Coeducación e igualdade de xénero
(2020-2021) Pintamos un mural para celebrar o "Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres"
O día 25 de novembro de 2020, celebramos o "día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres", para o que, durante as xornadas anteriores, pintamos entre todos e todas un mural conmemorativo.
O deseño do mural foi obra do noso compañeiro Héctor, quen tamén recibiu a súa merecida homenaxe e, por suposto, un agasallo de agradecemento.
O ilustrador Mac Taeger axudounos a crear a mural durante estas xornadas de traballo. Moitas grazas pola súa colaboración.
Podes ver a continuación, no seguinte vídeo, o proceso íntegro de creación do mural.
Velaquí algunhas imaxes do proceso de creación.
Tamen podes atopar tódalas fotografías deste traballo na seguinte galería fotográfica:
GALERÍA FOTOGRÁFICA: (2020-2021) Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo
Podes descargar, de seguido, a "Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo", publicada pola Consellería de Educación.
(2019-2020) Puerta violeta - Rozalén
O 25 de novembro celebramos o día contra a violencia de xenéro, para o que participamos nesta coreografía.
(2018/2019) CURTAMERAXES para educar na igualdade
O pasado día 2 de maio aistimos no centro a un visionado de curtametraxes que a asoción ASISTOGAL, nos facilitou para proxectarlle ao alumnado.
Estas curtas mostran e dan lugar a debate sobre diversas problemáticas da muller ao longo da Historia: emprego,voto, violencia de xénero,corresponsabilidade etc...
A través das curtas tratamos de concienciar aos máis pequenos...
E, cos maiores, empezamos a debatir....
2018-2019 - CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO ESCOLAR
Dentro das actividades programadas dentro PLAN DIRECTOR, e despois da sesesión que nos ofreceron cos pais/nais, agora a Garda Civil visita ao alumnado do cole para ofrecernos información e formación sobre a violencia de xénero e o acoso escolar.
Resolvéronnos moitas dúbidas...
E, a partir de aquí, xa sabemos un pouco máis desta temática que, por desgracia está tan a orde do día...
Neste senso, educar no respecto á diversidade forma parte da formación integral do noso alumnado. Ligado todo a valores como a igualdade, a pluralidade, a diferenza e o respecto.
