Taboleiro de anuncios
CURSO 2023-2024. RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO. (Pendente de actualizar)
Publicada a relación de libros de texto e material didáctico para o curso 2022-2023
Tamén está publicada no taboleiro de anuncios no colexio.
- O alumnado de 1º e 2º mercarán os libros que están na lista. Ás familias que lles foi concedido o vale para libros utilizarán ese vale para a compra de libros. Os que estén excluídos terán que compralos sen vale.
- O alumnado de 5º e 6º traballará co libro dixital ( EDIXGAL)
- O alumnado de 3º e 4º participará no Fondo Libros, polo que, o centro proporcionará os libros de texto necesarios.
FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2023-2024
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
2023-2024
A QUEN VAI DIRIXIDO?
- Fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3ºe 4º de E.P. Os de 5º e 6º xa teñen EDIXGAL.
- Axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de E.P
- Axudas para adquirir material escolar para toda a E.P, DE 1º a 6º.
PRAZOS: Do 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023 (este incluído).
COMO FACELO? A solicitude para o fondo libros e as axudas para material escolar é a mesma. Podedes facelo de dous xeitos:
Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Debido á actual situación, presentaranse preferentemente nos formularios dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros , incluíndo o sistema de usuario e Chave365 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021
Presencial con asistencia da aplicación
Na aplicación «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros, cubra e imprima os ANEXOS I e II producidos e presenteos no centro educativo.
Presentación presencial no centro
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente nos centros docentes, descargándoas previamente na páxina https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2020&numpub=1&lang=gl (solicitude presencial, Anexos I e II), na web do centro, ou ben recollendo os formularios na secretaría do centro.
QUE TEÑO QUE ENTREGAR?
Anexo I debidamente cuberto.
Anexo II (para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- Copia do libro de familia
A maiores, no caso de darse algunha das circunstancias que se enumeran a continuación, tamén haberá que entregar:
- Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor e titores carezan de DNI e NIE.
*NOTAS ACLARATORIAS
O alumnado de 5º e 6º está excluído da participación no fondo solidario de libros xa que formarán parte do proxecto E-dixgal (ordenador en vez de libro); non obstante, si terán dereito á axuda para adquirir material escolar.
- O alumnado de 4º procederá á substitución dos libros de texto para a adaptación ao novo currículo (LOMLOE)
Se ides presentar máis dunha solicitude telemáticamente, recordade que tedes que facelas de xeito independente (unha por fillo/a); pola contra, se as entregades no centro, podedes entregar unha única solicitude.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.
A non devolución dos libros de texto, sexan do curso actual ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2022/2023.
- O código do centro que se vos pide na solicitude é 36000685
ONDE ENTREGAR AS SOLICITUDES:
- Como norma xeral, onde estea matriculado durante o prazo de entrega das solicitudes.
- O alumnado que xa fixo a reserva, no centro de adscrición (no I.E.S A Xunqueira I).
- O alumnos que estean pendentes de admisión, no centro actual, de orixe.
NORMATIVA: ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
Os prazos son os que están en arquivo adxunto máis abaixo
PRAZOS E PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA. PARA O CURSO 2023-2024
Distínguense 3 prazos:
- RESERVA DE PRAZA: Alumnado que cambia de etapa (Educación Infantil a Educación Primaria, Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria,...) e desexa continuar estudos no centro de adscrición. Alumnado de 6º que continúa os seus estudos no IES A Xunqueira 1. Prazo do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro. As solicitudes presentaranse no centro de orixe mediante un formulario que podedes atopar na secretaría do centro, descargar da web do centro ou accedendo á web da consellería de educación (Anexo I). Tamén podedes facer a reserva de praza a través da aplicación informática “admisión alumnado” co certificado dixital ou a Chave365. Toda a información aquí. www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- ADMISIÓN: A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar empregando o formulario normalizado. Prazo: DO 1 AO 20 DE MARZO.
*Os documentos en ficheiros adxuntos
- MATRÍCULA: O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente, nos seguintes prazos:Educación infantil e primaria ->do 20 ao 30 de xuño.
* Os documentos en ficheiros adxuntos
PRAZOS:
- Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
- Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
- Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.
- Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
- Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
NORMATIVA REGULADORA:
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Festivos locais no concello de Campo Lameiro, para o curso 2020-2021
Tal como foi comunicado oficialmente polo Concello de Campo Lameiro, e confirmado desde Inspeción Educativa, os festivos locais no noso centro para o curso 2020-2021 son os seguintes:
- 28 de setembro de 2020
- 11 de novembro de 2020
- 14 de xuño de 2021
En consecuencia, eses días non haberá clase.
MATRÍCULA 2020-2021 (Do 1 ao 10 de xullo)
MATRÍCULA CURSO 2020-2021
PRAZOS: Do 1 ao 10 de xullo
A QUEN VAI DIRIXIDO? A matrícula realizarase de xeito automático para ao alumnado que xa está matriculado no noso centro, agás para o alumnado que se matricule en 4º de E.I e o alumnado novo que queira matricularse no noso centro por primeira vez.
COMO A FAGO? Descarga os documentos adxuntos ou recolle a solicitude na secretaría do centro.
ONDE ENTREGALA? Na secretaría do centro de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
QUE TEÑO QUE ENTREGAR?
- Traer a solicitude cuberta (Anexo III-1).
- As autorizacións para o uso de fotos, vídeos, a aplicación Tokapp, a recollida de alumnos no centro e no transporte cubertos.
- Documento de información adicional e cuestionario para as familias.
- Copia do DNI do alumno/a (se o ten) e dos pais.
- Orixinal e copias das páxinas do libro de familia.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
- Se o alumno/a procede doutro centro da Comunidade Autónoma de Galicia, solicitar un certificado de matrícula (informe AL997) na secretaría do centro de orixe
Normativa reguladora: DECRETO 254/2012 do 13 de decembro, Orde do 12 de marzo de 2013 e ORDE do 25 de xaneiro de 2017.
RECOLLIDA DE BOLETÍNS DE NOTAS
CALENDARIO PARA A RECOLLIDA DE BOLETÍNS
O día 19 de xuño de 2020 procederase á entrega dos boletíns de cualificación ás familias, para o cal se establece un calendario de recollida e así, evitar aglomeracións. É moi importante que acuda solo un membro por alumno/a e a poder ser, que NON veñan acompañados dos nenos/as.
Cada curso terá asignada unha hora, sendo moi importante que, na medida do posible non prolonguemos demasiado a estancia no centro, así evitaremos retrasos nos cursos seguintes.
Deberanse acudir ao centro con mascarilla e limpar as mans co xel que hai na entrada do mesmo.
O horario será o seguinte:
E. INFANTIL: DÍA 19 DE XUÑO DE 9:00 A 10.00 H
1º E 2º DE E.P. : DÍA 19 DE XUÑO DE 10.00 A 11.00 H
3º E 4º DE E.P. : DÍA 19 DE XUÑO DE 11:00 A 12:00 H
5º E 6º DE E.P. DÍA 19 DE XUÑO DE 12:00 A 13.00H
Recordámoslle ao alumnado que debe devolver os libros emprestados da biblioteca do centro, e os libros das asignaturas que teñan na casa. A non devolución pode ser causa de exclusión das axudas para material.
O alumnado de 5º non terá que devolver os equipos Edixgal, a non ser que cambien de centro para o curso que vén.
LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA O MATERIAL ESCOLAR 21/22
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
2021-2022
A QUEN VAI DIRIXIDO?
- Fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de E.P
- Axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de E.P
- Axudas para adquirir material escolar para toda a E.P
PRAZOS: Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2020 (este incluído).
COMO FACELO? A solicitude para o fondo libros e as axudas para material escolar é a mesma. Podedes facelo de dous xeitos:
Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Debido á actual situación, presentaranse preferentemente nos formularios dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros , incluíndo o sistema de usuario e Chave365 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021
Presentación presencial no centro
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente nos centros docentes, descargándoas previamente na páxina https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2020&numpub=1&lang=gl (solicitude presencial, Anexos I e II), na web do centro, ou ben recollendo os formularios na secretaría do centro.
QUE TEÑO QUE ENTREGAR?
Anexo I debidamente cuberto.
Anexo II (para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- Copia do libro de familia
A maiores, no caso de darse algunha das circunstancias que se enumeran a continuación, tamén haberá que entregar:
- Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor e titores carezan de DNI e NIE.
*NOTAS ACLARATORIAS
O alumnado de 5º e 6º está excluído da participación no fondo solidario de libros xa que formarán parte do proxecto E-dixgal (ordenador en vez de libro); non obstante, si terán dereito á axuda para adquirir material escolar.
Se ides presentar máis dunha solicitude telemáticamente, recordade que tedes que facelas de xeito independente (unha por fillo/a); pola contra, se as entregades no centro, podedes entregar unha única solicitude.
A non devolución dos libros de texto, sexan do curso actual ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/2022.
- O código do centro que se vos pide na solicitude é 36000685
ONDE ENTREGAR AS SOLICITUDES:
- Como norma xeral, onde estea matriculado durante o prazo de entrega das solicitudes.
- O alumnado que xa fixo a reserva, no centro de adscrición (no I.E.S A Xunqueira I).
- O alumnos que estean pendentes de admisión, no centro actual, de orixe.
NORMATIVA: ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2021).
