Aprendemos a crecer sans e fortes!

MAGOSTO 2014

Como é tradición no noso cole hoxe tocou a festa da degustación da castaña, o MAGOSTO. E tamén relacionado co tema troncal proposto pola Biblioteca, a Mitoloxía: deuses gregos, seres mitolóxicos...

Como sempre pasámolo xenial, primeiro xogando con diferentes xogos populares e logo ÑAM ÑAM!! sentadiños arredor dunha caixa, porque somos moi limpos e sensibles co coidado do medio ambiente, comemos o froito típico destas datas, a castaña.

 



TALLER DE POESÍA 3ºB


 

ROTEIRO DE OUTONO

Para ver o fantástico roteiro dos nenos e nenas de 5º e 6º preme na imaxe

 

VIVIR EN SAÚDE NO COLE EN 3º E 4º NIVEL

Hoxe día 6 de novembro tivemos un taller superfantástico para aprender un pouco máis sobre a saúde na aula de audiovisuais impartido por dous chefs dentro do programa de Xogade:

 

Samaín en Infantil

 Un ano máis, A Bruxa Maruxa veu visitarnos polo Samaín para contarnos e lernos algún contiño!!

Sorprendeunos facendo unha “rica” sopa con pelos de rato, mocos de sapo e esencia de morcego, pero…non nos decidimos a comela porque o seu cheiro resultounos un pouco noxento jujuju!! 

Despois de cantarlle algunha canción despedímola ata o vindeiro cursooooo!!!




Día da Biblioteca 2014

O pasado 24 de outubro conmemoramos o Día da Biblioteca cun agasallo moi especial para todo o alumnado e carnets novos para o servizo de préstamo de libros.

Este día, na biblioteca do cole encontráronse distintos mitos  e personaxes da man das profes Pilita e Chusa que cas súas historias conseguiron enchernos de curiosidade para seguir investigando e aprendendo sobre o tema deste curso "A MITOLOXÍA"

Preme aquí para ver máis imaxes.

CERCADO DE VIMBIO

Hoxe empezamos a facer o cierre natural de vimbio na zona onde estaba o invernadoiro anteriormente.

























 
 
Despois baixaron os nenos e nenas de 5º a rematar a tarefa para participar todos e todas xa que é un proxecto común
 



































 
QUEDOUNOS CHULO, OU NON?
 



 
 
 
 
 



 
 

PLANTAS QUE CURAN PLANTAS II

Nunha das asambleas que tivemos para seguir propoñendo actividades xurdeu a pregunta: como fariamos no caso de coidar agora as hortícolas plantadas para mantelas sans e fortes?
Sairon moitas posibilidades pero sobre todo acepatmos fabricar un nós mesmos xa que así aprenderemos máis e será máis ecolóxico...despois de investigar optamos por un estracto de ortigas.

Pois man á obra!!!!

 

 

Dividímonos por grupos as distintas fases, así o terceiro nivel encargámonos da primeira fase de recolección.

 
 


A segunda fase podémola dividir en dúas, primeiro faríamos a mestura do triturado (1 quilo de planta triturada ou cortada miudiña/ 10 litros de auga)











Xa feita mestura, temos que remexer de 20 a 25 días, como mínimo tres veces ao día, para evitar a putrefacción e favorecer a fermentación dos compoñentes da mestura. Para iso fixemos unhas quendas entre todas aulas participantes no programa...
Que cheiro Mareliña!!!!!









Turno de Educación Infantil









Turno de 3º B




 

Powered by Drupal - Design by artinet