Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2015-2016) Participamos nunha búsqueda do tesouro no último día de clases

 O último día de clases participamos nunha búsqueda do tesouro, unha actividade que vimos facendo desde hai uns anos, sempre como remate de curso.

Nos dividimos en tres equipos, e como nos últimos meses estivemos tan inmersos no mundo das esculturas de Henry Moore, a temática dos equipos non podía ser outra que.....esculturas de Henry Moore.

Para elo contamos coa inestimable axuda da profe Merce.

EQUIPO  ÓVALO  CON  DÚAS  PUNTAS  -cor azul

 

EQUIPO  REI  E  RAÍÑA-cor vermella

 

EQUIPO  ENTRANDO  NO  COSMOS-cor amarela

Cada equipo tiña un mapa, como vedes na foto anterior, no que indicaba desde o 1 ata o 9 os lugares polos que había que pasar e en cada un deles debíamos atopar un sobre coa nosa cor de quipo e co icono da escultura, onde estaría gardada unha pegatina que tiñamos que pegar no mapa para poder continuar.

 

Aquí vemos os pasos que foi dando o equipo amarelo

                             

 

e por fin...o desexado cofre  do  tesoruro..

     

Aquí podedes ver o equipo azul, tamén polas distintas dependencias e lugares do centro, atopando as pistas

o cofre estaba na aula de informática

       

 

E aquí podedes ver ó equipo vermello, tamén na búsqueda das pistas

 

               

e finalmente o cofre estaba moi pretiño da nosa clase...

 

Como podedes ver nas fotos, o tesouro era unha estupenda tixeira con formas e un mini xeado de chocolate e nata para cada un que tomamos na nosa festa de despedida.

Na seguinte entrada vos contamos máis!

(2015-2016) Visitamos o zoo de Vigo e o pasamos en grande en Indiana Bill

O pasado martes 21, o día anterior a comezar as vacacións de verán, tivemos a nosa excursión de fin de curso.

 

Xunto cos compañeiros/as de 1º e 2º de primaria, e cun sol moi madrugador, alá nos fomos coas nosas mochilas, as nosas gorras e as nosas ilusións postas nun día cheo de aventuras.

 

Cos cinturós ben postos e acomodados, comezou a viaxe.

 

Cando chegamos ó zoo, como nos esperaban dúas horas de visita, paramos nun pinar que había preto para tomar unha pequena merenda e así coller forzas.Tiñamos gardadas as nosas mochilas no enorme maleteriro do autobús, para poder ir máis cómodos nos nosos asentos.

E alá imos a tomar a merenda!

 

 

Para por fin entrar no zoo

 

onde nos esperaba Ana, a monitora que nos explicaría algunhas cousas moi interesantes na visita.

Comezamos visitando ós mamíferos nocturnos como por exemplo o morcego.

Ó longo da visita puidemos ver algúns dos animais que máis nos gustan, como o oso

a cebra,

 

o lince ibérico

tamén había paneles nos que explicaba algunhas cousas de cada animal, como por exemplo a súa pegada ou de qué se alimentaban.

Tamén conseguimos ver ó tigre de bengala, que nos contou Ana que antes vivía nun circo, pero como o seu dono o trataba moi mal, o trouxeron para o zoo para coidalo e que tivera unha vida mellor.

Acabras montesas e os xabaríns tamén nos gustaron moito.

Cando pasamos pola zona dos cervos, Ana amosounos unhas astas de cervo e puidemos tocalas.

 

Pasamos un bo rato atentos mirando ós lemures, que eran moi escurridizos e moi rápidos e así como os vías, desaparecían.

Aquí averiguamos que a femia lemur ten todos os privilexios e así cando os coidadores traen a comida, ela sempre é a primeirae mentres non remata, ningún outro lemur macho pode comezar.

Como facía moito calor, de cando en vez tiñamos que parar un rato para descansar á sombra

e xogar con todo o que nos atopabamos.

 

E E por suposto, refrescarnos na fonte coa auga tan fresquiña..

Tamén fomos á zona onde vivían o burro e os ponys. E con moito coidado e moi caladiños, nos achegamos onda 

os ponys, que os trouxeran ó zoo pois o seu dono os trataba moi moi mal e a algún ata lle faltaba un ollo.

Continuamos o noso percorrido pola zona das llamas e os kinkajous.

 

E algúns de nós tamén entramos na zona de reptís e bicho, onde se atopaban dende chinches, cucarachas, milpes, tarántulas, e serpes de todo tipo. O que máis nos interesaba saber era si eran venenosas ou non, así que había que consultar os paneis.

E chegou o momento de despedirnos dos animais do zoo

 

e facer outra paradiña para comer no mesmo pinar no que merendamos.

 

e xogar un ratiño

Xa en Indiana Bill, o rapaz encargado de recibirnos e organizar a actividade, explicounos algunhas normas básicas que debiamos seguir alí

 

e listos para a diversión!!

 

 

O pasamos de medo, e, iso sí, chegamos a maioría moi cansados despois dun día tan longo, pero mereceu a pena!

(2015-2016) Inauguramos a exposición e presentamos e o noso documental sobre Henry Moore ás familias. Xa podes velo.

Tal como vos contamos nunha entrada anterior, que podes ver de seguido, a nosa exposición xa estaba lista para abrir as súas portas e, por fin, chegou o gran día da inauguración. 

19/06/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) A nosa exposición sobre Henry Moore xa está rematada: Queres vir a vela? 

 

Os guías da exposición estaban xa preparados para recibir ás familias do primeiro turno.

 

Pouco a pouco foron chegando e fómolos invitando a pasar á nosa exposición.

 

Xa no interior "da sala de exposicións" fomos contánolle todo o que descubríramos sobre Henry Moore.

 

E por suposto tamén lles contamos que esculturas fixemos, con que materiais e se estaban ou non inspiradas nas obras de Henry Moore.

 

Ademais de respostar ás preguntas dos asistentes, fomos explicándolles ás diferentes zonas e elementos presentes na exposición.

 

Unha das cousas que máis sorprendeu ós visitantes foron as nosas esculturas xigantes como as de "Henry Moore".

 

Rematada a visita pola exposición convidámolos a pasar á sala onde proxectaríamos o noso documental. Alí outros guías foron os encargados de sentar ós asistentes e de presentar o que se ía proxectar de seguido.

 

O noso documental "Descubrindo a Henry Moore"  (que podes ver ó final desta entrada), e a película "O  Veleno Máxico" que aínda non presentáramos en público)

 

Durante o recreo algúns  compañeiros e compañeiros de primeiro, que o curso pasada estaban nas nosas clases, pasaron a visitar a nosa exposición.

 

Coa chegada dos visitantes do segundo turno, os guías intercambiaron as súas funcións, para contarlles ás familias todo o que había exposto.

 

E, por suposto, tamén lles amosamos o noso documental e a película creada en Stop-motion.

 

Agradecemos a tódolos asistentes a súa presencia nesta inauguración, e convidámosvos a visitar a nosa exposición cando queirades durante estes mes.

 

De seguido podes ver o noso documental "DESCUBRINDO A HENRY MOORE"... agardamos que vos guste.

 

 

 

(2015-2016) Celebramos os cumpreanos do mes de xuño

Este venres 17 celebramos nas aulas os cumpreanos de David V. e Sergio, da clase de Infantil 2.

Para elo, o día anterior os nosos compañeiros elaboraron, a receta elixida, que eran as trufas de chocolate, feitas con distintas formas.

 

Comezaron desfacendo os sobaos, para logo mesturalos co cacao, azúcre e un pouquiño de leite, para conseguir unha masa.

e así foron saíndo as distintas trufas, con formas moi variadas e graciosas.

Na mesa do lado, dúas compañeiras encargáronse de elaborar as trufas sen gluten.

E...o día seguinte, coas súas coroas de cumpreanos,  Sergio soprou as catro candeas

e David, as seis.

e a repartilas entre todos...non sobrou nin unha...

A próxima semana, o último día de clases celebraremos os cumpreanos dos nenos e nenas que cumpren anos no verán, e o faremos dun xeito moi especial, xa que tamén será a nosa festa de fin de curso!!

(2015-2016) A nosa exposición sobre Henry Moore xa está rematada: Queres vir a vela?

Despois de moito traballo de investigación sobre Henry Moore e a súa obra (que podes ver nas correspondentes entradas de INFANTIL 1 e INFANTIL 2), e tras elaborar tódolos materiais necesarios para a crear a nosa exposición, chegou o momento de poñernos mans á obra e organizala  "entre todos e todas".

Este traballo fixémolo de forma conxunta e coordinada as dúas aulas de infantil.

 

PENDURANDO OS ANUNCIOS POLO CENTRO:

Como xa vos contamos nas respectivas entradas, cada aula creou un cartel publicitario anunciando a exposición.

Os compañeiros/as de infantil 1 decidiron penduralo na entrada no centro, no corredor inferior.

 

Pola súa banda, os compañeiros de infantil 2 optaron por poñelo no andar superior, para que o puidesen ven os compañeiros e compañeiras desas aulas.

 

 

ORGANIZADO O ESPAZO DA EXPOSICIÓN NUN PLANO:

Unha vez tomada de forma conxunta, e tras o correspondente debate, o lugar e data en que faríamos a exposición (seguindo o s pasos que descubríramos sobre como se fai unha exposición), chegou o momento de "organizar o espazo do corredor". Onde íamos poñer cada cousa?

 

Fomos plasmando as nosas ideas nun "plano da exposición", no que sinalamos en que lugar irían as esculturas xigantes, onde irían as mesas coas estatuas, os paneis...

 

Ese plano está tamén dipoñible na exposición para que os visitantes non se perdan entre tanta obra. ;)

 

 

ESCRIBIMOS UNHA CARTA PENDIDO AUTORIZACIÓN:

Outro dos elementos importantes que descubríramos sobre Henry Moore, era que pedía permiso para poder poñer as esculturas na rúa e facer as súas exposicións. No noso caso decidimos pedir permiso, escribindo unha carta, á directora do colexio.

 

E así quedou a nosa carta redactada, como vedes empregando un formato "máis formal". ;)

 

Entregámoslle a carta á directora, quen nos comentou que remitiría unha resposta oficial por escrito... tan só nos quedaba agardar.

 

Días despois recibimos a resposta da directora por medio dunha carta.

 

Onde se nos daba "autorización oficial" para facer a nosa exposición no corredor o día 20 de xuño.

 

Decidimos poñer esta autorización oficial nun lugar visible da nosa exposición, para que todos estivesen informados.

 

 

 

 

INVITANDO ÁS NOSAS FAMILIAS: ESCRIBIMOS UNHA INVITACIÓN:

Escribimos e envíamos unha invitación ás nosas familias, indicando tanto o día no que tería lugar como os dous turnos en que podería vir. 

 

Na portada e contraportada da invitación, incluímos os mesmos carteis que estaban colgados polo colexio.

 

 

MONTANDO A EXPOSICIÓN EN TIME-LAPSE:

Ó longo dunha mañá fomos colocando tódolos elementos que formaban parte da nosa exposición.  Empregando a técnica do stop-motion, que xa usamos na rodaxe da película "O veleno máxico", que podes ver en entradas anteriores, creamos este video onde, nuns segundos, podes ver como montamos toda a exposición.

Velaquí o "time-lapse" da montaxe da nosa exposición:

 

RODANDO O NOSO DOCUMENTAL:

Rodamos tamén diferentes escenas para a elaboración do noso "documental" sobre Henry Moore, que presentaremos ós visitantes ó día exposicion, e que moi pronto tamén poderedes ver aquí nunha futura entrada.

 

 

ASÍ QUEDOU A EXPOSICIÓN MONTADA:

Uns últimos retoques e a exposición quedou lista para recibir os primeiros visitantes.

 

Así de expectacular nos quedou, cos diferentes elementos situados no lugar que indicaba no plano.

 

As estatuas xigantes abren a exposición:

 

As obras creadas en equipo, de creación libre ou representando as de Henry Moore, xunto cos murais da investación, ocupan un lateral da exposición onde, por suposto tamén están os paneis informativos de cada unha delas.

 

No outro lateral atoparás as esculturas de creación libre individual con diferentes materiais, o mapa do mundo coas obras e Henry Moore, o plano da exposición  e as nosas composicións coas súas obras.

 

Velaquí as obras individuais con diferentes materiais con máis detalle (fai click sobre elas para amplialas).

 

 

 

QUERES VIR A VELA: UN ANUNCIO PUBLICITARIO.

Xa está lista a nosa exposición, tan só queda que as nosas familias veñan a visitala.

 Agora tan só queda agardar a que chegue o día 20 para abrir as portas da nosa exposición, e poder contarlle ós visitantes todo o que descubrimos e fixemos.

E por suposto presentar o noso fantástico documental sobre "Henry  Moore", que tamén poderedes ver nesta mesma web nuns días...

 

Contarémosvos como nos foi na apertura da exposición nunha próxima entrada... permanecede atentos ó recanto de infantil.

 

 

(2015-2016) Recibimos a visita dos futuros compañeiros e compañeiras da Galiña Azul

O pasado xoves 9 de maio, visitáronnos os nenos e nenas de 2 anos da Galiña Azul, que o próximo curso estarán nas nosas aulas de infantil.

Uns días antes, os profes léronos unha mensaxe de correo electrónico das profes da Galiña Azul, e coñecimos cales serían os nenos que nos visitarían, pois nos mandaban as súas fotos.

Así, cada aula escolleu os nenos e nenas que apadriñaría, e isto significaría que lles elaborarían un regaliño de recordo e estarían pendientes deles o día da visita, axudándoos no que necesitasen.

O regalo que preparamos, organizados por equipos cooperativos, e unha vez escollido cada equipo ó neno ou nenos que apadriñaría, foi un marco de cartón pintado con témpera e decorado con letras de goma eva.

Tanto en Infantil 2

como en Infantil 1

 

Así de fantásticos quedaron..

Unha vez rematados e secos, só había que engadirlle pola parte traseira, unha foto do neno ou nena ós que lle regalaríamos e o seu nome.  

O día da visita, estabamos emocionadísimos e ansiosos por que chegaran, sen parar de mirar pola fiestra

  

ata que por fin chegou o momento.

Despois dun rato de abrazos e bicos ás mestras, Carol e Begoña, que tamén foron as nosas mestras cando erabamos máis pequeniños, tocaba facernos a foto de grupo, todos xuntos.

Na aula, lles contamos todas as cousas que facemos, recantos, xogos e xoguetes que temos

e tamén lles ensinamos algunha foto de actividades e excursións, como cando fomos a Apípolis ou a nosa actuación no festival.

Despois cada equipo se sentou co seu neno ou nenos apadriñados (pois somos 8 equipos e eran 11 nenos) para recortar e pegar no marco a foto de grupo que nos fixéramos ó principio.

E a seguinte actividade  tamén a esperabamos con moitas ganas, pois eran xogos co paracaídas.

con algúns xogos moi divertidos, engadindo tamén pelotas.

Qué momento máis divertido!!!

E logo...a xogar un ratiño todos xuntos no parque de Infantil, mentres desfrutamos dunha merenda a base de zumes, galletas e mazás.

O pasamos todos xenial e algún que outro xa pensaba que ó día seguinte os compañeiros da Galiña, volverían de novo....haberá que esperar ás vacacións de vran, para telos aquí con nós!! 

 

 

(2015-2016) Así creamos a nosa película de animación "O veleno máxico". Queres vela?

Como xa vos contamos anteriormente, para participar no Salón do Libro creamos "O VELENO MÁXICO" despois de levar a cabo unha investigación sobre as formigas e as arañas, nas aulas de Infantil 1 e Infantil 2.

Agora chegaba o momento de convertir esa historia na nosa película de animación, empregando a técnica de stop-motion, tal como tiñamos previsto desde o comezo das nosas investigacións.  (A película está dispoñible ó final desta entrada)

Podes ver estes pasos previos que deron lugar á creación desta película de animación nas seguintes entradas:

INFANTIL 1:

24/12/15: (2015-2016) Investigamos sobre as arañas

21/03/16: (2015-2016) Unha chea de arañas.. 

 

INFANTIL 2:

05/12/15: (2015-2016) Comezamos a investigar sobre as formigas para ter un formigueiro na aula 

24/12/15: (2015-2016) Investigamos sobre as Formigas: "xa temos o noso formigueiro" 

16/01/16: (2015-2016) Continuamos a investigar sobre as formigas respostando as primeiras preguntas 

19/03/16: (2015-2016) Rematámo-la nosa investigación sobre as formigas 

 

XUNTOS:

19/03/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Así creamos "O veleno máxico", a nosa aportación para o "Salón do libro"

09/04/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Visitamos e participamos nas actividades do Salón do Libro 2016

 

Para poder crear a nosa animación, estivemos visionando nas aulas diferentes curtamentraxes elaboradas con esta técnica e con plastilina, tal como o faríamos nós coa nosa película. Todos eles están dispoñibles nos vídeos do noso recanto de INFANTIL. Alí tamén atopamos varios vídeos que explicaban como se facían este tipo de películas.

 

 

Agora que xa tiñamos claro como se fai unha película con stop-motion, e con todo o que xa aparenderamos o curso pasado coa creación da nosa película de cine mudo "O MAPACHE TOLO", xa podíamos poñernos mans á obra.

 

CREAMOS OS FONDOS E O STORY-BOARD DA NOSA PELÍCULA:

Cando creamos o noso libro "O VELENO MÁXICO" debuxamos os fondos pensando en que logo os empregaríamos na nosa animación.

 

Emtre todos fomos debuxando o coloreando os escenarios das diferentes escenas que aparecerían na nosa película, a partir da historia que xa tiñamos creada. Ese sería o guión que seguiríamos.

 

A partir do guión (que era a propia historia do noso libro "O VELENO MÁXICO") creamos o STORY-BOARD da nosa película, divíndoo en diferentes escenas, e contando o que debería suceder en cada unha delas.

 

 

PLANIFICAMOS O TRABALLO CO "PLAN DE RODAXE"

Creamos un gran calendario, indicando os días nos que cada un dos equipos cooperativos tería que rodar a escena da película que lle fora asignada. 

 

Cada un dos equipos foi pegando na data que lle fora asignada a foto do mesmo, o nome do equipo e escribindo o número da escena que lle tocaría rodar.

 

Indicamos tamén no noso plan de rodaxe, cando engadiríamos a música, as voces e faríamos a montaxe da nosa película.

 

Pegamos tamén, no plan de rodaxe, tódalas escenas do Story-board, para poder telas sempre a man e saber o que nos tocaba rodar cada día.

 

Tan só faltaban uns últimos detalles e o noso plan de traballo quedaou listo para comezar a rodaxe.

 

Puxémolo no corredor para poder consultalo cando fose preciso, e así tamén todos os nosos compeñeiros e compañeiras poderían saber en que estabamos a traballar en cada momento.

 

 

CREAMOS AS PERSOAXES, O ATREZZO, O ESCENARIO E O SET DE RODAXE:

A partir do vídeo que mencionamos anteriormente, descubrimos que facían falla unha serie de elementos para facer unha película de animación con Stop-motion.

Puxémonos mans á obra e creamos as persoaxes da película con plastilina.

 

Tamén creamos os diferentes elementos de atrezzo que iamos precisar nas diferentes escenas.

 

Preparamos o noso SET DE RODAXE, cun fondo verde (que xa sabíamos que se chamaba chroma) para logo poder cambialo "con efectos especiais" polos fondos que xa tiñamos debuxado.

 

E por suposto, preparamos o escenario creando un formigueiro con terra. Agora xa estaba todo listo para comezar a rodaxe.

 

 

COMEZAMOS A RODAR:

Seguindo o plan de traballo, cada día o equipo que lle tocaba rodaxe, ía verificar no mesmo cal era a escena que lle tocaba rodar. Estas escenas non as fomos rodando na orde na que aparecerían na película, xa que logo habería que montala ordeándolas, como xa sabíamos da nos rodaxe do "Mapache tolo".

 

Preparaba o material que precisarían e acordaban como ía "plasmar a escena".

 

Acordando tamén por onde ían a ir movendo as perxonaxes para contar esa parte da historia. 

 

Organizáronse para ir tomando fotografías, unha a unha das persoaxes en diferentes posicións.

 

Había que ter moito coidado para non mover a cámara co trípode, dentro dos equipos cooperamos e axudámonos para que quedase o mellor posible.

 

E asi unha a unha foron tomando unha chea de fotografías ata completar a escena.

 

Nalgúns casos, como na escena da tea de araña fixemos as fotografías "en orde inverso", cortando anacos da tea de araña... logo xa co ordenador faríamos a animación para que parecese que a araña ía construíndo a tea sobre a árbore.

 

Finalmente para cada unha das escenas cada equipo fixo en torno ás 20-30 fotografías.


CONVERTIMOS AS FOTOGRAFÍAS NUNHA ANIMACIÓN: 

Despois de cada sesión de rodaxe, cando xa tiñamos tódalas fotografías, empregamos un programa informático para convertilas nunha animación... facendo pasar as fotografías moi rápido.

Coa axuda dos profes engadímoslle tamén os fondos que tiñamos feitos en lugar do "chroma de cor verde"... tal como fixeramos na pelicula de Chpalin o curso pasado. 

 

Despois de varios días de rodaxe, por fin tiñamos as escenas da nosa película listas, tan só faltaba ordelas unha despois das outras, cada equipo foi o encargado de ilas colocando no lugar que lle correspondía segundo o guíon e o story-board.

 

Engadimos tamén, antes de cada escena, as fotografías do texto que tiñamos no noso libro "O VELENO MÁXICO".

A película xa estaba lista, pero aínda lle faltaba unha parte mo importante... as voces que ían contar a historia. 

 

 

GRAVANDO AS NOSAS VOCES PARA A PELÍCULA:

Montamos un improvisado estudio de gravación, na sala de usos múltiples do colexio, onde proxectamos a nosa escena e fomos grabando, cada un dos equipos, as voces correspondentes ó texto que aparecería contando a súa historia.

 

 

 

AÍNDA FALTA ALGO: A MÚSICA, E OS EFECTOS SONOROS

Xa coa película montada, e coas voces postas visualizamos todos xuntos por primeira vez como quedara. Despois de debatir un anaco démonos conta de que faltaba aínda por engadirlle os efectos de sonido, que tiñan que aparecer cando sucedían determinados feitos.

 

Pareceunos moi boa idea a que comentou un compañeiro, que era empregar instrumentos para ir facendo os efectos de sonido, poderíamos gravalos co teléfono, como xa fixeramos coas nosas voces.

Propuxemos que as maracas poderían empregarse cando se movesen as formigas.

 

As claves cando a araña texía a súa tea.

 

O pandeiro cando a toupa destrozaba o formigueiro

 

E o carrillón, que pedimos prestado na aula de música, cando a formiga raíña subía polo tronco da árbore ata a tea de araña.

 

Engadimos tamén unha música de fondo.

 

 

REMATANDO A PELÍCULA: CREAMOS O TÍTULO E OS CRÉDITOS FINAIS:

Novamente, xa cos efectos de son incorporados á película, voltamos a vela completa todos xuntos. Descubrimos que aínda nos faltaba algo máis, que era o título e o final.

 

Para facer o título decidimos que nos "apareceríamos animados con stop-motion" como as persoaxes da historia, poñendo unha a unha as letras do título.

 

Nun improvisado set de rodaxe, moito máis grande que o da película, fomos tomando fotografías de cada unha das letras.

 

Con estas imaxes montaríamos unha animación para poñer o título.

 

E para o final tamén creamos un stop-motion, neste caso facendo que aparecese a palabra FIN, escrita con tapóns. Para elo fomos quitando varios tapóns de cada vez e tomando fotografías... logo xa as poríamos ordeadas para que parecese que a palabra se ía escribindo.

 

 

 

POR FIN REMATAMOS!!! A PELÍCULA ESTÁ LISTA PARA ENSINARLLA A TODOS E TODAS:

Agora si, unha última proxección para todos e todas e por fin a nosa película estaba remata.... así de contentos nos puxemos cando a vimos completa.

 

 

DAMOS A COÑECER A NOSA PELÍCULO Ó MUNDO, PUBLICÁNDOA NO "CERVO DIXITAL"

Agora tan só quedaba pensar como "contarlle a todos e todas" que a película estaba lista para que a puidesen ver. Ademais dunha proxección pública para as familias, da que xa vos daremos máis detalle, decidimos publicala no "xornal online do colexio" (O CERVO DIXITAL) ... así que dictámoslle á profe o texto que debería aparecer no artigo e insertámola película.

 

Así quedou a nosa publicación no "CERVO DIXITAL" no apartado "a voz da escola".  (fai click sobre ela para poder vela)

 

 

E VELAQUÍ A TEDES... AGARDAMOS QUE VOS GUSTE COMO NOS QUEDOU:

 

Se queres voltar a ver o libro que creamos, e do que partimos para facer esta película, podes velo de seguido facendo click na súa portada:

 

 

 

(2015-2016) Celebrando os cumpreanos do mes de maio

No mes de maio DAVID G. era o único compañeiro que cumplía anos, así que el foi que tivo que decidir cal das tartas do noso libro de recietas quería facer, para convidar ós seus compañeiros e compañeiras, na celebración do seu aniversario. Anotamos os ingredientes e as súas cantidades na nota que levou para casa, para pedir axuda ás súas familias e poder traelos.
 

O día antes da celebración do seu cumpreanos, buscou varios axudantes para que colaborasen con el na elaboración do tarta, seguindo as instruccións e coas cantidades que aparecían na receita. 
 
  
Outro grupo de compañeiros e compañeiras elaborou outra tarta sen gluten.
   
   
Seguindo as instruccións da receita, paso a paso,por fin demos feito a nosa tarta de "galletas oreo".
  
   
E por fin chegou o gran día!  Despois de deixar a tarta toda  noite na frigorífico, xa estaba lista para que DAVID puidese soprar as candeas.
 
   
   
Como era o único homenaxeado tivo unha chea de traballo para repartir a tarta entre tódolos compañeiros ec compañeiras. 
   
    
Gustoulle tanto a todos e a todas que algúns ata quixeron repetir.
  
   
Como sempre, unha vez rematada a tarta chegou o turno da festa con patacas fritidas e gusanitos.
   
   
Sen esquecernos do zume de piña, que é a nosa bebida favorita.
   
  
Pasámolo de medo!!!... agora tan só nos queda agardar a que cheguen os últimos cumpleanos deste curso, no mes de xuño.

(2015-2016) Semana das Letras Galegas

A semana pasada celebramos na escola, o día das Letras Galegas.

Na semana anterior, nas aulas de infantil, coñecimos ó escritor homenaxeado este ano, Manuel María, así como algunhas das súas poesías máis coñecidas, algunhas delas musicadas, coas que bailamos e desfrutamos.

 

A información máis relevante que fumos descubrindo no recanto de infantil, decidimos plasmala nun mural, que pasaría a ter unha función informativa e expositiva, unha vez rematado.

E toda a información iría plasmada en forma de arco da vella, pois unha das súas poesías estaba adicada a él.

Os máis pequenos encargámonos de pintar cada unha das cores.

E unha vez posta a cor, o resto de compañeiros, organizados en equipos, escribimos os distintos versos da poesía.

 

Ademáis, en cada aula, organizados por equipos cooperativos, anotamos cada un dos datos relevantes en cada unha das cores.

 

 

Unha vez rematado o mural, montamos as letras do título que lle poríamos  "Letras Galegas", con pedriñas que temos no recanto de construccións.

 Ademáis, dende a biblioteca, nos propuxeron colgar nas distintas árbores do patio do cole, versos e poesías de Manuel María, así como paxaros, decorados por nós, que lle deran color e ledicia á natureza tan bela que nos rodea.

Nesta ocasión, organizados por parellas, decoramos os nosos paxaros

que prastificamos para que non se estropeasen ó estar ó aire libre.

E....alá nos fomos cos nosos paxaros e poemas

  

 

e coa axuda dos profes, fomos colgándoas

Despois de tanto axetreo e continuando ó aire libre, decidimos merendar fora na herba

E xa para rematar a mañán, desfrutamos todos no patio cuberto demúsica e poesía, da man dos compañeiros máis maiores e da profe Merce.

 

 

 

(2015-2016) Participamos na semana do Libro

O pasado 23 de abril foi o día do Libro e na escola, dende a biblioteca, participamos nunha serie de propostas que se desenvolveron ó longo de toda a semana.

-DRAMATIZACIÓNS E LECTURAS NA PRAZA DO CONCELLO

Dende o equip de biblioteca nos propoñían preparar un conto, poema, relato para dramatizar na antiga carballeira do pobo.

Os nenos e nenas de infantil, preparamos un conto que a todos nos gusta moito, "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".

 

Para iso, nas dúas aulas previamente, preparamos o conto, con distintas lecturas, dramatizacións, visualizándoo tamén na pizarra dixital e preparando algúns dos elementos que necesitaríamos: as máscaras dos distintos animais e as diferentes "cacas" de cada un deles, que fixemos con plastilina.

 

Nos fixo moita gracia facer as cacas das persoaxes e ata fixemos unha taboa, repartíndonos cada unha delas,

 tan só nos faltaba engadir a do porco e a da vaca...e xa nos parecía ata que cheiraba a caca...

Chegado o mércores 20, nos diriximos ata o lugar do encontro 

 

e con axuda dun micro..comezamos a nosa actuación.

 

O resto de compañeiros tamén tiñan moitas aportacións que facer, e coas que desfrutamos moito.

 

-LECTURAS DAS FAMILIAS

O xoves 21 nos visitaron para lernos aos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º, as nais e a avoa dalgúns compañeiros.

 (de esquerda a dereita, a avoa de Lucas G., a nai de Alberto e Joaquín, a nai de Lara e Tiago, a nai de Aroa, a nai de Diego P. e a nai de Nayra).

 Nos gustou moito que nos visitaran e nos leran e estivemos moi atentos.

 

 -TROCO DE LIBROS

Outra proposta na que participamos algúns de nós, foi no troco de libros:consistía en traer da casa un conto, libro noso para intercambiar o día do troco por otro doutro compañeiro.

As compañeiras de sexto, Silvia e Elena, encargáronse de recoller os libros que trouxéramos así como de acompañarnos o día do troco. 

 

Elas nos deron un vale co cal poderíamos facer o troco, sin él non poderíamos levarnos ningún.

 

Pero como todos o levabamos non houbo problema, vedes?

 

E como remate dese día, asistimos a un contacontos

 

no que bailamos, cantamos e contamos!! 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.