sexto
Menú do recanto




Entradas no blog do recanto de sexto
12/06/20: (2019-2020) Así é o instituto... Queres coñecelo?
23/03/18: 2017/2018 Na busca de información sobre o antigo cine de Campo Lameiro
16/03/18: (2017-2018 ) PERICO DOS PALOTES
27/11/17: Mural do outono con 6º
08/05/17: ENROLLÁNDONOS COAS FILIGRANAS
05/05/17: VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA
04/04/17: "O MUNDO QUE QUEREMOS ", no Salón do Libro
15/03/17: Plan Director: concienciándonos en seguridade
13/03/17: O Entroido na escola
26/06/16: REVISTA DIXITAL " O CERVO"
02/12/15: (15/16) Ciencias 6º: Webquest sobre os Parques Nacionais de España.
20/11/15: (2015/2016) CIENCIAS 6º: Espacios naturais galegos.
04/10/15: (2015/2016) Reforzo da competencia lingüística en 6º
04/10/15: (2015/2016) CIENCIAS 6º: Sociais e a xeografía europea.
28/11/15: (2015/2016) Comezamos Plástica no 6º curso.
20/09/15: Sociais 6º: Recurso para traballar os mapas físicos e políticos das diferentes zonas xeográficas.
17/06/15: ( 2014-2015) " Uns cadros con clase"
18/04/15: (2014-2015) CM: Xeografía
18/04/15: (2014-2015) CM: Intercambios de exposicións científicas.
17/04/15: Pinturas a Granell
16/03/15: (2014-2015) CM: Webquest xeográfica!
15/03/15: (2014-2015) CM: Experimentando...
02/03/15: ( 2014-2015) Somos uns artistas !!!!!!!!!!
19/11/14: (2014-2015) CM : Espazos naturais protexidos en Galicia.
15/11/14: (2014-2015) CM3: As 10 sementes máis importantes
15/11/14: (2014-2015) CM 2.- Adiante co mundo das sementes!
15/11/14: (2014-2015) CM 1.- Que será? Investiguemos!
11/08/14: (2013-2014) CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO
09/08/14: (2013-2014) Fin do noso proxecto sobre o PALEOLÍTICO
02/06/14: (2013-2014) QUE SABES SOBRE O PALEOLÍTICO?
01/06/14: (2013-2014) Durante o mes de maio...
04/06/14: (2013-2014) PROXECTO DA PREHISTORIA EN SEXTO
11/05/14: (2013-2014) Conto ortográfico : "Blancavaya"
28/04/14: O río Lérez
26/04/14: O noso concello: patrimonio natural
02/04/14: (2013-2014) Participamos nun taller de contos na nosa visita ao Salón do Libro
27/03/14: (2013-2014) COCIÑA CON ARTE: o noso traballo para o Salón do Libro
05/03/14: (2013-2014) Festexando:Entroido, Paz, San Valentín...
05/03/14: (2013-2014) Preparando o noso traballo para participar no Salón do Libro
09/02/14: (2013-2014) Polo Nadal no sexto curso...
21/01/14: (2013-2014) Patrimonio cultural
16/12/13: (2013-2014) -TERREMOTO EN CAMPO LAMEIRO
08/12/13: (2013-2014) Retrospectiva de nuestras obras sobre A. Calder
08/12/13: (2013-2014) Móbiles
18/11/13: (2013-2014)Os nosos cadros "Calderianos"
18/11/13: (2013-2014) TERTULIA sobre o libro "O príncipe feliz" de Óscar Wilde.
07/11/13: (2013-2014) O outono e as castañas
31/10/13: (2013-2014) Retratámonos con alambre
31/10/13: (2013-2014) Durante o mes de outubro...
28/10/13: (2013-2014) Diseñando o pintado do noso coche
18/11/13: (2013-2014) Descubrindo a Alexander Calder
03/10/13: (2013-2014) Retratando!
03/10/13: (2013-2014) Primeiros días do último curso
15/09/13: (2013-2014) Visita
19/10/13: (2012-2013) APRENDER A COMER BIEN
19/10/13: ( 2012/2013) INTERCULTURALIDAD
23/03/13: (2012-2013) QUEN SON?
25/11/12: (2012-2013) Na aula de 6º
02/07/12: (2011-2012) Aburrídesvos? Non vos virá mal un repasiño.
02/07/12: (2011-2012) Deixámosvos
02/07/12: (2011-2012) A voz de sexto: xornal coas noticias deste ano escolar .
04/06/12: (2011-2012) Alá imos!
22/05/12: (2011-2012) Celebración das Letras Galegas
30/04/12: (2011-2012) Celebración do Día do Libro
16/04/12: (2011-2012) Xornada de Educación Vial coa DXT
15/03/12: (2011-2012) Visitamos o Salón do Libro e participamos nun taller de amuletos
26/02/12: 82011-2012) Celebracións: Paz e Entroido
26/02/12: (2011-2012) Traballando para o Salón do Libro
26/02/12: (2011-2012) Incumprindo as normas de aula
26/02/12: (2011-2012) Recollida de tapóns
24/01/12: (2011-2012) Celebramos o Nadal
10/12/11: (2011-2012) Por fin! Pintamos os xogos no patio cuberto!
02/07/12: ABERTO POR VACACIÓNS: infantil, primaria e secundaria
28/11/11: (2011-2012) Non esquecemos o patio
02/12/11: (2011-2012) Celebramos o Magosto
16/11/11: (2011-2012) Contos de bruxas e bruxos
04/11/11: (2011-2012) Celebración do Samaín
28/11/11: (2010-2011) Proxecto patio cuberto
16/10/11: (2011-2012) Tempo de lectura
16/10/11: (2011-2012) Primeiro día de clase en 6º curso
17/02/11: Busca especies en extinción
17/02/11: Un volcán en erupción.
19/05/09: Visita de Sexto ó Instituto
28/04/09: San Pedro de Rocas
21/04/09: Opina sobre o quecemento global
31/03/09: (2008/2009) Participamos no Salón do Libro 2009
24/03/09: (2008-2009) Somos as de Sexto e máis Santi e Anxo
29/01/20: Menú do recanto
07/01/13: Xogos do recanto de sexto
(2019-2020) Así é o instituto... Queres coñecelo?
De seguido podes ver unha presentación que nos enviaron desde o IES A Xunqueira I, posto que este curso non poderemos facer a habitual visita para coñecelo.
Podes descargala de seguido.
2017/2018 Na busca de información sobre o antigo cine de Campo Lameiro
Xa inmersos no Proxecto organizado pola biblioteca do centro: "3,2,1...rodando libros " quixemos afondar un pouco máis a cerca dun antigo cine que existía en Campo Lameiro fai xa moitos anos.
E, alá fomos, os de 6º, ao Concello coa profe Zaira,que nos axudou a redactar unha carta donde lle explicabamos o traballo que estamos a realizar, e a información que necesitabamos ...
(2017-2018 ) PERICO DOS PALOTES
Dende a Biblioteca escolar, estamos inmersos nun proxecto de cine que leva por título : " 1,2,3...Rodando libros". E, como para o Salón do Libro este curso se nos pedía un traballo sobre "Mulleres de conto", decidimos facer un refundido,unha adaptación das dúas temáticas, que quedou desta maneira:
A nosa muller é un tanto especial...PERICO DOS PALOTES
Unha muller, escritora, maestra, activista dos dereitos da muller...Unha muller de conto!!!!
Mural do outono con 6º
ENROLLÁNDONOS COAS FILIGRANAS
No segundo trimestre empezamos a traballar coas filigranas nas clases de plástica, foi unha tarefa laboriosa pero valeu a pena, pois saíron cousas moi bonitas.
O primeiro paso era decidir o que ía facer cada un e, unha vez feito, escoller as cores e cortar as tiras de papel para empezar a enrollar.
Uns decidiron facer cadros con filigranas e outros optaron polos marcos...
Unha vez enrolladas as filigranas, escolleuse a pintura para o fondo para logo empezar a pegar as rodiñas de papel...
Houbo incluso quen debuxou unha paixase que logo completaría coas filigranas...
E finalmente, foron quedando cousiñas así de bonitas!
VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA
No mes de abril, visitamos o Museo de Pontevedra, un percorrido sen desperdicio!
Alí nos estaban esperando para instruirnos cunha visita guiada, a cal comezou coa Idade de Pedra.
Tamén vimos petroglifos, aínda que non tan espectaculares como os de Campo Lameiro!
Logo fomos pasando á Idade dos Metais...
Sorprendeunos o tesouro que gardaban aquelas vitrinas... todo en ouro!!! Con xoias verdadeiramente espectaculares!!!
De alí pasamos á sala de exposicións de pintores galegos...
E... non podían faltar as obras do noso querido Castelao...
Así como algúns dos seus obxectos persoais...
E outros que utilizaba para as súas obras de teatro...
Esta colección, precisamente, pertencía á súa coñecida "Os vellos non deben de namorarse".
E así demos fin ao noso percorrido, recomendándovos non deixar de visitar este interesante museo que temos tan preto.
"O MUNDO QUE QUEREMOS ", no Salón do Libro
O xoves, 16 de marzo, collemos as nosas mochilas, subimos ao bus e dirixímonos a Pontevedra, ao Salón do Libro, como non!!!
Dende os máis pequenos ata os maiores, acodimos o cole ao completo!
E alí esperábanos Orbil, a noso lobo favorito que, como non podía ser doutro xeito... recibiunos con moita alegría!
Unha vez alí, fixemos un taller moi interesante...
E seguimos a nosa visita polas dependencias do Salón...
Fixemos algún que outro experimento...
E tamén participamos nalgúns xogos interesantes...
E finalmente rulamos un pouquiño para gozar de todos os traballos feitos polos coles que participaron no Salón. Había un montón!!!
E non podía faltar a nosa maleta viaxeira de Dora, toda ela chea de marabillas... As Sete Marabillas do Mundo.
Plan Director: concienciándonos en seguridade
Os días 3 e 10 de marzo, leváronse a cabo no centro charlas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º cursos de E.P.
Tratábase dunhas poñencias que formaban parte de Plan Director, implementado pola Garda Civil, e que teñen como obxectivo concienciar de maneira eficaz ao alumnado en temas relativos á súa seguridade, así como á convivencia no entrorno escolar.
Os temas a tratar foron: prevención de drogas, acoso escolar, bandas xuvenís e violencia de xénero.
Escoitamos con atención e non faltou tempo para que puidésemos aportar as nosas opinións ou plantexar as dúbidas que ían xurdindo.
Non cabe duda que foi interesante!!!
O Entroido na escola
Este ano, e seguindo o proxecto que dende a biblioteca escolar se está a desenvolver, o alumnado de 6º fomos caracterizados como "peruanos". Isto débese a que a nosa mascota da biblio, Dora, este ano vai de cruceiro, facendo escala nos lugares onde se atopan As 7 Marabillas do Mundo. Así pois, cada curso se ocupará de afondar no estudo de cada unha das "marabillas", e nós, adentrarémonos en Cuzco, Perú, para investigar sobre o emblemático e espectacular Machu Picchu.
Tocounos, entón, de ir de "peruanos" , e así lucimos.
Aquí estamos vendo o noso grupo co Machu Picchu por detrás. Impresssssionanteeeeee!!!!
E voltando ao Entroido, como en anos anteriores, o alumnado da escola ao completo, fixemos un desfile polo pobo, caracterizados como os habitantes dos lugares onde se atopan as 7 marabillas.
E visitamos tamén, como non, aos ao pequechos da Galiña Azul...
Unha xornada divertida e chea de diversidade!!!
