Saída de outono
Carballos, landras, castañas, piñas, follas polo chan, millo, cogomelos,..isto, e moitas outras cousas, foi o que atopamos o pasado martes as nenas e os nenos de Infantil polos arredores do cole. Observamos os cambios da paisaxe coa chegada do OUTONO e...cóntovos un segredo? Houbo algún neno que viu asomar un lobiño polo bosque!!!
DE QUEN VIMOS?
Para saber de quen vimos empregamos as árbores xenealóxicas. Mirade que chulas nos quedaron!!!!
Outono mitolóxico
Un mural cargadiño de castañas elaboradas polos nenos e nenas de primeiro, anuncian na entrada do cole un OUTONO MITOLÓXICO!!
Paisaxes de outono
Chegou o outono e con el os laranxas, vermellos, amarelos, marróns...Con todas estas cores, pintaron unha paisaxe do bosque nunha noite de outono, os nenos e as nenas de 4 anos, chulisimo!!
As nenas e os nenos de 5 anos investigaron un montón sobre un elemento característico da paisaxe de outono: os cogomelos. Primeiro observaron as súas características e despois fixeron uns traballiños como reflexo do aprendido.
Na aula de 3 anos, fixeron unha paisaxe urbana pintando co pincel un montón de casas de moitos tamaños e cores distintas, pero...cal será a casa da Bruxa Maruxa? Achégase o Samaín, así que pronto o descubriremos!!
PLANTAS PARA CURAR PLANTAS I
Os primeiros días de cole
Os nenos e as nenas de 3 anos xa levan un mes conosco no cole!!
Neste video podedes ver algunhas das cousas que fan aula, e como dí a canción...CADA DÍA MELLOR E MELLOR!!
PROYECTO ECONÓMICO DE 3º
HOLA!!!!!
YA ESTUVIMOS DE NUEVO CON MATEMÁTICAS DIVERTIDAS, esta vez para hacer un menú diario para una familia de cuatro miembros disponiendo de 50 euros como máximo con ayuda de unas fichas y un folleto de publicidad de un supermercado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- …
- seguinte ›
- última »