Experimentamos con sementes!!


O alumnado de Educación Infantil estamos descubrindo como nacen as plantas, como se alimentan, os coidados que precisan, e moitas cousas máis!
Así é como o estamos facendo:

Na aula de tres anos sementamos  un pouquiño alpiste en vasos transparentes, o que nos permitiu ver como medraban as raíces a medida que a pranta saía da terra. Tivemos moito coidado en regalas e telas nun lugar con moita luz...sorprendeunos ver como as nosas herbas buscaban a luz do Sol, aínda que as cambiaramos de sitio elas terniman mirando cara a ventá da nosa aula.
Marela estivo contentísima no noso recanto da natureza con tanta herba.


sementes 3 anos by Slidely Photo Gallery

Na aula de 4 anos aproveitamos que estamos aprendendo un montón de cousas sobre a China para sementar arroz, pero non o puxemos en terra, senón el algodón con moita auga. Nós e o noso osiño panda estamos deseando ver os primeiros brotes!!


Sementes 4 anos by Slidely Photo Gallery

Na aula de 5 anos estivemos realizando un experimento. Sementamos de distintas maneiras: en terra, con moita auga, en algodón...e despois gardamos os nosos vasiños en distintos sitios da aula para observar que lle acontece a cada un deles. O que temos todos claro é que os que metemos dentro do armario non van medran moito, pero para averigualo aínda temos que esperar uns días...
Tamén dialogamos sobre os cambios que están a sufrir as plantas que temos na aula. A unha delas caeronlle as flores, vaia susto! pensamos que estaría enferma, pero despois de intercambiar opinións chegamos á conclusión de que seguramente esas flores caen para que lle podan crecer outras novas,...veremos o que pasa co paso do tempo.


sementes 5 anos by Slidely Photo Gallery

Powered by Drupal - Design by artinet