Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Así creamos "O veleno máxico", a nosa aportación para o "Salón do libro"

Despois de ter investigado sobre as formigas e as arañas, nas aulas de infantil 1 e infantil 2, con todo o que agora sabíamos chegou o momento de crear o noso libro "para levarllo ó lobo ORBIL", e así poder participar nas actividades do Salón do Libro 2016.

O primeiro que fixemos foi lembrar e explicarlles ós novos compañeiros e compañeiras, quen era ORBIL e que traballo fixeramos en cursos anteriores, mirando os libros que creáramos naquel momento e as respectivas entradas na web do colexio.

 

Entre todos fomos escribindo diferentes historias nas que aparecían arañas, formigas e outros animais, para finalmene "xuntar todas as ideas" e acodar unha historia final entre as dúas aulas.

Xa coa historia decidida, que logo tamén sería o guión da nosa película de animación (pero diso xa falaremos noutra entrada),  debuxamos os fondos que empregaríamos tanto na animación como nas diferentes escenas do libro.

E por equipos fomos escribindo os textos das diferentes partes da historia.

 

Cos fondos elaborados fomos "modelando" con plastilina as personaxes da historia, as mesmas que logo empregaríamos na nosa película en "stop-motion", e que tamén aparecerían no libro da nosa historia.

Velaquí tódalas personaxes xuntas: as formigas, a añara, a toupa e o crocodilo.

Escritos os texto, tiñamos que pegar en cada unha das escenas debuxadas e escaneadas, as pegatinas das persoaxes que interviñan.

Cos fondos, persoaxes e textos listos montamos o noso libro con forma de "tea de araña".

 

Unha vez decicido o título "O VELENO MÁXICO", así nos quedou rematado.

 

 

Podes ler o noso libro completo facendo click na súa portada, de seguido.

 

 

O noso libro-tea de araña, estaría colocado xunto cos dos restantes compañeiros e compañeiras do centro, nunha árbore enorme. Por suposto, tamén participamos na confección do mesmo, pintado de marrón as ramas do mesmo.

Coa árbore xa montada, colaboramos tamén pegando "bichos" polas súas ponlas

 

 

 

e, por suposto, situando o noso libro-tea de araña.

 

Así de fantástico quedou o noso "libro dos bichos"... poderás velo na exposición do "Salón do libro 2016 de Pontevedra", no que haberá unha chea de bichos.

 

Á volta das vacacións participaremos nas actividades do Salón do libro e, unha ano máis visitaremos ó lobo ORBIL... seguro que lle encanta o noso libro.

 

Atoparás máis información sobre as actividades desta edición do salón na seguinte ligazón:

XVII Salón do Libro: "Canta bichería!"