XORNADA DIVULGACIÓN PLAN PROXECTA

Esta semana témola adicada a Xornada de Divulgación a toda a Comunidade Educativa  das  actividades feitas no Plan Proxecta en dous lugares do centro, no hall e na biblioteca.
No hall a exposición de xogos e na biblioteca o visionado da curtametraxe "A vaca Marela"...
Xa viñeron algúns pais e a maioria do profesorado e alumnado...agardamos máis visitas...

 
 

 

 
 Tamén diseñamos un cartel como resumo do que traballamos
 
 
 
 
 
 
 

Transporte Escolar 2014-2015

 

Ante as novas instruccións por parte da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e O.U, sobre a xestión do Servizo de Transporte Escolar durante o curso 2014-2015, achegamos a seguinte documentación:

Circular informativa

Solicitude de autorización excepcional do uso de transporte

 

Igualmente lembrámoslles que a devandita información está a súa disposición na Dirección e Secretaría do Centro.

Estreo da curtametraxe "A vaca Marela"

A nosa curtametraxe foi publicada na canle da CRTVG!!

Noraboa polo seu traballo aos nenos e ás nenas de Infantil de de 1º de Primaria. Sen dúbida, a vosa imaxinación e ilusión tiveron a súa recompensa...Marela vese extraordinaria!!!

 

 

Preme aquí para ver as creacións doutros colexios!

UNHA PAISAXE MOI NOSA

Arzúa é un punto de parada obrigatoria no Camiño de Santiago, por iso o noso cle todos os anos facemos un tramo del, dende Arzúa a Preguntoño.

Sí, sí todo o cole, dende tres aniños ata sexto...incluso a familia da Marela decidiu apuntarse!!!!

Para ver máis fotos preme na imaxe

 

 

CONCERTO DO CONSERVATORIO DE ARZÚA

O  día 5 de xuño tivemos a gran sorte de ver en directo a actuación de varios mestres do Conservatorio do noso Concello.

Viñeron ao noso colexio e deixaron escoitar unha serie de composicións relativas a Historia da Música, un percorrido ao longo da historia musical...e atmán nos fixeron un xogo moooooooi divertido!!



Divulgación Plan Proxecta

Descubrimos a bici...

 

Os nenos e nenas do terceiro ciclo de Primaria partindo do traballo de investigación sobre a actividade física no cole e no concello, e do centro de interés "Inventos e descubrementos..." proposto pola Biblioteca do Centro, realizaron un estudio sobre a evolución da bicicleta.

 Mirade cantas cousas aprenderon sobre a bici...

 

LIM "A vaca Marela"

Un LIM realizado a partir da curtametraxe "A vaca Marela"

 

Tiro a canasta

Os nenos e as nenas de Infantil seguimos practicando deporte nos II Peque-Xogos, esta semana xogamos a lanzar tiros libres á canasta no patio dos maiores, que ilusión!!!
Todos os equipos conseguiron o seu sorriso para o marcador, xa que foron moi bos deportistas, mirade que ben o pasaron!!!



Apúntate ao voleibol...!!

 

Neste trimestre os nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria iniciámonos e perfeccionamos algunhas das técnicas do voleibol.

Se queres coñecer algo máis deste deporte anímate con este xogo!!

 

Preme aquí para xogar na pantalla grande

Powered by Drupal - Design by artinet