MAGOSTO 2014
Como é tradición no noso cole hoxe tocou a festa da degustación da castaña, o MAGOSTO. E tamén relacionado co tema troncal proposto pola Biblioteca, a Mitoloxía: deuses gregos, seres mitolóxicos...
Como sempre pasámolo xenial, primeiro xogando con diferentes xogos populares e logo ÑAM ÑAM!! sentadiños arredor dunha caixa, porque somos moi limpos e sensibles co coidado do medio ambiente, comemos o froito típico destas datas, a castaña.
VIVIR EN SAÚDE NO COLE EN 3º E 4º NIVEL
Hoxe día 6 de novembro tivemos un taller superfantástico para aprender un pouco máis sobre a saúde na aula de audiovisuais impartido por dous chefs dentro do programa de Xogade:
Samaín en Infantil
Un ano máis, A Bruxa Maruxa veu visitarnos polo Samaín para contarnos e lernos algún contiño!!
Sorprendeunos facendo unha “rica” sopa con pelos de rato, mocos de sapo e esencia de morcego, pero…non nos decidimos a comela porque o seu cheiro resultounos un pouco noxento jujuju!!
Despois de cantarlle algunha canción despedímola ata o vindeiro cursooooo!!!
Día da Biblioteca 2014
O pasado 24 de outubro conmemoramos o Día da Biblioteca cun agasallo moi especial para todo o alumnado e carnets novos para o servizo de préstamo de libros.
Este día, na biblioteca do cole encontráronse distintos mitos e personaxes da man das profes Pilita e Chusa que cas súas historias conseguiron enchernos de curiosidade para seguir investigando e aprendendo sobre o tema deste curso "A MITOLOXÍA"
PLANTAS QUE CURAN PLANTAS II
Nunha das asambleas que tivemos para seguir propoñendo actividades xurdeu a pregunta: como fariamos no caso de coidar agora as hortícolas plantadas para mantelas sans e fortes?
Sairon moitas posibilidades pero sobre todo acepatmos fabricar un nós mesmos xa que así aprenderemos máis e será máis ecolóxico...despois de investigar optamos por un estracto de ortigas.
Pois man á obra!!!!
Dividímonos por grupos as distintas fases, así o terceiro nivel encargámonos da primeira fase de recolección.
A segunda fase podémola dividir en dúas, primeiro faríamos a mestura do triturado (1 quilo de planta triturada ou cortada miudiña/ 10 litros de auga)
Xa feita mestura, temos que remexer de 20 a 25 días, como mínimo tres veces ao día, para evitar a putrefacción e favorecer a fermentación dos compoñentes da mestura. Para iso fixemos unhas quendas entre todas aulas participantes no programa...
Que cheiro Mareliña!!!!!
Turno de Educación Infantil |
Turno de 3º B |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- …
- seguinte ›
- última »