Skip to Content

Emisións

A radio é plural e diversa

Ola a tod@s , ola  a Radio Radiola ,a Radio da Escola.

Baixo  o lema " aprendemos todos e todas e , con todas " celebramos o día da Radio , o día 13 de febreiro.

Os alumnos  de 6º de Primaria  lémbrannos  dende a radio da escola o porqué  desta celebración.

Os alumnos  fixeron un percorrido pola historia  desta celebración.Rematan cun bonito poema no que se lembra que a radio como REPRESENTACIÓN, PLURALISMO  E DIVERSIDADE !!

Emisión de 6ºEP

Ao longo deste curso, todas as nenas e nenos do colexio fomos participando na nosa radio. Agora poñemos fin ás emisións, tarefa que nos tocou a nós, os alumnos e alumnas do sexto curso de Educación Primaria, coincidindo ca nosa despedida do colexio. 

 


9:58 minutes (9.12 MB)

Emisión radiofónica de 1º de Educación Primaria

O 24 de maio, as nenas e nenos de primeiro de Educación Primaria, acudimos a facer a nosa primeira emisión radiofónica. Nela contamos a historia da voda do piollo e a pulga. Dádelle ao play e poderedes escoitar o ben que o fixemos. 


2:52 minutes (2.62 MB)

EMISIÓN DE RADIO 2º

Os nenos e nenas de segundo realizamos a nosa primeira emisión radiofónica. O pasado día 10 de maio recitamos unha poesía recollida polo homenaxeado no día das Letras Galegas, Antonio Fraguas.

Deixámosvos o audio para que poidades disfrutalo, amenizado pola música do grupo "Tiruleque" coa súa canción "A laranxa"


3:51 minutes (5.28 MB)

Os nenos e nenas de 3º visitamos Radiola

Os nenos e nenas de terceiro, como non ía ser menos, tamén participamos na nosa radio escolar Radiola.

Ata ela levamos o poema de Manuel María A Fala.

Se non nos escoitache ou, se queres volver a facelo, non dubidedes en dárlle ao PLAY


3:44 minutes (3.43 MB)

1ª EMISIÓN RADIOFÓNICA DE 5ºEP

Ola  , ola   dende  a nosa radio  Radiola !!

Como ben sabedes estamos  a facer  as nosas pequenas emisións radiofónicas , cada curso sobre o tema  que quere  e  baixo a modalidade que prefira : faladoiros , entrevistas , debates , recitais ...

Alumnos de 5º de Primaria  e un alumno de 6º prepararon unha curta emisión radiofónica  ( en inglés "podcast" )  baixo a modalidade de entrevista . 

Os rapaces e rapazas elaboraron unha serie de preguntas sobre  a pintora Mª Antonia Dans  para facerllas a unha persoa , pertencente á asociación de mulleres A Carballeira , Mª Dolores , moi vinculada coa cultura  do pobo de Curtis .

E  por que Mª Antonia Dans ?  

Pois porque foi unha pintora moi importante  que residiu en Curtis  e polo tanto para o seu patrimonio cultural e artístico .

E  xa que  este ano   o día das Letras Galegas está dedicado a Antón Fraguas , un historiador e etnógrado  importante para o patrimonio cultural  e artístico , nós eliximos a esta pintora para exemplicar un cachiño do noso  patrimonio cultural en Curtis.

 

 


50.19 MB

CURTIS NA LEMBRANZA: AS FEIRAS DE 1900

 

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participamos no I Concurso de Podcast de Radio na biblio cunha curta emisión de radio que leva por título “Curtis na lembranza: As feiras de 1900” na que queremos por de manifesto a nosa historia, tendo como eixo vertebrador as feiras que tanto nos caracterizan, a nosa mellor tradición.

 

Así, decidimos realizar un faladoiro no que cada neno e nena aportara información sobre este evento, así como os datos que nos pareceron máis importantes e curiosos logo dun traballo de busca, reflexión e visionado de diferentes vídeos e fotografías.

Desfrutade deste audio e non esquezades que tedes unha cita en Curtis a última fin de semana de xullo.

 

 

 

 

 


4:57 minutes (4.54 MB)

PAZ + RADIO = O PASAPALABRA DA PAZ DE 4º

O 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e o 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio; por iso, os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria pensaron en facer un "PASAPALABRA DA PAZ" con palabras relacionadas coa PAZ e a CONVIVENCIA, e todo como se dun programa de radio se tratara, son uns auténticos reporteiros e reporteiras!

Lograredes adiviñar as palabras? Anímate e escóitanos!

 

1º EMISIÓN RADIOFÓNICA

O pasado 24 de outubro, con motivo da celebración do día internacional das bibliotecas, levouse a cabo a simulación da primeira EMISIÓN RADIOFÓNICA.

Se tedes problemas para visualizar o vídeo, pinchade na seguinte ligazón: https://youtu.be/k4Li-M-KtBo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut