Skip to Content

Os medios de comunicación e a convivencia

AO TEU CARÓN

 De todos é sabido que a COMUNICACIÓN E A CONVIVENCIA están íntimamente relacionadas. O alumnado de quinto e sexto inicia no día de hoxe unha nova actividade na que ambas van a par: "AO TEU CARÓN". Trátase dunha serie de entrevistas a diferentes persoeiros, non só no centro, senón na contorna, sobre o seu oficio ou actividade desempeñada. Por outro lado, sérvelles de ensaio para para o novo proxecto que inauguraremos en breve no centro: A RADIO NA ESCOLA. Irán tomando contacto cos micrófonos!!!É importante destacar que foron elaboradas por eles mesmos e tamén gravadas. En moitos casos tiveron que entablar conversa cos entrevistados para pedirlles permiso para esta tarefa e poñer data para elo; co cal, traballouse tamén a convivencia previamente á propia gravación. Cada luns intentaremos colgar nesta páxina web unha nova entrevista de cada nivel, agardando estar sempre "AO VOSO CARÓN".

.

Telexornal Curtis: Día da Paz

O vindeiro mércores, 30 de xaneiro, e con motivo do día da paz, todo o alumnado do CEIP de Curtis cantaremos a canción: "Los niños queremos la paz" e o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participará nun debate.

Festival Nadal 2018

Aquí vos deixamos un vídeo e fotografías do Festival de Nadal 2018 do CEIP de Curtis. Esperamos que vos guste.

Dende o CEIP de Curtis desexámosvos unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo.

 

Telexornal Curtis: Festival de Nadal

O vindeiro venres, 21 de decembro, celebraremos o festival de nadal. Estades todos convidados!

                                               

                                      

Telexornal Curtis: PaPá Noel visitara o cole!

O vindeiro xoves, 20 de decembro, Papá Noel visitará a todo o alumnado do cole!

Excursión a "La Voz de Galicia" e ao MUNCYT

O pasado 28 de novembro o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron as instalacións de “La Voz de Galicia” e o MUNCYT. Neste vídeo podedes ver o ben que o pasaron!

 

 

Excursión a “La Voz de Galicia” e o MUNCIT

O pasado 21 de outubro o alumnado de Educación Infantil e do primeiro curso de Educación Primaria visitaron as instalacións de “La Voz de Galicia” e o MUNCIT. Neste vídeo podedes ver o ben que o pasaron!

 

1º EMISIÓN RADIOFÓNICA

O pasado 24 de outubro, con motivo da celebración do día internacional das bibliotecas, levouse a cabo a simulación da primeira EMISIÓN RADIOFÓNICA.

Se tedes problemas para visualizar o vídeo, pinchade na seguinte ligazón: https://youtu.be/k4Li-M-KtBo

 

EXPOSICIÓN DE CALABAZAS

TERRORÍFICAS! 

Estarán expostas no patio do cole ata o vindeiro venres.

Distribuir contido


by Dr. Radut