O CALCIO E OS ÓSOS: REMATANDO O ESTUDIO DO ESQUELETO

Agora que xa sabemos como son os ósos, que tipos hai, o nome dalgúns ósos do noso esqueleto así como a súa utilidade, comprobamos por que o CALCIO é tan importante para que os nosos ósos medren sans e fortes. Para comprobalo, a semana pasada comezamos un experimento que esta semana chegou ao seu fin. Esto é o que fixemos e comprobamos:

 
DÍA 1: Preparamos os ingredientes.

·        

Óso de polo

·        

Vinagre

·        

Envase de cristal ou plástico

 
 e metémolos no bol cubertos polo vinagre.
 
 
 
 
 
DÍA 2, 3, 4 e 5: Vemos que despois de varios días vaise poniendo máis oscuro o óso e ablandando sobre todo polos bordos.
 
 
  
DÍA 6 e 7: O óso xa está blando, xa hai restos do calcio que o ácido do vinagre foi separando.
 

 

 

 
 
CONCLUSIÓN:
Os nosos ósos están formados por unha substancia chamada CALCIO, que fai que os nosos ósos sexan duros e ríxidos. Por iso é importantísimo que consumamos alimentos ricos en calcio como leite e derivados (queixo, iogures…)
 

 

 

 Despois disto, quedounos moi clariño que na nosa DIETA non poden faltar alimentos ricos en calcio como LEITE, QUEIXO, IOGURES,... Na seguinte infografía de EROSKI CONSUMER podemos ver que alimentos son ricos en calcio e cales favorecen a súa absorción:


                                                                            Clica na imaxe

Para repasar cantamos unha canción

 

Powered by Drupal - Design by artinet