenos e nenas do cole.
 
 
 
 

 

Rematamos cantando todos e todas xuntos o HIMNO GALEGO. 

 

Foi fantástico e aprendemos moito !!!!

 

DÍA DO LIBRO

Unha vez máis chegou o gran día, o DIA DO LIBRO, grupos de nenos e nenas que nos contan aos máis pequenos moitos contos que temos na Biblioteca.

Sodes uns artistas rapaces e rapazas!!!!!!< /p>

 

Rosa cajade de Slidely by Slidely Slideshow

3ª Semana da Froita

Continuamos coa terceira semana da froita no curso 2014/2015, que será do luns 11 de maio ata o venres 15. As froitas desa semana son as seguintes:

A CIENCIA QUE CONTA 2015

O CEIP de Arzúa xa leva participando varios anos no concurso da Universidade de Vigo A CIENCIA QUE CONTA, acadando varios premios ao longo de todas as participacións ano tras ano. O premio é a publicación do conto que presenta o neno ou a nena  participante.
 
Tivemos novamente premio, o conto de Elsa foi premiado, pero para nós,  as titoras e titor participantes  de 3º e 5º A son todos moi importantes, por iso compartímolos con todos e todas vós.

 

Xeometría na natureza en Educación Infantil

Despois de ler a carta de Marela na que nos invitaba a buscar formas xeométricas na natureza, os máis pequenos do cole puxémonos mans á obra.

Concerto de Susa Herrera

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria bailamos ao ritmo de Susa Herrera. Por un momento transformámonos en elefantes, xinetes, cangrexos, e un montón de animais máis...aquí tedes un vídeo para que vexades o ben que o pasamos!!

Representación dunha obra de teatro!!!

No día de hoxe as nenas e nenos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º fumos dando un pequeno paseo pola vila ata chegar a casa da cultura, alí puidemos desfrutar da obra de teatro "A súa vida" da compañía "Leda Teatro". Era unha obra inspirada en historias e contos xa publicados na que se mesturaba o teatro, títeres, clown e contacontos.

A obra tívonos abraiados todo o tempo e contaba a historia dun neno e unha nena que desde que nacen exactamente no mesmo intre, pasarán xuntos o resto da súa vida. Na obra puidemos aprender algo moi importante que é que se damos cariño aos demais, nós tamén recibiremos cariño.

 

Aquí van algunhas fotos da obra!!!

 

 

 

 

 

 

Suspendida Charla

A charla sobre "Os riscos de Internet" que ía ter lugar hoxe no IES de Arzúa, ás 16:30 horas queda suspendida por problemas persoais do relator.

Xornadas Plan Proxecta 2015

Marela está contentísima!! Varios profes do cole participaron nas "Xornadas do Plan Proxecta 2015" onde relataron a experiencia que están poñendo en práctica co Proxecto Sustentabilidade e Paisaxe!

Noraboa a toda a Comunidade Educativa polo voso apoio e colaboración. O hurra! máis forte vai para o alumnado, xa que sodes vós o motor que move este traballo, seguide así!
"Moita xente pequena, en lugares moi pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo" Eduardo Galeano

 

Aquí están os profes no relatorio

 


 

Isto foi o que contaron

Experimentamos con sementes!!


O alumnado de Educación Infantil estamos descubrindo como nacen as plantas, como se alimentan, os coidados que precisan, e moitas cousas máis!
Así é como o estamos facendo:

Powered by Drupal - Design by artinet