Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Visitamos e participamos nas actividades do Salón do Libro 2016

Una curso máis participamos nas actividades organizadas polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que nesta ocasión levaba o título "Canta Bichería", e estaba ambientado na historia do libro "As aventuras de Extravaganza Pérez".

Desde as dúas aulas de Educación Infantil estivemos investigando sobre as formigas e arañas, tal como xa vos contamos en entradas anteriores, e participamos na elaboración do trabalo do centro co noso libro "O veleno máxico".

 

 

 

Podes acceder a este trabalo previo nas seguintes entradas:

24/12/15: INFANTIL 1 -  (2015-2016) Investigamos sobre as arañas

19/03/16 - INFANTIL 2 (2015-2016) Rematámo-la nosa investigación sobre as formigas

19/03/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Así creamos "O veleno máxico", a nosa aportación para o "Salón do libro"

 

Agora, despois de tantas semanas de traballo, chegara o momento de participar nas actividades do Salón, de ver o noso libro e, por suposto, de reecontrarnos co lobo ORBIL.

 

Para facer o percorrido en aubotús fomos seguindo o noso mapa de ruta e localizando os diferentes lugares polos que iamos pasando. Fixemos este mapa en ámbalas dúas aulas, pero xa vos contaremos o proceso de creación e traballo con este mapa en futuras entradas do recanto de infantil 1 e 2.

 

Por fin chegamos a Pontevedra, ó Pazo da Cultura, alí xa nos estaban a agardar para comezar a nosa visita.

 

CATA foi a encargada de acompañarnos polas diferentes salas e actividades do Salón do Libro.

 

Primeiro asistimos a unha sesión de contacontos musicados a cargo de "MIGALLAS".

 

Encantáronnos tódolos contos que nos foron contando, e a "bichería" que había dentro deles.

 

Rematado o contacontos acompañamos a CATA ata a exposicion, e polo camiño fomos descubrindo moitos animais. Algúns deles ata estaban camiñando polo teito.

 

Como xa vos comentamos, este ano a exposición estaba ambientada no libro "As aventuras de Extravaganza Pérez", unha nena que ía buscando ós seus pais por diferentes lugares fantásticos.

O primeiro lugar ond nos atopamos foi en "Casa Pavo" a casa de Estravaganza Pérez e a súa familia.

 

Por suposto non perdimos a ocasión de facernos unha foto de grupo na casa de Estravaganza.

 

Como nos comentou CATA, había que ir percorrendo os diferenters lugares do libro "seguindo o mapa"... e no corredor puidemos ver unha versión xigantesca do mesmo.

 

A primeira parada foi en "OCÉANO MÁRMORE" que estaba cheo de bloques de xeo que parecían anacos de marmore, onde tamén había uns osos polares e unha balea xigantesca, que coa auga que botaba creaba un arco da vella como no libro. 

 

En NOCTURNIA, estivmos observando atentamente os lémures que nos miraban fixamente.

 

Tamén participamos nun "dominó xigante" no que había que completar os diferentes partes dos animais.

 

Entre todos e todas démolo completado axiña.

 

Visitamos tamén a exposición de traballos dos diferentes colexios participantes. Había unha chea deles, todos fantásticos.

 

Entre eles estaba a nosa árbore....

 

E na árbore, xusto onde o puxéramos, o noso libro "O veleno máxico" que xa estaba aberto... seguro que xa o lera moita xente.

 

Se queres ler o noso libro "O bveleno máxico" podes facelo facendo click na súa portada, de seguido.

 

Continuando coa nosa viaxe, seguindo a ruta de Extravaganza,  chegamos ata a fervenza do libro....

 

Onde xogamos con CATA a convertirnos en diferentes animais.

 

Cando Estravaganza perdeu os seus lentes non podía ver nada, o igual que ela entramos na seguinte sala "cos ollos pechados" e apalpando coas mans para descubrir os diferentes animais.

 

Ata que dentro atopamos "os lentes de Estravaganza".

 

Despois dun pequeno descanso para merendar...

 

Pasamos por "OCÉANO VERDURA" onde estaba todo cheo de vexetais como "os calacús" que saían na historia de Estravaganza.

 

E moitas máis como zenorias, verdura, porros...

 

E xa por último rematamos  a nosa viaxe voltando de novo á casa de Estravaganza... despedímonos dela porque aínda nos quedaba un momento que estabamos todos e todas agardando.

 

Encontrarnos un curso máis co LOBO ORBIL, que como ven sabedes é a palabra "LIBRO escrita do revés.

 

Encantounos voltar a reencontranos con el.

 

Xa rematáramos a nosa visita e, como chovía non puidemos ír ó parque, polo que tivemos que voltar para o colexio.

 

Menos mal que aínda tiñamos o noso mapa, como o de Estravaganza, para poder saber como voltar ó colexio.

 

Pero aquí non remata o noso traballo co "Salón do libro",  aínda nos queda o proceso de creación da película de animación coa
técnica de stop-motion a partir do noso libro "O veleno máxico", que xa vos iremos dando conta en sucesivas
entradas.  

 

 

Lembra que podes visitar o Salón do libro, de forma gratuita, e participar nas actividades que nel se organizan ó longo das vindeiras semanas. Atoparás toda a información que precises na seguinte web:

http://www.salondolibro.org